Asociarse

Esfera do logotipo de TADEGa.

Se queres ir rápido, camiña só. Se queres chegar lonxe, vai acompañado.

Queres ser socio ou socia?

O 15 de decembro de 2007 TADEGa constitúese formalmente como asociación. Se desexas asociarte mándanos a solicitude asinada que podes descargar nesta páxina ao enderezo postal que no propio documento se indica.

Podes consultar os estatutos da asociación, tamén dispoñibles nesta páxina. Engadimos ademais un tríptico en formato PDF para a súa libre distribución no que se explican as liñas mestras deste grupo. Unha vez recibida a solicitude e a confirmación do ingreso bancario, que hoxe é de 30 € (euros), procedemos a cursar a alta cos diversos servizos establecidos conforme aos acordos con diversas entidades.

Dereitos de socias e socios

Asociarse sae a conta. Procuramos render ben eses cartos:

  • Prezos reducidos nos diversos actos (congresos, xornadas, etc.) que a TADEGa organice.
  • Acceso libre e gratuíto aos servizos de AUMENTATIVA.net
  • Acceso a diversos sitios da web e libre participación en proxectos de investigación.

Contactar con TADEGa

Aquí tes os datos básicos da nosa asociación:

Sede social

Asociación TADEGa
R/ Caballeros, 25 – 5º Dta.
15009 A Coruña

Teléfono

650 753 834 (Co prefixo 34 se chamas dende fóra do estado español).

Sitios web

Correos electrónicos

contactar@tadega.netcolaboracions@tadega.net

CIF

G70160387

Conta bancaria

  • En formato IBAN: ES28 1491 0001 2230 0006 5604.

Documentos que se citan

Relación dos documentos mencionados para a súa libre descarga en formato PDF: