Investigación

GAMESP: Robótica para a inclusión

0

Os nosos compañeiros Érica Ordoñez e Felo Couto estarán co resto de membros do consorcio europeo GAMESP no curso: Utilización de robots e xogos virtuais para favorecer a inclusión e a atención á diversidade na escola.

Será en Santiago de Compostela o vindeiro sabado 12 de maio https://t.co/Ya6Fj3bLC9 #robotica

Inscricion a través de FPROFE G1702047, ou poñéndose en contacto ca Unidade de Programas Europeos da Xunta de Galicia (programas.europeos@edu.xunta.es), indicando nome, apelidos e DNI. Certificado de horas de formacion para o profesorado e certificado de asistencia para o resto.

www.gamesp.org 

PROGRAMA: https://goo.gl/1UemPx  

Promocion TADEGA.

Trainers for the Future

0

TRAINERS FOR THE FUTURE – I CONGRESO NACIONAL DE FORMADORES

24 y 25 de noviembre de 2017 – Santiago de Compostela

Pois vai ser que si, que se apurades as persoas socias de TADEGa tedes un desconto especial por participar neste congreso do máis interesante, especialmente para as xentes máis inquietas que, ademais de Educación están a pensar en ideas que antes ou despois poderían chegar a cristalizar nun emprendemento.

Promocion TADEGA.

Startup Weekend EDU

0

94d9431cd60141c6835be24dc4791699Ola! Xa estamos aquí de volta.

TADEGa ten moita novidade que vos contar pero, imos pola máis inmediata:

¿Soñaches algunha vez cun trebello (app, programa, web, hardware…) para usar na túa aula que sería a bomba pero que non está no mercado?

¿E se te poñemos en contacto con profesionais da programación, do deseño e do marketing e entre todos montamos unha empresa que o leve adiante?

¿Estamos de broma? En absoluto, do 14 ao 16 de outubro en Santiago de Compostela iso xustamente é o que vai pasar: validar unha idea e desenvolvela en equipo durante 54 horas, xunto a outras persoas con iguais aspiracións.

Quedan poucas prazas. Atrévete!

Startup Weekend EDU Galicia:

http://galicia.up.co/events/9693

Graciñas por ser e por estar!

Altofalante por vibración de Amazon. Modelo azul.

Altofalantes de vibración

1
Altofalante por vibración de Amazon. Modelo azul.

Altofalante por vibración de Amazon. Modelo azul.

Características

Os altofalantes convencionais funcionan de maneira tradicional, é dicir, contan cunha superficie que move o aire e crea diferenzas de presión ao ritmo do son que lle transmite un transductor ao transformar o sinal eléctrico en movemento físico.

Os altofalantes de vibración, en cambio, converten calquera superficie nun resonador. Deste xeito obtemos diferentes calidades tímbricas en función do elemento (unha mesa, unha caixa, un cristal…) que utilicemos para obter resonancia.

Ademais de conseguir boa calidade e potencia de son nun altofalante moi pequeno, os altofalantes de vibración, tamén chamados altofalantes sónicos, permiten experimentar coa percepción vibrotactil e a audición por vía ósea.

Son excelentes tanto para o traballo en estimulación multisensorial como para facer re-educación de audición e linguaxe.

Aínda que non son algo que un se atope habitualmente nas tendas, non son difíciles de conseguir, particularmente por Internet.

Os modelos actuais inclúen avances como Bluetooth, batería interna, lector de cartóns microSD incorporado, radio, etc.

Os prezos son moi variables e, en xeral, elevados se nos imos a marcas moi coñecidas.

No entanto é posible conseguilos a prezos reducidos similares, senón idénticos, a outros de prezo superior.

O altofalante de Amazon

A modo de exemplo podemos mencionar este modelo, cun resultado máis que favorable na relación calidade-prezo: Enlace a www.amazon.es…

O prezo, como vedes, é moi competitivo para un aparello que ten radio FM incorporada, admite tarxetas MicroSD (que le directamente) ten batería interna que se recarga (por tanto pode funcionar sen ningún cable ou, tamén, conectado de modo convencional).

O altofalante do Colacao e dos 40 principais

Pero se non necesitades tanta sofisticación, e esta é a estupenda noticia, tedes unha alternativa doada, cómoda e moi barata.

Os envases de Cola-cao Turbo de 2,5 kg traen de agasallo un altofalante dos 40 principais de vibración. Funciona con dúas pilas AAA non incluídas. Recóllese nunha caixiña moi cómoda e funciona conectado ao computador. A súa calidade de son é razoable. Ten boa potencia de saída e, sobre todo, para facer estimulación vibrotactil vai xenial. E falamos de entre 13,00 € e 15,00 € dun paquete xigante de Colacao (e por riba quedádesvos co Colacao). Así que se queredes probar a ver se lle sacades partido eu non o dubidaría. Ten marxe de caducidade de máis de un ano.

Fátima Mª García Doval.

Altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto empaquetado.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto empaquetado.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista xeral.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista xeral.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto despregado.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto despregado.

Ir arriba