No pasado mes de decembro, os membros da Xunta Directiva dos comezos desta asociación, tivemos unha xuntanza-xantar para celebrar que, un ano máis, aí estamos xuntos de novo, aínda que cunha sorpresa agochada que non se revelou ata o momento do café: María Emma Mayo Pais, a gran protagonista deste relato, e tal e conforme ao artigo 10.1 dos estatutos de TADEGa, foi nomeada socia de honra. Velaquí o desmiuzado
Seguinte obradoiro deste ano
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros que nos propuxemos reproducir ao longo deste ano 2024.
1º nos estreamos co de “adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual”.
E agora vos anunciamos o impartido por Leonor Giménez Fernández: “Adaptación de textos a lectura fácil e visual thinking”.
Derradeiro aviso. Últimos días!
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros; entre eles o impartido pola nosa compañeira Rosa Garrido sobre a adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual. Meu dito meu feito: aquí queda a convocatoria neste 1º obradoiro de 2024 para quen non puido asistir por terse cuberto as vacantes e para toda persoa interesada; pero bulide que xa quedan moi poucas prazas libres.
Obradoiros ANTICOVID
Presentámosvos os primeiros obradoiros a desenvolver nista andaina online, que pretenden aportar solucións educativas tanto para alumnado con diversidade como para o emprego da tecnoloxía. Estes obradoiros son de balde para as persoas socias de TADEGA. Agardamos que sexa do voso interese, para suxerencias de futuros temas de obradoiros podes contactar a través de colaboracions@tadega.net Cargando…
GAMESP: Robótica para a inclusión
Os nosos compañeiros Érica Ordoñez e Felo Couto estarán co resto de membros do consorcio europeo GAMESP no curso: Utilización de robots e xogos virtuais para favorecer a inclusión e a atención á diversidade na escola. Será en Santiago de Compostela o vindeiro sabado 12 de maio https://t.co/Ya6Fj3bLC9 #robotica Inscricion a través de FPROFE G1702047, ou poñéndose en contacto ca Unidade de Programas Europeos da Xunta de Galicia (programas.europeos@edu.xunta.es), indicando
Obradoiro de gamificación 2018
O sábado 28 tivo lugar o obradoiro #TADEGAMIFICA no CEIP de Figueroa da Estrada. Foi unha mañá de xogo, aprendizaxe, debates e emocións. Cinco reinos perseguían unha alianza para loitar contra o dragón da desmotivación que os atemorizaba. Debían resolver as probas que se lle presentaban para conseguir facer efectiva esa unión. Así foi a búsqueda da alianza: Aquí podedes ver máis fotos do evento: #TADEGAMIFICA Grazas ao traballo colaborativo
Anuncio. Obradoiros TADEGA 2018: Gamificación
Comezan os Obradoiros en TADEGA, o Sabado 28 con Eri Ordoñez no CEIP de Figueroa esperámosche con moitas sorpresas. Ver informacion sobre Gamificadores en Galicia Formulario de inscrición
V Congreso TADEGa. Especial 10º aniversario 2017
TADEGa, co gallo do seu décimo aniversario como asociación, inicia a súa andaina especial 2017 coa celebración de 3 elementos referentes: V Congreso TADEGa, V Congreso TecnoNEEt e II Startup Weekend EDU Galicia. O primeiro deles, o congreso TADEGa trae o mellor programa nunca visto en terra galega.
Programa Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias
Xa é oficial Programa Aulas I+I (Inclusivas e Igualitarias) dentro do Plan Proxecta. O prazo de inscrición remata o 15 de outubro. O obxectivo do programa Aulas I+I é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica
Obradoiro 3D no CEIP Rubiáns
Despois do Congreso TADEGA, tocaba facer entrega da impresora 3D do concurso de ideas de impresion 3D. Así que o Sábado alá nos fumos, a levarlle a impresora e -cunha morea de mestres do propio Centro e outros convidados- a facer un obradoiro de desdramatización da tecnoloxía 3D e o esu emprego. Foi un pracer compartir con todos vos iste Obradoiro que seguro que lle sacades moito partido cos vosos rapaces!








