VII Congreso TADEGa. Online 2021
VII Congreso TADEGa 2021. Reencontros na 3ª fase. Non estamos sós.
VII Congreso TADEGa 2021. Reencontros na 3ª fase. Non estamos sós.
Co Vi congreso TADEGa xa finalizado, tornamos este artigo do blog nun punto de enlaces aos materiais manexados no mesmo xunto coas novas básicas a el referidas.
TADEGa, co gallo do seu décimo aniversario como asociación, inicia a súa andaina especial 2017 coa celebración de 3 elementos referentes: V Congreso TADEGa, V Congreso TecnoNEEt e II Startup Weekend EDU Galicia. O primeiro deles, o congreso TADEGa trae o mellor programa nunca visto en terra galega.
Un ano máis, achéganse datas do nadal, significadas por motivos moi distintos e con latexos moi diferentes. O certo é que moitas veces canto máis grandes imos, máis tristuras se nos filtran no nadal. E… ¿A que non sabedes como quixemos tolear quitándovos isa tristura desta volta? Temos un encargo para vós, estrano e atípico (coma sempre). Unha soa condición que o fagamos todos e todas. Seguide as seguintes indicacións e, Dádelle caña! 1º. Tes que felicitar o nadal a cantos amigos e coñecidos teñas (incluíndonos a nós). Como? Elixe unha das seguintes opcións: Opción A: “A hora do código” Podes atreverte ti ou mellor aínda, pedirllo aos teus alumnos. Creade unha postal navideña e mandárnola a todos e todas (si, tamén á veciña do 6º). Todo a través de programamos.es Unha alternativa orixinal que nos achegan coa seguinte mensaxe: LA HORA DEL CÓDIGO La Hora del Código es un movimiento mundial, llegando a decenas de millones de estudiantes en más de 180 países; se trata de una iniciativa que comienza la semana que viene, del 8 al 14 de diciembre y que persigue que todo el mundo dedique al menos una hora a programar.Como se acerca la navidad y es tiempo de felicitaciones y buenos deseos, desde la web Programamos.es no quieren perder esta oportunidad e invitan a disfrutar de un particular Hour of code, Para ello, durante estos días iremos publicando distintas entradas en las que explicaremos paso a paso cómo crear nuestras propias felicitaciones. Con la primera de ellas hemos probado y la verdad es que es muy muy sencillo, por lo que os invito a que lo intenteis con¶ vuestros alumnos. [ scratch.mit.edu (O tés en inglés, galego e castelán) ] Opción B: www.vladstudio.com/es/cards Para os que non se atrevan a tanto con iso de programar e prefiren cousas máis sinxelas. Opción C: www.jibjab.com/holidays O mesmo tamén pero con gañas de facernos rir cun par de fotos… jejeje. Opción D: Grávate! Para os que non queirades metervos nestas lides, outra opción, seguro que estades a preparar no cole o típico tópico festival de nadal, seguro que algún dos vosos alumnos ou todos eles van a actuar presentando algunha historia, canción, poema, canto, teatro, baile, danza… seguro tamén o gravades coa idea de subilo á web ou algo así ¿Nolo mandas? Estaría guai que o compartiras, que o que todos facemos a cotío, por unha vez, sexa coñecido e recoñecido por todos e todas. 2º. Tes que vir. Asemblea de socios e socias de TADEGa en Santiago de Compostela o 22 de nadal en sesión de mañá Pois si,
Atención, novas de última hora: Ante as reiteradas peticións para asistir á xornada pero sen participar na cea coloquio, ábrese esta posibilidade para quen o desexe (non o aconsellamos) e para a que o prezo de inscrición será de 10 euros. Axúdanos a difundir Descarga o cartaz e programa, imprime e compárteo no teu centro. Graciñas. Cando? Venres 6 de xuño. Onde IES Lucus Augusti, Lugo Ligazón a Google Maps. Inscricións Ligazón ao enlace de inscrición: tadega.net/arquivos/3792 Programa 17.30 h. Presentación. 17.45 h. Mesa I. Procurando respostas. Inspeción educativa Equipo directivo Titoría 18:40 h. Mesa II. Procurando respostas. Na mirada dos irmáns. Na mirada do alumnado de Maxisterio. 19:10 h. Descanso. 19:30 h. Mesa III. Procurando respostas. Javier Martín Betanzos. Profesor. Ángeles Fernández Núñez. Presidenta de Capaces Lugo. Feliciano J. Couto Escanciano. Maestro especialista en educación especial. Iago Santalla. Educador social, posgrao en Servizos Sociais, doutor en Humanidades. Branca Nazaret Guerreiro. Orientadora. Cuca da Silva Rubio. Presidenta de Por Dereito. 