Seguinte obradoiro deste ano

Seguinte obradoiro deste ano

No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros que nos propuxemos reproducir ao longo deste ano 2024.

1º nos estreamos co de “adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual”.

E agora vos anunciamos o impartido por Leonor Giménez Fernández: “Adaptación de textos a lectura fácil e visual thinking”.

Derradeiro aviso. Últimos días!

Derradeiro aviso. Últimos días!

No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros; entre eles o impartido pola nosa compañeira Rosa Garrido sobre a adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual. Meu dito meu feito: aquí queda a convocatoria neste 1º obradoiro de 2024 para quen non puido asistir por terse cuberto as vacantes e para toda persoa interesada; pero bulide que xa quedan moi poucas prazas libres.

Imos de estrea: “Vida”

Estamos moi ilusionados Onde: Auditorio Municipal de Ourense. Cando: xoves 25 de febreiro de 2016 ás 21:00 horas.A Que: A estrea do film de Rubén Ríos Vida e do documental Máis ca Vida Un grupo de xentes de TADEGa na súa representación, teremos o pracer de asistir convidados a esta estrea. Aínda non vos podemos anunciar moito máis porque aparte da estrea quedan moitas cabos que atar, pero é moi probable que ambos proxectos, TADEGa e Vida emprendan unha viaxe conxunta, histórica e mutuamente moi proveitosa. Sinopse de Vida Entre finais dos anos 60 e principios do ano 2000, entre o Ourense rural e o Ourense urbano, transcorren as vidas de dúas familias unidas polo destino. Nunha pequena aldea, unha familia humilde prepárase para un gran acontecemento familiar. O destino, as casualidades, as forzas fan dese momento tan esperado un verdadeiro calvario para uns e unha proba de vida para outros. Nun piso, no centro da cidade, a tranquilidade dunha nai vese truncada polo desexo dunha das súas fillas de querer voar soa. Pablo (38 anos) é un rapaz con discapacidade que actualmente traballa nos servizos de limpeza da cidade, empeza a valorar a posibilidade de emprender un soño en solitario. Elena (32 anos) é unha moza con discapacidade que se enfronta a unha proba vital para tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, na que entran en xogo vida, morte, paixón, egoísmo, medos e perdón. Pablo atoparase cun pasado cheo de ausencias e rancores que o prepararán para un futuro de perdóns e ilusións. Sinopse de Máis ca Vida Máis ca Vida recolle dende un enfoque realista e natural todo aquelo que de maneira indirecta contribuíu á creación da curtametraxe Vida. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse estes rapaces e rapazas de cara á rodaxe, en ligazón as súas testemuñas, sentimentos e reflexións. Todo elo cunha narrativa enteiramente positiva, saudábel e moi divertida. Estas experiencias vividas foron as determinantes para o desenvovemento do guión da curtametraxe que relata dunha maneira realista o día a día do mundo que os rodea. Os dous proxectos están estreitamente ligados ofrecendo un novidoso formato que transportará ao espectador a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidade destas dúas obras van collidas pola man. Enlaces de interese Enlace á web do proxecto: www.maiscavida.com Moita merda! Din que a xente cando desexaba sorte aos amigos que tiñan algo que ver cunha obra lles dicían aquelo de “Moita merda!” E non como sinal de insulto senón como sinal de moito éxito

Ler máis

2016 en marcha e materiais do congreso compartidos

2016 en marcha e materiais do congreso compartidos

  O curso reanuda o seu roteiro. Os plans para este 2016 recén inaugurado son moitos e do máis interesante. Así que atentos ás novas que pouco a pouco iremos contando por aquí. O símbolo de lectura, xornal, novidades ou como queirades interpretalo ten relación directa con parte disas novidades que iremos contando no seu momento. Pero polo de agora, imos cinguirnos a algo moi solicitado pola xente tadeguiana, especialmente polas persoas que asistiron ao IV Congreso TADEGa, Vigo 2016 que acabamos de clausurar fai poucos días. Materias e recursos do congreso compartidos O dito, acabamos de publicar fai uns días a relación de materiais, recursos, e presentacións de todas as persoas que interviron no congreso e que amablemente nos cederon esta documentación, (vos podedes guiar polo menú da nosa web: Encontros > Congresos TADEGa > IV Congreso. Vigo 2015 > Documentación ) ou tamén ir directamente ao seguinte enlace: https://tadega.net/xuntanzas/iv-congreso-tadega-vigo-2015/documentacion15

