I XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Coñeces a normativa que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes na Comunidade Autónoma de Galicia? Empregas metodoloxías, estratexias e propostas de intervención da comunidade educativa e outros organismos e institucións favorecedoras da inclusión?. Porque istes aspectos serán algúns dos que se darán cumprida resposta nas  I Xornadas de Atención á Diversidade o día 24 de novembro na EGAP (Santiago de Compostela), de 9:00 a 20:30, organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) TADEGa estará nas Xornadas e despois farémosche un resumo dos temas principais e do que alí se traballou. Tes máis informacion no enlace do CAFI: http://www.edu.xunta.es/centros/cafi/node/559 Nota posterior do 25 de novembro Enlace aos contidos para descargar da aula Moodle do CAFI: edu.xunta.es/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=309

Congreso DEA – TECNONEET 2012

Os vindeiros 18, 19 e 20 de outubro terá lugar o I Congreso Nacional sobre Dificultades Específicas de Aprendizaje – VII Congreso Nacional de Tecnología Educativa y Atención a la Diversidad, no que levamos a experiencia tanto do traballo con LIM e INTIC para traballar coas actividades LIM en dispositivos Android sen dispor de conexion wifi, coma a presentación en Español do proxecto Xogamos?. http://diversidad.murciaeduca.es/congresos/deatecnoneet/ Ista é a presentación sobre INTIC e LIM: E iste é o sitio web do Proxecto Xogamos? en Español (Ábrese nunha ventana nova): https://sites.google.com/site/jugamossite/

Xornada Por Dereito

I Xornada Por Dereito Temos o pracer de comunicarvos que Por Dereito vai celebrar as súa primeira xornada co título “Ferramentas para a Inclusión” co apoio inestimable do Concello da Illa e a Plataforma Inclusión TEA Sí. O obxectivo é precisamente dar a coñecer ferramentas útiles para a inclusión real e efectiva das persoas con TEA e outras diversidades en tódolos ámbitos da vida: educativo, social e laboral. Aquí vos deixamos o cartaz da Xornada e o tríptico Ligazóns Diptico jornada Formulario de Inscrición http://www.pordereito.blogspot.com/

Curso PECS

Dende a Asociación ACEESCA nos trasladan a informacion de que organizan un curso de PECS básico para profesionais ou familias por se alguén está interesado en facelo. Mediante PECS (Sistema de Comunicación por Intercambio de Imaxes) a persona con grandes dificultades no emprego da linguaxe expresiva aprende a comunicarse espontáneamente con símbolos de obxectos ou actividades desexadas. Para comezar o acto comunicativo, a persona só ten que coller o símbolo do obxecto / actividade deseaxda e ofrecerlla ao interlocutor para que se produza o intercambio. Estas tarxetas arquívanse de xeito personalizado nun libro ou taboleiro, co cal o usuario de PECS comunicarase alá onde vaia. Ligazóns CARTEL CURSO Documento word para a preinscricion Informacion de la Sociedad Española de SAAC sobre el PECS Paxina de Pecs España, Consultora Educativa Pyramid

Unha historia con nomes

Noites sen días O pasado 10 de Marzo no segundo obradoiro organizado polo Concello de Soutomaior, MªLuz López e Susana Fernandez abordaron dende unha perspectiva de a pé, a configuración de taboleiros de comunicación asi como experiencias de usuario de emprego de comunicadores e demais aspectos relacionados coa recompilación de imaxes pictográficas para a comunicación: Open publication – Free publishing – More comunicacion EU QUERO CONTAR View more PowerPoint from zuzi1983 Outras ligazóns http://www.slideshare.net/zuzi1983/saac-12083799

Obradoiro LIM Soutomaior

Obradoiro LIM Concello Soutomaior Da man da polifacéTICa Belén Junquera pechamos ista xira de Obradoiros dos Sábados organizados polo Concello de Soutomaior, dando deste xeito resposta á demanda xerada entre nais, pais, mestres do contorno. Non podemos esquecernos da calurosa acollida recibida do Concello de Soutomaior, moitísimas grazas. En breve teredes algunha nova mais que estamos a vos preparar 😉 Ligazóns Blog colectivo actividades LIM Blog Madenglishouse Programa do curso en pdf

Obradoiro O Blog de AL e recursos online

Obradoiro Al – Coruña Desta volta fumos ao CEIP Sal Lence. Patricia Pena achegounos ao universo 2.0 e PLE’s para ollar os recursos que  temos para AL. Grazas Patricia!! (e Felicidades por celebrar o teu día connosco 🙂 ) patripenalogopeda.blogspot.com   O blog de al e recursos on line View more presentations from tadega.

Proxecto DIVERTIC-TADEGA

“Uso de dispositivos de alta portabilidad para el acceso a la comunicación y autonomía personal” Participan no proxecto 4 centros galegos e 4 centros da Rexión de Murcia cun total de 60 mestres participantes. Con iste proxecto pretendemos garantir que aqueles alumnos que presentan necesidades educativas especiais de carácter grave e permanente nas áreas de comunicación e linguaxe e de autonomía persoal, podan a través das TIC aceder ao currículum, con independencia da etapa na que se atopen. Nista primeira reunion mestres dos catro Centros galegos, tivemos unha xuntanza no CEE Navalón en Santiago no que lanzamos o proxecto, entregamos os tablets Android para os centros e participamos na primeira sesion formativa sobre Pictodroid e Pictodroid Lite. Grazas a todas e todos 😉

Obradoiro LIM Cangas

Obradoiro LIM Cangas O primeiro obradoiro do ano, tivo lugar no CEIP Nazaret de Cangas. Cun tempo marabilloso e un Sol que daba gloria 😉 , Sara fixo unha introdución a como achegarse por primeira vez a ista ferramenta para crear as nosas actividades multimedia. Grazas Sara!! Obradoiro LIM Cangas 2012 Ligazón á descarga da presentación en formato pdf

Máis formación

Unha vez rematado o curso de discapacidade visual e mirando as valoracións do mesmo, temos que darvos a noraboa por estar istes dous dias xuntos, compartindo “maternidades e paternidades” 😉 e tamén dar as grazas a Emma polo gran traballo desenvolvido. A isto sumamos o artigo de hai uns días cos dous primeiros obradoiros de 2012 en Cangas e A Coruña e algun mais por concretar que se acaba de propoñer para Lugo. Alguén da mais? Ligazóns: Video cunha das practicas do curso Páxina de Emma Mayo Psicóloga Obradoiros 2012 Fai a túa proposta de Formación 2012