Derradeiro aviso. Últimos días!
Obradoiro de adaptación de recursos para alumnado con discapacidade visual
Resumo
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros; entre eles o impartido pola nosa compañeira Rosa Garrido sobre a adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual. Meu dito meu feito: aquí queda a convocatoria neste 1º obradoiro de 2024 para quen non puido asistir por terse cuberto as vacantes e para toda persoa interesada; pero bulide que xa quedan moi poucas prazas libres.
Datos
- Onde? Celanova, Ourense: https://maps.app.goo.gl/XEWAEHq8wmSe71DF9
- Cando? Sábado 24 de febreiro de 2024 das 10:00 ás 14:00 horas.
- Imparte? Rosa Garrido.
- Anotarse? Aquí: https://forms.gle/Hp4jspcf8ukSoXkx6