Aviso para centros docentes

Aviso para centros docentes

Obra Nos meus zapatos Os centros docentes adoitan facer unha programación de actividades especiais a desenvolver ao longo do curso. Acontece ás veces que xurde no medio do curso unha oportunidade para acceder a desenvolver algunha actividade de interese. Este sería o caso, moi especialmente para o derradeiro ciclo de primaria e primeiros cursos de secundaria. Unha obra para reflexionar. Trátase dun espectáculo de danza contemporánea titulada Nos meus zapatos programada para o 8 de abril ás 11:00 en Santiago de Compostela, no Auditorio Obra Social Abanca (Rúa Preguntoiro, 23). Forma parte da programación para escolares de Afundación, dirixida a centros de ensino que leven a grupos de alumnos; o auditorio ten case 700 butacas, das que polo de agora só están 50, polo que facemos este anuncio por se algún centro estivese interesado e lle encaixase nesa data. Achégase a unidade didáctica sobre este espectáculo co que se quere contribuir á sensibilización do alumnado sobre a diversidade funcional, favorecer a igualdade de oportunidades no entorno escolar, traballar sobre a empatía e favorecer a percepción das diferenzas como algo positivo en enriquecedor. Enlaces Guía didáctica para traballar na aula sobre a obra Nos meus zapatos IGUALARTE. Para os centros interesados en toda esta temática e estilo, non desboten unha ollada a este catálogo: http://escolares.afundacion.org/peticions/ficheros/09_01_2015_08_01_25_escolares__compostela_2014_(2).pdf

Obradoiro “Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles”

Non hai entradas! Con Susana Lamela e Ana Mariño A verdade é que non contabamos cun éxito así; en apenas 3 días tivemos que pechar o formulario de solicitudes por encher o aforo deste centro que nos acolle. Sentimos as molestias que lle podamos causar as persoas interesadas en participar e que non se anotaran antes. Comprometémonos a deseñar estratexias operativas para repetir este obradoiro noutra ocasión antes de rematar o ano, previsiblemente para o vindeiro congreso TADEGa a se celebrar no derradeiro trimestre de 2015 e do que non tardaremos en darvos magníficas novas. Algúns traballos compartidos Queremos agradecer especialmente a Susana Lamela e a Ana Mariño, a súa xentileza por tan magnífico obradoiro e tamén por compartir o seu traballo. Deixamos aquí tamén a magnífica presentación que nos serviu de guía para o traballo do obradoiro. Dispositivos móbiles na aula from Mestra Primaria   From Obradoiro “Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con d. Posted by Tadega Net on 4/14/2015 (10 items) Generated by Facebook Photo Fetcher 2 Susana Lamela @sonhosdeandel http://sonmago.blogspot.com.es/ Ana Mariño @MestraPrimaria http://mestraprimariablog.blogspot.com.es/ Susana Lamela Fai agora un ano, no mes de marzo de 2014, nas xornadas Escol@tic.2014, tivemos a ocasión de coñecela. Presentaba unha experiencia coñecida como O mago unha experiencia de traballo colaborativo con tablets. Naquela ocasión gustounos e moito. Unha compañeira de infantil desenvolvendo experiencias creativas, innovadoras, de calidade. Agora quixemos que nos viñese a contar as súas experiencias, que son numerosas, plurais e enriquecedoras. Temos con nós, unha profe de a pé que traballa a cotío cos cativos de infantil, unha incansable entusiasta da tecnoloxía dixital como ferramenta a usar no seu desempeño diario, unha bloguera incasable que non cesa no seu empeño, e unha autora de libros recoñecidos por todos e todas. E ademais aquí, na súa terra natal de Pontevedra. E nós que andamos na procura de ferramentais dixitais que nos axuden no noso día a día educativo, ben que haberemos de atopar auga para esta sede. Só por abrir boca, vaian aquí unhas palabras que a crítica fai sobre un dos seus libros: Andeis baleiros aliméntase do mesmo territorio imaxinativo no que enraizara a súa anterior entrega: protagonismo infantil e marabilloso didáctico nunha trama na que os propios libros, as bibliotecas e o exercicio da lectura fían unha rede de relacións sorprendentes e moi entretidas. O obradoiro Temática: “Obradoiro para traballar os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles” Cando: 11 de abril (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: CEIP de Vilaverde – Mourente en Vilaverde, 9 – Mourente – (36164) Pontevedra.  Google Maps Inscrición: Cumprimentar o formulario que se

