O teléfono móbil, cada vez máis, parece que vai perdendo o substantivo de teléfono e gañando o adxectivo móbil. Vai pasando de ser un aparato para poder comunicarnos a distancia con quen nos queiramos a un trebello que nos pode axudar a facer máis cousas das que previamente foi deseñado. Co móbil poderemos acceder ao noso correo electrónico, as nosas redes sociais, consultar un mapa e buscar o que queiramos nel, acceder a servizos de noticias, xogos, control remoto da computadora da casa, entrenadores físicos persoais… Un pouco o que queiramos. Os móbiles van mudando de tecnoloxías tamén e vanse cargando de máis e máis dispositivos internos que facilitan o seu uso e acceso. Acelerómetros para poder rexistrar o movemento, pantallas táctiles ou servizos de xeo-localización. Poderíamos usar estas cousas todas para facer máis accesible o noso entorno? Penso, e non son o único, que si. A tecnoloxía está, agora falta adaptala as nosas necesidades. Dependendo dos modelos de teléfono que posuamos accederemos a un grupo de programas ou outro. Actualmente temos varios sistemas como o Windows Mobile -en breves sairá a súa versión 6.5-, Symbian OS -moi usada por dispositivos Nokia-, Android -desenvolvida por un consorcio de empresas amalgamadas por Google-, iPhone Os -do famoso iPhone-… Os máis coñecidos. Un exemplo, moi gráfico e xenial, é o programa Blind para Android. A páxina -en castelán- da aplicación a poderedes atopar no enlace: www.blindapp.com Blind pode mandar correos electrónicos coa nosa voz, ler a nosa axenda de contactos, ler os mensaxes do móbil… bastantes cousas para o manexo das comunicacións. Pero ten un punto máis ao seu favor, as utilidades para o cotío. Coa cámara pódenos dicir a cor da roupa -por agora seis cores primarios-, utilizar o GPS para dicirche onde te encontras… Moi interesante. Dicir tamén que está en fase beta, isto quere dicir que aínda non está rematado, que aínda pode ser mellor. E non me lembraba, é gratis. Penso que isto é unha mostra do que nos pode deparar o futuro en materia de trebellos de levar encima. Un paso máis, para todos e todas.