Obradoiros 2014
Despois do congreso de TADEGa seguimos traballando na formación, nesta ocasión co obxectivo de ofrecerche varios obradoiros para o ano 2014. E para isto necesitamos da túa opinión. Queremos coñecer os teus intereses: temáticas, lugares de celebración, tempo… E se che gustaría coordinar algún dos obradoiros ou mesmo impartilo ti! Por iso temos aquí un formulario que nos axudará a recoller toda esa información e comezar a programación de actividades.
