A letra “Sarakanda”. Ao fin realidade!

A letra “Sarakanda”. Ao fin realidade!

Toda unha sorpresa Levo dende o 25 de xaneiro de 2009 rastrexando na rede cada certo tempo na procura dun tipo de letra especial chamado Sarakanda. Todo a raíz da publicación nesta mesma web (https://tadega.net/?p=678) do artigo no que se falaba deste tipo de letra especial deseñado para facilitar a lectoescritura no alumnado afectado por dislexia. A letra SARAKANDA Trátase dun tipo de letra deseñado dun xeito moi especial para evitar ao máximo calquera tipo de confusión e un sinfín de detalles que se poden ler con calma no artigo citado e, cuxo deseño e creación, ten por autor a Alejandro Valdez Sanabria quen desenvolveu este traballo como a súa tese de grao. O caso é que estamos xa no ano 2013 e a procura seguía sen éxito ata que onte, e sen demasiadas pretensións apareceu unha pista nas pescudas da Internet: un enlace a un programa educativo coñecido como ADAPRO e con orixes algo curiosas como o ITER que ven sendo un acrónimo de Instituto Tecnológico de Energías Renovables das Illas Canarias, quen debeu patrocinar este proxecto, ou así cabe deducir da súa web. Notas aclaratorias Engadiremos neste artigo unha serie de enlaces para unha información máis en detalle. Por outra banda debo aclarar que o tipo de letra incluído no programa ADAPRO do que aquí se fala, e que leva por nome Sarakanda, ten un parecido moi notable ou é case idéntico na súa apariencia ao que Alejandro Valdez creou polo que cabe agardar que o programa ten a licenza correspondente. O programa ADAPRO O programa tamén é para non perdelo de vista: situándose no grupo de procesadores de texto simples preparados para visualizar indistintamente o propio texto ou o texto con pictogramas (neste caso os de ARASAAC) engadindo algunha funcionalidade extra bastante chamativa: Trátase dun procesador de textos multi-usuario (leva conta de múltiples usuarios para os que un terapeuta pode adaptar de diversos xeitos o seu funcionamento). Pensado especialmente para persoas usuarias con trastornos de aprendizaxe ou de desenvolvemento como a dislexia o autismo (así se traduce do inglés da súa presentación). As funcionalidades son moi chamativas: Instala no noso ordenador o tipo de letra Sarakanda de regalo. (A procura na que eu andaba). Programa de software libre: Mozilla Public License 2.0 (MPL-2.0). Consta dun procesador de textos adaptado con interesantes funcionalidades: Procesador co tipo de letra Sarakanda por defecto. Opción a automatización dos pictogramas de ARASAAC no procesador. Opción a colorear as letras: p, b, d, e q como reforzo en casos de dificultades por dislexia. Opción a cambiar a cor de fondo do texto. Inserción de 2 teclados

Ler máis

Os Bolechas en lectura fácil

Grazas á colaboración da nosa compañeira Cuca, os Bolechas veñen de incorporar pictogramas á súa colección de libros; o obxectivo é facilitarlle o acceso á información escrita para os nenos e nenas con dificultades lectoras… Este é un primeiro exemplo, e en breve aparecerán 12 libriños mais. Os pictogramas aparecen ao final de cada páxina Logotipo que indica a presenza de pictogramas de fácil lectura O novo libro dos Bolechas, O reloxo de Carlos,  inclúe entre as súas novidades a incorporación de pictogramas, imaxes que substitúen palabras ou ideas e que permiten ler o conto estimulando a atención e a imaxinación dos nenos. Trátase dun recurso educativo infantil moi recomendable e divertido xa que resume a información que se recibe, mellora a atención e a motivación, apoia certas destrezas de expresión oral e escrita e axuda á comprensión lectora e a construír conceptos. Neste caso trátase de pictogramas de fácil lectura, que aparecen ao final de cada páxina transmitindo a idea que nela se conta a través dunha composición moi simple de imaxes. Cada unha delas vai nun recadro de cor amarelo, verde ou azul, segundo a función gramatical do texto que se transmite. Así, o amarelo úsase para os nomes, o verde para os verbos e o azul para adxectivos e adverbios. Indicado para nenos con dificultades Este recurso está especialmente indicado para nenos con dificultades de comprensión ou de acceso á lectura, de aí a motivación para incluílo nos libros dos Bolechas, de xeito que as historias creadas por Pepe Carreiro cheguen eficazmente ao maior número de nenos e nenas posible.   Para saber mais: http://www.osbolechas.com/novas.php?id=36