Temos obradoiro e asemblea, onde andas?
Hai días… nos que un non sabe por onde anda nin en que lío está metido. As emocións alborotadas tampouco axudan. Pois ala! 3 arranxos que lle imos dar!
Hai días… nos que un non sabe por onde anda nin en que lío está metido. As emocións alborotadas tampouco axudan. Pois ala! 3 arranxos que lle imos dar!
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros que nos propuxemos reproducir ao longo deste ano 2024.
1º nos estreamos co de “adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual”.
E agora vos anunciamos o impartido por Leonor Giménez Fernández: “Adaptación de textos a lectura fácil e visual thinking”.
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros; entre eles o impartido pola nosa compañeira Rosa Garrido sobre a adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual. Meu dito meu feito: aquí queda a convocatoria neste 1º obradoiro de 2024 para quen non puido asistir por terse cuberto as vacantes e para toda persoa interesada; pero bulide que xa quedan moi poucas prazas libres.
VII Congreso TADEGa 2021. Reencontros na 3ª fase. Non estamos sós.
Presentámosvos os primeiros obradoiros a desenvolver nista andaina online, que pretenden aportar solucións educativas tanto para alumnado con diversidade como para o emprego da tecnoloxía. Estes obradoiros son de balde para as persoas socias de TADEGA. Agardamos que sexa do voso interese, para suxerencias de futuros temas de obradoiros podes contactar a través de colaboracions@tadega.net Cargando…
O sábado 28 tivo lugar o obradoiro #TADEGAMIFICA no CEIP de Figueroa da Estrada. Foi unha mañá de xogo, aprendizaxe, debates e emocións. Cinco reinos perseguían unha alianza para loitar contra o dragón da desmotivación que os atemorizaba. Debían resolver as probas que se lle presentaban para conseguir facer efectiva esa unión. Así foi a búsqueda da alianza: Aquí podedes ver máis fotos do evento: #TADEGAMIFICA Grazas ao traballo colaborativo
Comezan os Obradoiros en TADEGA, o Sabado 28 con Eri Ordoñez no CEIP de Figueroa esperámosche con moitas sorpresas. Ver informacion sobre Gamificadores en Galicia Formulario de inscrición
TADEGa, co gallo do seu décimo aniversario como asociación, inicia a súa andaina especial 2017 coa celebración de 3 elementos referentes: V Congreso TADEGa, V Congreso TecnoNEEt e II Startup Weekend EDU Galicia. O primeiro deles, o congreso TADEGa trae o mellor programa nunca visto en terra galega.
Ola! Xa estamos aquí de volta. TADEGa ten moita novidade que vos contar pero, imos pola máis inmediata: ¿Soñaches algunha vez cun trebello (app, programa, web, hardware…) para usar na túa aula que sería a bomba pero que non está no mercado? ¿E se te poñemos en contacto con profesionais da programación, do deseño e do marketing e entre todos montamos unha empresa que o leve adiante? ¿Estamos de broma?
Despois do Congreso TADEGA, tocaba facer entrega da impresora 3D do concurso de ideas de impresion 3D. Así que o Sábado alá nos fumos, a levarlle a impresora e -cunha morea de mestres do propio Centro e outros convidados- a facer un obradoiro de desdramatización da tecnoloxía 3D e o esu emprego. Foi un pracer compartir con todos vos iste Obradoiro que seguro que lle sacades moito partido cos vosos rapaces!