IX Congreso TADEGa. Lugo 2025
Datas e datos Programa Xunto co resto da información: tadega.net/xuntanzas/ix-congreso-tadega-lugo-2025
Datas e datos Programa Xunto co resto da información: tadega.net/xuntanzas/ix-congreso-tadega-lugo-2025
Hai días… nos que un non sabe por onde anda nin en que lío está metido. As emocións alborotadas tampouco axudan. Pois ala! 3 arranxos que lle imos dar!
Ás veces, quen andamos no mundo do asociacionismo, implicados en causas ¿perdidas? matinando en como incentivar, suscitar, estimular, apoiar, redescubrir, alentar… en favor dun mundo máis xusto, acorde, solidario, empático… atopamos que ese mundo anda do revés ¿Como lle dar auga a quen non ten sede?
TRAINERS FOR THE FUTURE – I CONGRESO NACIONAL DE FORMADORES 24 y 25 de noviembre de 2017 – Santiago de Compostela Pois vai ser que si, que se apurades as persoas socias de TADEGa tedes un desconto especial por participar neste congreso do máis interesante, especialmente para as xentes máis inquietas que, ademais de Educación están a pensar en ideas que antes ou despois poderían chegar a cristalizar nun emprendemento.
Terapia Breve Centrada en solucións no entorno escolar Fai xa tempo que na xunta directiva andamos implicados en ofertar a persoas socias e amigas diferentes actos, actividades, obrdoiros, e eventos que entendemos podan ser de interese. Continuando con este propósito, hoxe vos traemos esta iniciativa que nos parece do máis interesante. Achegámosvos unha proposta realmente innovadora, un obradoiro que dará que pensar. Da man de HazAlgoDiferente.es ofertamos un obradoiro do máis interesante e cos seguintes datos: Como? Obradoiro de mañá de sábado de 4 horas dirixido a mestras e mestres. 30 prazas por rigorosa orde de inscrición. Cando? sábado 15 de novembro dende as 10:00 da mañá ata o mediodía que remataremos con xantar de desfrute. Onde? ETL Campa, C/ Simón Bolivar, 3 – baixo. A Coruña. Canto? 5 euros para sufragar gastos básicos de local. Máis información: descargando neste enlace ao programa en formato PDF. Animáste? Isto promete. E para inscribirte, só tes que enviarnos os seguintes datos por correo electrónico: Nome/s e apelidos completo. Número de teléfono de contacto. Indícanos (se o sabes) se vas quedar a comer ou non. O correo nolo podes mandar a calquera destes enderezos: Contactar@TADEGa.net HazAlgoDiferente@HazAlgoDiferente.es
Actualizado o 6/3/2014 Por favor lede con atención os datos referidos a marzo onde se fixeron importantes actualizacións. Pero… En que quedamos? Pois si, moitas veces enferruxados na tarefa diaria e acontece que de cando en vez precisamos axuda, que alguén nos aclare dúbidas, resolver historias sempre aprazadas no tinteiro pero que algún día precisaremos que queden claras. Para iso nada como uns obradoiros prácticos. Na esencia así é a idea coa que xermolaron estes obradoiros polos que se preguntou despois do noso III Congreso do pasado novembro. E aquí estamos amosándovos a programación que temos para todo o curso e para que vaiades reservando datas para todas as temáticas que vos interesen. Febreiro 2014 Temática: Ferramentas para a comunicación alternativa de persoas con diversidade. Cando: 22 de febreiro (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: Salón de actos de Exposalnés, Paseo de la Calzada, s/n – 36630 – Cambados, Pontevedra. Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo. Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación. Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar. Características: Juan J. Fdez. García (Presidente de TADEGA), Mª Cruz da Silva Rubio, (Mestra e presidenta de Por Dereito), Carmen Fernández Cacho (mestra), Mª Carmen Otero Vázquez (nai dun neno con diversidade), Susana Martínez Fieiro (nai dun neno con diversidade). Marzo 2014 Temática: Servizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com Ver documento previo: Documento PDF. Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña. Ver este enlace no Google Maps. Na foto vese á esquerda un chalet (o antigo local do FOLTRA, aí está o local) nesa mesma rúa está a Cafetería BETOS poderiamos quedar ali ás 9,45 do sábado para empezar ás 10,00 con todo listo e preparado. É importante comezar puntuais. Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo. Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación. Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar. Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña. Notas adicionais de interese: haberá conexión wifi polo que resultará interesante vir cun portátil ou cun tablet para que o obradoiro sexa realmente práctico. Abril 2014 Temática: II Xornadas de tablets Aspronaga. As tablets na
Convocatoria Convócase ás persoas socias da Asociación TADEGa, á Asemblea que terá lugar no local do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Praza de Curros Enriquez, s/n 36002 – Pontevedra, o vindeiro Sábado 30 de Novembro de 10:00 a 14:00 h, de acordo á seguinte Orde do Día: Orde do día Lectura e Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior Avaliación do III Congreso TADEGa 2013. Estado de contas e orzamento 2014 Liñas e obxectivos de traballo. Informacion sobre diversos asuntos. Rogos e preguntas. Pontevedra, 16 novembro de 2013 Localización do Casino de Pontevedra