As Tablets no Ensino e na Diversidade

Os pasados 25 e 26 de Abril estivemos na Coruña dentro das II Xornadas “As Tablets no Ensino e na Diversidade”, organizadas polo CEE Ntra Sra de Lourdes ASPRONAGA e o CFR de A Coruña. A participacion foi moi numerosa e agardamos que os materiais sexan do voso interese Grazas a todas e todos polo voso apoio.   Enlace aos materiais dos Obradoiros Error 100: Your album id doesn’t appear to be accessible.  Ligazóns: Obradoiros Xornada Tablets (PDF) Ligazón aos Materiais

Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. CULTURGAL

Dende o 30 de novembro ao 2 de decembro, pónse en marcha Culturgal 2012, “Feira das Industrias Culturais” baixo o lema “A casa da cultura galega é a túa casa. Ti tes a chave” no Pazo da Cultura de Pontevedra. O programa e inmenso, a asistencia prevista tamén moi alta, e entre os seus contidos atopamos unha serie de experiencias co título “Ferramentas TIC e multimedia nas aulas. Experiencias” Alí estará TADEGa para falar de que a atención á diversidade tamén merece o seu espazo nestes encontros, para falar de “Xandre, o elefante sen sombra” e outros contidos de interese para facer ver que falar de cultura e falar de educación pódese facer sempre que as persoas con diversidade funcional estén presentes, pero incluíndo tamén as súas necesidades, a súa cultura e incluíndonos uns aos outros. Mais información: Enlace ás TIC do Culturgal: Culturgal_TIC Enlace á web do Culturgal: www.culturgal.com 

Congreso DEA – TECNONEET 2012

Os vindeiros 18, 19 e 20 de outubro terá lugar o I Congreso Nacional sobre Dificultades Específicas de Aprendizaje – VII Congreso Nacional de Tecnología Educativa y Atención a la Diversidad, no que levamos a experiencia tanto do traballo con LIM e INTIC para traballar coas actividades LIM en dispositivos Android sen dispor de conexion wifi, coma a presentación en Español do proxecto Xogamos?. http://diversidad.murciaeduca.es/congresos/deatecnoneet/ Ista é a presentación sobre INTIC e LIM: E iste é o sitio web do Proxecto Xogamos? en Español (Ábrese nunha ventana nova): https://sites.google.com/site/jugamossite/

Obradoiro LIM Cangas

Obradoiro LIM Cangas O primeiro obradoiro do ano, tivo lugar no CEIP Nazaret de Cangas. Cun tempo marabilloso e un Sol que daba gloria 😉 , Sara fixo unha introdución a como achegarse por primeira vez a ista ferramenta para crear as nosas actividades multimedia. Grazas Sara!! Obradoiro LIM Cangas 2012 Ligazón á descarga da presentación en formato pdf

Obradoiros, 2012: LIM e Linguaxe

Pois o agardado chegou, os dous primeiros Obradoiros serán en Cangas e na Coruña grazas as mestras Sara Fernández Alfaya e Patricia Pena Barbeito que impartirán: Creación Contidos Dixitais con LIM. Sara Fernández Lugar: CEIP NAZARET – Cangas do Morrazo. Data 21 Xaneiro. Localización CEIP NAZARET Blog da aula de AL e recursos online. Patricia Pena Lugar: CEIP SAL LENCE – A Coruña. Data 25 Febreiro. Localización CEIP SAL LENCE O horario dos obradoiros serán de 10:00 a 14:00, coa posibilidade de quen o desexe irmos comer todos xuntos. FORMULARIO DE INSCRICION NOS OBRADOIROS A partires de agora, veredes unha imaxe permanente como ista referida ás TIC e á Formación na columna da dereita. Se premedes nela levaravos a un formulario que poderedes empregar en calquer momento para demandar non so unha necesidade de Formación, senon para ofrecervos a coordinar que o Obradoiro se celebre na vosa localidade (buscar un sitio, tema, grupo minimo…) Ligazón ao Formulario dos Obradoiros de Formación