Temos obradoiro e asemblea, onde andas?
Caracol despistado que viña no medio dos grelos trepando pola man de quen os apañou.
Hai días… nos que un non sabe por onde anda nin en que lío está metido. As emocións alborotadas tampouco axudan. Pois ala! 3 arranxos lle imos dar!
Nota: aquí anunciamos 3 actividades que faremos no mesmo día. Pódeste anotar a calquera combinación delas. Ao final deste artigo dámosche os datos necesarios.
I. Obradoiro das emocións
Sábado 30 de novembro: obradoiro de Educación Emocional impartido por Susana Vales que foi o mellor valorado no último Congreso TADEGa.
II. Xantar de convivencia
No mesmo día e, a continuación, coas emocións xa no seu punto… ¿Que mellor que celebralo desfrutando dun xantar entre amigos?
III. Asemblea anual aberta de TADEGa
No mesmo día, á mesma hora, no mesmo sitio, en sesión de sobremesa: asemblea anual aberta da asociación. Nota: asemblea aberta significa que as persoas non socias, tamén poden estar e participar.
Onde? Cando? Como?…
- Onde
- Santiago de Compostela.
- Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Secretaría Xeral da Lingua. - Pazo de San Roque, 2.
- Enlace a Google Maps.
- Cando
- Sábado, 30 de novembro de 2024.
- De 10 a 14 horas.
- O xantar: a continuación do obradoiro.
- A asemblea: na sobremesa do xantar.
- Como
- Enlace ao formulario para inscribirse.
- Enlace ao formulario para inscribirse.
- Respostas a preguntas habituais
- Prezo do obradoiro: Gratis para persoas socias e 15 € para as demais.
- Lugar e prezo do xantar: remitirase un correo comunicándoo ás persoas inscritas unha vez que teñamos estimación precisa do número de comensais.
- Con tal motivo, agradécese unha inscrición temperá.
- Información máis precisa no propio formulario de inscrición.
- A convocatoria da asemblea foi xa remitida por correo electrónico ás persoas socias. Contacta con nós se non a recibiches.
Veña! Imos!