21:30 h. Cea coloquio. Restaurante O Xugo. Presentación: Manuel Ángel Romero. Cea. Debate de sobremesa. Información adicional Os 22 euros do prezo de inscrición inclúen a cea no restaurante e os diversos gastos (non todos) da organización das xornadas tanto para persoas socias como non socias, polo que ambas partes (xornadas no instituto e cea coloquio posterior no restaurante) son indivisibles. Quen desexe abonar anticipadamente o prezo de inscrición pode facelo na conta bancaria da asociación c/c Nº 2080-5162-22-3040010397. Indicando claramente o Nome, apelidos e DNI da persoa que se inscribe así como o concepto Xornadas TADEGa de xuño en Lugo 2014.. Os espazos de debate, exposición e reflexión están milimetricamente deseñados polo que a puntualidade en todos eles será unha característica imprescindible. A hora de remate da cea non está fixada xa que depende en todo caso do que se alongue o debate da sobremesa. Dúbidas? contactar@tadega.net
Actualizado o 6/3/2014 Por favor lede con atención os datos referidos a marzo onde se fixeron importantes actualizacións. Pero… En que quedamos? Pois si, moitas veces enferruxados na tarefa diaria e acontece que de cando en vez precisamos axuda, que alguén nos aclare dúbidas, resolver historias sempre aprazadas no tinteiro pero que algún día precisaremos que queden claras. Para iso nada como uns obradoiros prácticos. Na esencia así é a idea coa que xermolaron estes obradoiros polos que se preguntou despois do noso III Congreso do pasado novembro. E aquí estamos amosándovos a programación que temos para todo o curso e para que vaiades reservando datas para todas as temáticas que vos interesen. Febreiro 2014 Temática: Ferramentas para a comunicación alternativa de persoas con diversidade. Cando: 22 de febreiro (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: Salón de actos de Exposalnés, Paseo de la Calzada, s/n – 36630 – Cambados, Pontevedra. Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo. Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación. Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar. Características: Juan J. Fdez. García (Presidente de TADEGA), Mª Cruz da Silva Rubio, (Mestra e presidenta de Por Dereito), Carmen Fernández Cacho (mestra), Mª Carmen Otero Vázquez (nai dun neno con diversidade), Susana Martínez Fieiro (nai dun neno con diversidade). Marzo 2014 Temática: Servizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com Ver documento previo: Documento PDF. Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña. Ver este enlace no Google Maps. Na foto vese á esquerda un chalet (o antigo local do FOLTRA, aí está o local) nesa mesma rúa está a Cafetería BETOS poderiamos quedar ali ás 9,45 do sábado para empezar ás 10,00 con todo listo e preparado. É importante comezar puntuais. Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo. Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación. Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar. Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña. Notas adicionais de interese: haberá conexión wifi polo que resultará interesante vir cun portátil ou cun tablet para que o obradoiro sexa realmente práctico. Abril 2014 Temática: II Xornadas de tablets Aspronaga. As tablets na
Convocatoria Convócase ás persoas socias da Asociación TADEGa, á Asemblea que terá lugar no local do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Praza de Curros Enriquez, s/n 36002 – Pontevedra, o vindeiro Sábado 30 de Novembro de 10:00 a 14:00 h, de acordo á seguinte Orde do Día: Orde do día Lectura e Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior Avaliación do III Congreso TADEGa 2013. Estado de contas e orzamento 2014 Liñas e obxectivos de traballo. Informacion sobre diversos asuntos. Rogos e preguntas. Pontevedra, 16 novembro de 2013 Localización do Casino de Pontevedra