Ler máis

Obradoiro: HazAlgoDiferente.es

Obradoiro: HazAlgoDiferente.es

Terapia Breve Centrada en solucións no entorno escolar Fai xa tempo que na xunta directiva andamos implicados en ofertar a persoas socias e amigas diferentes actos, actividades, obrdoiros, e eventos que entendemos podan ser de interese. Continuando con este propósito, hoxe vos traemos esta iniciativa que nos parece do máis interesante. Achegámosvos unha proposta realmente innovadora, un obradoiro que dará que pensar. Da man de HazAlgoDiferente.es ofertamos un obradoiro do máis interesante e cos seguintes datos: Como? Obradoiro de mañá de sábado de 4 horas dirixido a mestras e mestres. 30 prazas por rigorosa orde de inscrición. Cando? sábado 15 de novembro dende as 10:00 da mañá ata o mediodía que remataremos con xantar de desfrute. Onde? ETL Campa, C/ Simón Bolivar, 3 – baixo. A Coruña. Canto? 5 euros para sufragar gastos básicos de local. Máis información: descargando neste enlace ao programa en formato PDF. Animáste? Isto promete. E para inscribirte, só tes que enviarnos os seguintes datos por correo electrónico: Nome/s e apelidos completo. Número de teléfono de contacto. Indícanos (se o sabes) se vas quedar a comer ou non. O correo nolo podes mandar a calquera destes enderezos: Contactar@TADEGa.net HazAlgoDiferente@HazAlgoDiferente.es

Altofalantes de vibración

Altofalantes de vibración

Características Os altofalantes convencionais funcionan de maneira tradicional, é dicir, contan cunha superficie que move o aire e crea diferenzas de presión ao ritmo do son que lle transmite un transductor ao transformar o sinal eléctrico en movemento físico. Os altofalantes de vibración, en cambio, converten calquera superficie nun resonador. Deste xeito obtemos diferentes calidades tímbricas en función do elemento (unha mesa, unha caixa, un cristal…) que utilicemos para obter resonancia. Ademais de conseguir boa calidade e potencia de son nun altofalante moi pequeno, os altofalantes de vibración, tamén chamados altofalantes sónicos, permiten experimentar coa percepción vibrotactil e a audición por vía ósea. Son excelentes tanto para o traballo en estimulación multisensorial como para facer re-educación de audición e linguaxe. Aínda que non son algo que un se atope habitualmente nas tendas, non son difíciles de conseguir, particularmente por Internet. Os modelos actuais inclúen avances como Bluetooth, batería interna, lector de cartóns microSD incorporado, radio, etc. Os prezos son moi variables e, en xeral, elevados se nos imos a marcas moi coñecidas. No entanto é posible conseguilos a prezos reducidos similares, senón idénticos, a outros de prezo superior. O altofalante de Amazon A modo de exemplo podemos mencionar este modelo, cun resultado máis que favorable na relación calidade-prezo: Enlace a www.amazon.es… O prezo, como vedes, é moi competitivo para un aparello que ten radio FM incorporada, admite tarxetas MicroSD (que le directamente) ten batería interna que se recarga (por tanto pode funcionar sen ningún cable ou, tamén, conectado de modo convencional). O altofalante do Colacao e dos 40 principais Pero se non necesitades tanta sofisticación, e esta é a estupenda noticia, tedes unha alternativa doada, cómoda e moi barata. Os envases de Cola-cao Turbo de 2,5 kg traen de agasallo un altofalante dos 40 principais de vibración. Funciona con dúas pilas AAA non incluídas. Recóllese nunha caixiña moi cómoda e funciona conectado ao computador. A súa calidade de son é razoable. Ten boa potencia de saída e, sobre todo, para facer estimulación vibrotactil vai xenial. E falamos de entre 13,00 € e 15,00 € dun paquete xigante de Colacao (e por riba quedádesvos co Colacao). Así que se queredes probar a ver se lle sacades partido eu non o dubidaría. Ten marxe de caducidade de máis de un ano. Fátima Mª García Doval.

