As Tablets no Ensino e na Diversidade

Os pasados 25 e 26 de Abril estivemos na Coruña dentro das II Xornadas “As Tablets no Ensino e na Diversidade”, organizadas polo CEE Ntra Sra de Lourdes ASPRONAGA e o CFR de A Coruña. A participacion foi moi numerosa e agardamos que os materiais sexan do voso interese Grazas a todas e todos polo voso apoio.   Enlace aos materiais dos Obradoiros Error 100: Your album id doesn’t appear to be accessible.  Ligazóns: Obradoiros Xornada Tablets (PDF) Ligazón aos Materiais

Obradoiro Pictoaplicaciones

A segunda ondanada formativa levounos dista xira a Teo, onde o perfecto anfitrión Manuel Masaguer abriunos as portas da súa aula para que Gonzalo fixera un repaso con exemplos de que é Pictoaplicaciones e porque xurde para logo ir vendo un por un o Pictotraductor, Pictoagenda, Pictosonidos, Pictocuentos, Pictojuegos e as novidades que próximamente están por sair. Moitas moitas grazas polo duro traballo que estades a facer. Parabéns e seguide así   “Teo Marzo 2014” From Obradoiro Pictoaplicaciones. Posted by Tadega Net on 3/17/2014 (12 items) Generated by Facebook Photo Fetcher 2    Ligazóns: presentacion-pictoaplicaciones-tadega-marzo-2014  (Documento PDF)

Obradoiro Febreiro: SAAC

Obradoiro Febreiro: SAAC

El pasado sábado TADEGA inició su recorrido pedagógico por el mapa gallego en Cambados. Desde el útlimo Congreso de TADEGA nos habían prometido una serie de talleres para tratar distintas temáticas, todas ellas relacionadas con la atención a la diversidad en las aulas. El taller con el título “Herramientas para la Comunicación Alternativa” fue inaugurado por Juan José Fernández García, Presidente de TADEGA y maestro, el cuál nos explicó qué es TADEGA y nos fue mostrando los apartados de la web Tadega.net, parándose sobre todo en el servicio de préstamo de “cacharrería múltiple” y en la Galería Multimedia de TADEGA que enlaza con diversos sistemas pictográficos, sistemas de habla signada y otras webs de gran interés como pueden ser ARASAAC, Harimaguada o Pictoaplicaciones. A continuación fue mi turno. Mi humilde aportación a este taller fue el hablar sobre el derecho a la comunicación de las personas con diversidad funcional, centrándome en el sistema pictográfico del ARASAAC. Expuse las dificultades con las que se encuentran las personas que no tienen acceso a lenguaje oral o al lenguaje escrito, hablé de las barreras cognitivas, de accesibilidad, de todas las ventajas que supone usar un SAAC con personas con TEA.. Luego me centré en explicar que es ARASAAC y todas las herramientas on line que nos ofrece de la mejor forma que supe, así como las posibilidades de su página donde podemos encontrar y descargar de forma gratuita miles de pictogramas, fotos, vídeos y fotos de LSE, así como cientos de materiales ya elaborados.Puse algunos ejemplos de cosecha propia y finalmente expliqué dónde podemos localizar y descargar el ARASUITE y el ARABOARD, explicándo muy por encima su funcionamiento.. La idea era mostrar un escaparate a los asistentes para que luego ellos ya en sus casa puediesen localizar, descargar y usar todas estas joyas. La Comunicación es un Derecho.Taller Tadega “Herramientas para la comunicación alternativa”. Cambados 2014 from cucacambados Tras el café tuvimos una agradable y novedosa sorpresa. La presentación deCreAPPcuentos por parte de sus creadores, Avelino y sus compañeros han desarrollado esta aplicación en Galicia y  aunque de momento solo está para IOS en breve saldrá para Android. Con CreApp Cuentos los niños pueden crear sus propios cuentos, con varias opciones para los fondos y los peronajes, pueden incorporar además al cuento varios objetos, luego pueden ponerles bocadillos y diálogos…Pero lo mejor es que puedes guardar este cuento en tu tablet y luego imprimirlo como pdf. Esta empresa dará mucho que hablar seguro, pues están aún recogiendo aportaciones de ideas para mejorar y llegar con esta aplicación a más usuarios. De momento ya han anunciado que en TADEGA se creará un grupo de trabajo

