Esfera do logotipo de TADEGa.

Política de privacidade

Quen somos

Somos a Asociación TADEGa (acrónimo de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega). Unha asociación sen ánimo de lucro centrada en como optimizar a educación e o dixital pensando sempre na inclusión e na diversidade como referentes básicos e prioritarios.

Os enderezos das nosas páxinas web son:

  1. Sitio principal: tadega.net
  2. Revista ViTADEGa: tadega.net/vitadega
  3. Galería multimedia: tadega.net/galeria
  4. Os contos de Xandre: contosdexandre.net

Que datos persoais recollemos e por que os recollemos

Comentarios

Cando os visitantes deixan comentarios na web, recompilamos os datos que se mostran no formulario de comentarios, así como a dirección IP do visitante e a cadea de axentes de usuario do navegador para axudar á detección de spam (supostos comentarios que, en realidade, non o son, e/ou teñen outro propósito alleo a nós).

Unha cadea anónima creada a partir da túa dirección de correo electrónico (tamén chamada hash) pode ser proporcionada ao servizo de Gravatar para ver se a estás usando. A política de privacidade do servizo Gravatar está dispoñible aquí: automattic.com/privacy. Despois da aprobación do teu comentario, a imaxe do teu perfil é visible para o público no contexto do seu comentario.

Multimedia

Se es un usuario rexistrado e subres imaxes á web, debes evitar as imaxes con datos de localización GPS EXIF incluídos. Os visitantes da web poden descargar e extraer calquera dato de localización das imaxes da web.

Formularios de contacto

Cookies

Se deixas un comentario no noso sitio podes elixir gardar o teu nome, dirección de correo electrónico e web en cookies. Isto é para a túa comodidade, para que non teñas que volver aencher os teus datos cando deixes outro comentario. Estas cookies terán unha duración dun ano.

Se tes unha conta, e conéctaste a este sitio, instalaremos unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie non contén datos persoais e elimínase ao pechar o navegador.

Cando inicias sesión, tamén instalaremos varias cookies para gardar a túa información de inicio de sesión e as túas opcións de visualización de pantalla. As cookies de inicio de sesión duran dous días, e as cookies de opcións de pantalla duran un ano. Se seleccionas “Lembrarme”, o teu inicio de sesión perdurará durante dúas semanas. Se saes da túa conta, as cookies de inicio de sesión eliminaranse.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non inclúe datos persoais e simplemente indica o ID do artigo que acabas de editar. Expira despois de 1 día.

Contido incrustado doutros sitios web

Os artigos deste sitio poden incluír contido incrustado (por exemplo, vídeos, imaxes, artigos, etc.). O contido incrustado doutras web compórtase exactamente da mesma maneira que se o visitante visitase a outra web.

Estas web poden recompilar datos sobre ti, utilizar cookies, incrustar un seguimento adicional de terceiros, e supervisar a túa interacción con ese contido incrustado, incluído o seguimento da súa interacción co contido incrustado se tes unha conta e estás conectado a esa web.

Analítica

Con quen compartimos os teus datos

Con ninguén. Nunca ninguén nos pediu datos dos nosos usuarios e aínda que nolo pidan, non os cederemos sen o voso consentimento explícito.

É certo que algunha institución pública nos solicita datos das persoas que acreditan méritos suficientes para lles expedir certificacións de asistencia aos nosos congresos. Pero só para ese fin e sen perxuízo de que que cada quen é libre de non pedir dita certificación e, polo tanto, de non ter que transferir eses datos.

Canto tempo conservamos os teus datos

Se deixas un comentario, o comentario e os seus metadatos consérvanse indefinidamente. Isto é para que podamos recoñecer e aprobar comentarios sucesivos automaticamente en lugar de mantelos nunha cola de moderación

Dos usuarios que se rexistran na nosa web (se os hai), tamén almacenamos a información persoal que proporcionan no seu perfil de usuario. Todos os usuarios poden ver, editar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento (agás que non poden cambiar o seu nome de usuario). Os administradores da web tamén poden ver e editar esa información.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta ou deixaches comentarios nesta web, podes solicitar recibir un arquivo de exportación dos datos persoais que temos sobre ti, incluíndo calquera dato que nos proporcionaras. Tamén podes solicitar que eliminemos calquera dato persoal que teñamos sobre ti. Isto non inclúe ningún dato que esteamos obrigados a conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Onde enviamos os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam.

A túa información de contacto

Non se remite a ningún sitio, nin tampouco nós facemos uso dela.

Información adicional

Non se remite a ningún sitio, nin tampouco facemos uso dela.

Como protexemos os teus datos

Todos os datos están gardados nun único lugar (que imos chamar servidor web) que ten o seu propio sistema automatizado de copias de seguridade. Polo tanto non se gardan en ningún outro sitio.

Que procedementos utilizamos contra as fendas de datos

De xeito habitual revisamos o funcionamento de todos os servidores de xeito coordenado cos seus responsables de xeito que nun prazo máximo de 24 horas tras a detección dalgún tipo de erro ou fenda de seguridade, procedemos de inmediato á súa subsanación e, de ser necesario, a paralización total do servizo ata que sexa posible restablecelo coas garantías necesarias.

De que terceiros recibimos datos

De ningún. E se algún día isto é de xeito distinto aquí mesmo o comunicaremos.

Que tipo de toma de decisións automatizada e/ou perfilado facemos cos datos do usuario

As únicas decisións que se toman tanto de xeito automatizado como manual son as derivadas do tratamento do SPAM que, mediante algoritmos albergados en dispositivos virtuais, rexeitan todos comentarios indebidos ou cobertura fraudulenta de formularios.

Requirimentos regulatorios de revelación de información do sector

No noso caso, non somos membros dun sector regulado nin estamos suxeitos a leis de privacidade adicionais, polo que non temos obrigas de revelación de información a terceiros máis aló do que o actual marco legal común ten establecido e nas condicións antes expostas.