No pasado mes de decembro, os membros da Xunta Directiva dos comezos desta asociación, tivemos unha xuntanza-xantar para celebrar que, un ano máis, aí estamos xuntos de novo, aínda que cunha sorpresa agochada que non se revelou ata o momento do café: María Emma Mayo Pais, a gran protagonista deste relato, e tal e conforme ao artigo 10.1 dos estatutos de TADEGa, foi nomeada socia de honra. Velaquí o desmiuzado
Seguinte obradoiro deste ano
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros que nos propuxemos reproducir ao longo deste ano 2024.
1º nos estreamos co de “adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual”.
E agora vos anunciamos o impartido por Leonor Giménez Fernández: “Adaptación de textos a lectura fácil e visual thinking”.
Derradeiro aviso. Últimos días!
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros; entre eles o impartido pola nosa compañeira Rosa Garrido sobre a adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual. Meu dito meu feito: aquí queda a convocatoria neste 1º obradoiro de 2024 para quen non puido asistir por terse cuberto as vacantes e para toda persoa interesada; pero bulide que xa quedan moi poucas prazas libres.
Auga fresca pola mañá cedo!
Ás veces, quen andamos no mundo do asociacionismo, implicados en causas ¿perdidas? matinando en como incentivar, suscitar, estimular, apoiar, redescubrir, alentar… en favor dun mundo máis xusto, acorde, solidario, empático… atopamos que ese mundo anda do revés ¿Como lle dar auga a quen non ten sede?
6ª edición de A Radio Conta por Asperga
A Radio Conta é un programa solidario realizado por oito radios públicas e privadas da Coruña. A iniciativa chegou en decembro de 2018 á súa 6ª edición, o sábado 29 de decembro ás 17:00 h no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Actuacións musicais, humor e convidados sorprendentes formaron parte desta emisión única, adicada no 2018 a visibilizar e difundir o labor de Asperga, a Asociación Galega de Asperger. Tres horas
GAMESP: Robótica para a inclusión
Os nosos compañeiros Érica Ordoñez e Felo Couto estarán co resto de membros do consorcio europeo GAMESP no curso: Utilización de robots e xogos virtuais para favorecer a inclusión e a atención á diversidade na escola. Será en Santiago de Compostela o vindeiro sabado 12 de maio https://t.co/Ya6Fj3bLC9 #robotica Inscricion a través de FPROFE G1702047, ou poñéndose en contacto ca Unidade de Programas Europeos da Xunta de Galicia (programas.europeos@edu.xunta.es), indicando
V Congreso TADEGa. Especial 10º aniversario 2017
TADEGa, co gallo do seu décimo aniversario como asociación, inicia a súa andaina especial 2017 coa celebración de 3 elementos referentes: V Congreso TADEGa, V Congreso TecnoNEEt e II Startup Weekend EDU Galicia. O primeiro deles, o congreso TADEGa trae o mellor programa nunca visto en terra galega.
Programa Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias
Xa é oficial Programa Aulas I+I (Inclusivas e Igualitarias) dentro do Plan Proxecta. O prazo de inscrición remata o 15 de outubro. O obxectivo do programa Aulas I+I é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica
IV Congreso TADEGa. Vigo 2015. Actualizado 7/12/15
Avisos importantes Documentación que deberás traer ao congreso Acabamos de emitir ás persoas inscritas no congreso un correo no que se vos solicita un ou dous documentos segundo sexa o teu caso. Por favor léedeo con calma e seguide o que alí se indica para facilitar o trámite da homologación por parte do MECD. Graciñas. Marca os teus obradoiros favoritos Accede ao formulario no que seleccionar os teus obradoiros favoritos.
Inscrición bonificada ata o 22 de novembro
Non esquezas a túa cita!! 22 Novembro 2015 Queres coñecer como empregar os procesos de Gamificacion na aula? Aplicas as novedades da Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía? No obradoiro de tablets, descubrirás as metodoloxías mais axeitadas Queres unha impresora 3D para a túa aula? Participa niste sinxelo concurso Apetéceche montar na práctica un robot para a aula? E MOITAS MÁIS SORPRESAS… Lembra que a partir deste día a inscrición no IV CONGRESO TADEGA,