Ler máis

Programa obradoiros TADEGa 13/14

Programa obradoiros TADEGa 13/14

Actualizado o 6/3/2014 Por favor lede con atención os datos referidos a marzo onde se fixeron importantes actualizacións. Pero… En que quedamos? Pois si, moitas veces enferruxados na tarefa diaria e acontece que de cando en vez precisamos axuda, que alguén nos aclare dúbidas, resolver historias sempre aprazadas no tinteiro pero que algún día precisaremos que queden claras. Para iso nada como uns obradoiros prácticos. Na esencia así é a idea coa que xermolaron estes obradoiros polos que se preguntou despois do noso III Congreso do pasado novembro. E aquí estamos amosándovos a programación que temos para todo o curso e para que vaiades reservando datas para todas as temáticas que vos interesen. Febreiro 2014 Temática: Ferramentas para a comunicación alternativa de persoas con diversidade. Cando: 22 de febreiro (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: Salón de actos de Exposalnés, Paseo de la Calzada,  s/n – 36630 – Cambados, Pontevedra. Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo. Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación. Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar. Características: Juan J. Fdez. García (Presidente de TADEGA), Mª Cruz da Silva Rubio, (Mestra e presidenta de Por Dereito), Carmen Fernández Cacho (mestra), Mª Carmen Otero Vázquez (nai dun neno con diversidade), Susana Martínez Fieiro (nai dun neno con diversidade). Marzo 2014 Temática: Servizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com Ver documento previo: Documento PDF. Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña. Ver este enlace no Google Maps. Na foto vese á esquerda un chalet (o antigo local do FOLTRA, aí está o local) nesa mesma rúa está a Cafetería BETOS poderiamos quedar ali ás 9,45 do sábado para empezar ás 10,00 con todo listo e preparado. É importante comezar puntuais. Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo. Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación. Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar. Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña. Notas adicionais de interese: haberá conexión wifi polo que resultará interesante vir cun portátil ou cun tablet para que o obradoiro sexa realmente práctico. Abril 2014 Temática: II Xornadas de tablets Aspronaga. As tablets na

Ler máis

Obradoiros 2014

Obradoiros 2014

Despois do congreso de TADEGa seguimos traballando na formación, nesta ocasión co obxectivo de ofrecerche varios obradoiros para o ano 2014. E para isto necesitamos da túa opinión. Queremos coñecer os teus intereses: temáticas, lugares de celebración, tempo… E se che gustaría coordinar algún dos obradoiros ou mesmo impartilo ti! Por iso temos aquí un formulario que nos axudará a recoller toda esa información e comezar a programación de actividades. Entra no seguinte enlace e participa! https://tadega.net/?page_id=3432 Para calquera dúbida ou suxerencia podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico contactar@tadega.net Atentamente, Xunta Directiva da Asociación TADEGa.

Proxecto Fala Signada

Proxecto Fala Signada

O Proxecto no que participaron 3 Centros Galegos coordinados por TADEGa e 3 Centros da Comunidade de Murcia “O SISTEMA DE COMUNICACION TOTAL FALA-SIGNADA NA PRACTÍCA DOCENTE” gracias á Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade (DIVERTIC); xa ten operativa a web e a aplicación que se deseñou para acceder a todos os materiais Hablasignada: Sistema de Comunicación Total na práctica docente Este proxecto desenvolve a incidencia e repercusiones das TIC como recurso educativo para favorecer a resposta educativa ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais de carácter grave e permanente no área de comunicación e linguaxe. O obxectivo principal é o desenvolvemento dun banco de recursos ao servizo da Comunicación Aumentativa, e en concreto do Sistema de Comunicación Total de Benson Schaeffer, no noso caso con todos os contidos, locucions e vídeos en Galego A web e os materiais posúe unha licenza Creative Commons 3.0 polo que é de libre acceso e descarga Queremos felicitar a todos polo traballo, especialmente á Asociación DIVERTIC e a todos os Centros que artellaron ista ferramenta: CCEE El Buen Pastor. Cieza, Murcia CPEE Las Boqueras, Murcia CPEE Stmo. Cristo da Misericordia, MurciaCEIP Seis do Nadal, Vigo CEIP Principe Felipe, Pontevedra CCEE Ntra Sra Lourdes, A CoruñaLigazóns: http://hablasignada.divertic.org https://hablasignada.divertic.org/index.php?idm=gl    EN GALEGO

A letra “Sarakanda”. Ao fin realidade!

A letra “Sarakanda”. Ao fin realidade!