Proxecto Fala Signada

Proxecto Fala Signada

O Proxecto no que participaron 3 Centros Galegos coordinados por TADEGa e 3 Centros da Comunidade de Murcia “O SISTEMA DE COMUNICACION TOTAL FALA-SIGNADA NA PRACTÍCA DOCENTE” gracias á Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade (DIVERTIC); xa ten operativa a web e a aplicación que se deseñou para acceder a todos os materiais Hablasignada: Sistema de Comunicación Total na práctica docente Este proxecto desenvolve a incidencia e repercusiones das TIC como recurso educativo para favorecer a resposta educativa ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais de carácter grave e permanente no área de comunicación e linguaxe. O obxectivo principal é o desenvolvemento dun banco de recursos ao servizo da Comunicación Aumentativa, e en concreto do Sistema de Comunicación Total de Benson Schaeffer, no noso caso con todos os contidos, locucions e vídeos en Galego A web e os materiais posúe unha licenza Creative Commons 3.0 polo que é de libre acceso e descarga Queremos felicitar a todos polo traballo, especialmente á Asociación DIVERTIC e a todos os Centros que artellaron ista ferramenta: CCEE El Buen Pastor. Cieza, Murcia CPEE Las Boqueras, Murcia CPEE Stmo. Cristo da Misericordia, MurciaCEIP Seis do Nadal, Vigo CEIP Principe Felipe, Pontevedra CCEE Ntra Sra Lourdes, A CoruñaLigazóns: http://hablasignada.divertic.org https://hablasignada.divertic.org/index.php?idm=gl    EN GALEGO

Aplicacións iPad

Todos coñecemos aplicacións específicas que se empregan como soporte para a comunicación. A maioría son en inglés e a uns prezos que impiden que cheguen a todos os usuarios. Pero nos últimos anos foron aparecendo novos dispositivos táctiles (iPhone, iPod Touch, iPad ou outros baseados en Android) que nos proporcionan novas oportunidades. Esta tecnoloxía existe e pode estar á nosa disposición. En moitos fogares con nenas e nenos de curta idade estanse empezando a introducir, o que pode ser aproveitado coma unha axuda técnica invisible e socializadora. E debemos valorar tamén o feito de que a formación no manexo destas ferramentas soe estar presente no entorno familiar do neno, polo que é facilmente exportable e xeralizable. Da man destes dispositivos, apareceron decenas de aplicacións, tamén basicamente en inglés, pero a uns prezos que poden oscilar entre 0 e menos de 50 €. Moitas delas tamén son gratuítas ou teñen unha versión gratuíta. Do mesmo xeito hai xa milleiros de aplicacións educativas e de lecer non específicas para persoas con necesidades na súa aprendizaxe pero que igualmente poden sernos moi útiles. Xa que globalmente a oferta é tan grande, presentámosvos unha pequena lista orientativa, referida exclusivamente ao emprego de galego e/ou castelán. Nela atoparedes o logo da aplicación, nome da aplicación (facendo clic accedese á páxina web de iTunes correspondente) e prezos en euros. Aportase a páxina web onde hai máis información sobre a aplicación proporcionada polo fabricante ou distribuidor. Tamén hai unha descrición breve da aplicación: non é un informe da mesma, senón unha frase que nos axude a definir a súa funcionalidade. Obviamente aquí entra en xogo a nosa propia creatividade e a nosa capacidade para proporcionar novos significados. Ligazóns Documento pdf coa lista das aplicacions para iPad Novo iPad 3 en España Web Store de Apple