Toda unha sorpresa Levo dende o 25 de xaneiro de 2009 rastrexando na rede cada certo tempo na procura dun tipo de letra especial chamado Sarakanda. Todo a raíz da publicación nesta mesma web (https://tadega.net/?p=678) do artigo no que se falaba deste tipo de letra especial deseñado para facilitar a lectoescritura no alumnado afectado por dislexia. A letra SARAKANDA Trátase dun tipo de letra deseñado dun xeito moi especial para evitar ao máximo calquera tipo de confusión e un sinfín de detalles que se poden ler con calma no artigo citado e, cuxo deseño e creación, ten por autor a Alejandro Valdez Sanabria quen desenvolveu este traballo como a súa tese de grao. O caso é que estamos xa no ano 2013 e a procura seguía sen éxito ata que onte, e sen demasiadas pretensións apareceu unha pista nas pescudas da Internet: un enlace a un programa educativo coñecido como ADAPRO e con orixes algo curiosas como o ITER que ven sendo un acrónimo de Instituto Tecnológico de Energías Renovables das Illas Canarias, quen debeu patrocinar este proxecto, ou así cabe deducir da súa web. Notas aclaratorias Engadiremos neste artigo unha serie de enlaces para unha información máis en detalle. Por outra banda debo aclarar que o tipo de letra incluído no programa ADAPRO do que aquí se fala, e que leva por nome Sarakanda, ten un parecido moi notable ou é case idéntico na súa apariencia ao que Alejandro Valdez creou polo que cabe agardar que o programa ten a licenza correspondente. O programa ADAPRO O programa tamén é para non perdelo de vista: situándose no grupo de procesadores de texto simples preparados para visualizar indistintamente o propio texto ou o texto con pictogramas (neste caso os de ARASAAC) engadindo algunha funcionalidade extra bastante chamativa: Trátase dun procesador de textos multi-usuario (leva conta de múltiples usuarios para os que un terapeuta pode adaptar de diversos xeitos o seu funcionamento). Pensado especialmente para persoas usuarias con trastornos de aprendizaxe ou de desenvolvemento como a dislexia o autismo (así se traduce do inglés da súa presentación). As funcionalidades son moi chamativas: Instala no noso ordenador o tipo de letra Sarakanda de regalo. (A procura na que eu andaba). Programa de software libre: Mozilla Public License 2.0 (MPL-2.0). Consta dun procesador de textos adaptado con interesantes funcionalidades: Procesador co tipo de letra Sarakanda por defecto. Opción a automatización dos pictogramas de ARASAAC no procesador. Opción a colorear as letras: p, b, d, e q como reforzo en casos de dificultades por dislexia. Opción a cambiar a cor de fondo do texto. Inserción de 2 teclados

Ler máis

A formación do profesorado na diversidade

Unha investigación da USC advirte da falla de preparación do profesorado universitario fronte a alumnado con discapacidade A integración real e efectiva de estudantes con discapacidade nas universidades é unha realidade, tamén constatable na USC, que obriga a continuar incrementando os esforzos para mellorar a atención educativa que reciben así como fomentar actitudes favorables de cara a eles. Así o constata a investigación ‘Integración educativa e social dos estudantes con discapacidade na Universidade de Santiago de Compostela’ que realizou o pasado curso a doutora pola USC e compañeira de TADEGA Emma Mayo Pais e que foi presentado no I Congreso Internacional Universidade e Discapacidade. Dende este espazo non podemos mais que felicitar a Emma pola súa laboura investigadora e, entre todos, reclámar maiores recursos para poder ofrecer una formación de calidade Para saber mais Enlace 1: Recorte de Prensa no xornal da propia USC. Enlace 2: Recorte de Prensa no xornal o Progreso. Enlace 3: Recorte de Prensa no xornal La Voz de Galicia.

Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. CULTURGAL

Dende o 30 de novembro ao 2 de decembro, pónse en marcha Culturgal 2012, “Feira das Industrias Culturais” baixo o lema “A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes a chave” no Pazo da Cultura de Pontevedra. O programa e inmenso, a asistencia prevista tamén moi alta, e entre os seus contidos atopamos unha serie de experiencias co título “Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. Experiencias” Alí estará TADEGa para falar de que a atención á diversidade tamén merece o seu espazo nestes encontros, para falar de “Xandre, o elefante sen sombra” e outros contidos de interese para facer ver que falar de cultura e falar de educación pódese facer sempre que as persoas con diversidade funcional estén presentes, pero incluíndo tamén as súas necesidades, a súa cultura e incluíndonos uns aos outros. Mais información: Enlace ás TIC do Culturgal: Culturgal_TIC Enlace á web do Culturgal: www.culturgal.com