Obradoiros, 2012: LIM e Linguaxe

Pois o agardado chegou, os dous primeiros Obradoiros serán en Cangas e na Coruña grazas as mestras Sara Fernández Alfaya e Patricia Pena Barbeito que impartirán: Creación Contidos Dixitais con LIM. Sara Fernández Lugar: CEIP NAZARET – Cangas do Morrazo. Data 21 Xaneiro. Localización CEIP NAZARET Blog da aula de AL e recursos online. Patricia Pena Lugar: CEIP SAL LENCE – A Coruña. Data 25 Febreiro. Localización CEIP SAL LENCE O horario dos obradoiros serán de 10:00 a 14:00, coa posibilidade de quen o desexe irmos comer todos xuntos. FORMULARIO DE INSCRICION NOS OBRADOIROS A partires de agora, veredes unha imaxe permanente como ista referida ás TIC e á Formación na columna da dereita. Se premedes nela levaravos a un formulario que poderedes empregar en calquer momento para demandar non so unha necesidade de Formación, senon para ofrecervos a coordinar que o Obradoiro se celebre na vosa localidade (buscar un sitio, tema, grupo minimo…) Ligazón ao Formulario dos Obradoiros de Formación

Curso Discapacidade Visual (actualización)

O Alumnado con discapacidade visual e o seu contexto: Centro Educativo e Familia Texto actualizado: Certificación homologada por 10 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. TADEGa organiza os días 25 e 26 de Novembro, en colaboración co gabinete de psicoloxía Emma Mayo Psicóloga, un curso sobre “o alumnado con discapacidade visual e o seu contexto”. Consideramos que este curso é moi necesario pois, segundo datos da propia Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) publicados na súa web (http://www.once.es/new/afiliacion/datos-estadisticos), en Galicia existen un total de 265 rapaces entre os 0 e os 18 anos con discapacidade visual (142 homes e 123 mulleres), polo que é moi probable que nalgún momento da túa vida profesional teñas que impartir clases a algún destes rapaces/as, incluso a pesares de non telo feito con anterioridade e de non saber, a priori, que metodoloxía seguir. A través deste curso pretendemos que coñezas qué é iso da discapacidade visual, pero non só a través das definicións teóricas existentes, senón que pretendemos proporcionarche unha experiencia práctica que che axude a poñerte na pel dese posible alumno/a cego e/ou deficiente visual que, probablemente, algún día atoparás na túa aula. Ademais, proporcionarémosche diferentes estratexias para facilitar a intervención (organización da aula, localización do alumno, pautas de comunicación, recursos que facilitan o proceso educativo, adaptacións necesarias, tecnoloxías para a discapacidade visual…etc.) sen esquecernos de algo fundamental: a familia. Preténdese dotar ao profesorado das ferramentas necesarias para atender, dun xeito eficaz, aos alumnos/as que presentan discapacidade visual, que aprendan a elaborar o seu propio material e que saiban variar os seus materiais en función do grado de discapacidade que presenta o alumno, así como doutras variables. Contidos do curso Miramos o síntoma ou estudamos ao neno? Intervención na aula na que hai un alumno con discapacidade visual (I) Intervención na aula na que hai un alumno con discapacidade visual (II) O meu compañeiro ten unha discapacidade visual, como podo axudalo? A familia O meu centro é un centro inclusivo para un alumno con discapacidade visual? Debate e conclusións Certificación homologada por 10 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Ligazóns (Ábrense nunha ventana nova) Formulario de inscripción Mais información Cartel do Curso Páxina de Emma Mayo Psicóloga

ARASAAC en Galego

Grazas ao extraordinario traballo realizado por un grupo de TADEGa coordinados por María Blanco (grazas 🙂 ) xa está disponible gran parte do dicionario de ARASAAC traducido a Galego. Iso supón que podemos aceder ás traducións nas búsquedas (a través do buscador de suxerencias que hai na páxina inicial e na de catálogos), nos resultados destas, nas fichas dos pictogramas nas diferentes ferramentas. En breve prepararan paquetes de descarga cos pictogramas en Galego. Ligazón á nova na páxina de ARASAAC

Aumenta o servizo de Préstamo

Ola a tas e todos, o servizo de Préstamos vense de ampliar coa incorporación de varios aparellos de un usuario que xa non os emprega (Grazas mil Luluxa 🙂 ) son os seguintes: Teclado: Non require ningunha instalación previa. Emulador de rato: Totalmente personalizable ás capacidades motoras. Libro básico de comunicación rápida: ten unha gravadora e un micrófono en cada páxina. Só hai que meterlle as imaxes impresas que se precisen. Para asambleas, obras de teatro, contestar nun exame, transmitir recados… Para grabar: premer. Para escoitar: premer. É absolutamente fácil, o que o fai funcional para familias de perfil tecnolóxico baixo, ou fácilmente transportable cando sexa preciso. Poderedes atopar o Formulario da Solicitude no icono da columna da dereita correspondente ao Servizo de Préstamo Ligazón á paxina do Servizo de Préstamo

Volven os obradoiros

Pois sí, un dos temas importantes que tiñamos pendente eran os Obradoiros de Formación TADEGa que xa en varias ocasións levounos a coñecer a moitas e moitos de vos por toda Galicia. A partires de agora, veredes unha imaxe permanente como ista referida ás TIC e á Formación na columna da dereita. Se premedes nela levaravos a un formulario que poderedes empregar en calquer momento para demandar non so unha necesidade de Formación, senon para ofrecervos a coordinar que o Obradoiro se celebre na vosa localidade (buscar un sitio, tema, grupo minimo…) Xa sabedes que os obradoiros serán gratuitos para socias e socios de TADEGA, pero tamén poderá asistir cunha minima inscrición calquera persoa que lle interese. O obxectivo é adquirir competencia ou iniciarse en cada tema, NON se entregará certificación algunha. Agardamos que sexa ista unha nova de interese e que demandedes o que precisedes!! Ligazón ao Formulario dos Obradoiros de Formación

V Encontros TADEGa: Sexualidade e Diversidade

Vimos percibindo que a pesares da importancia que se deu nos derradeiros anos á inclusión das persoas con diversidade funcional en todas as esferas da vida cotiá, aínda segue subsistindo a postura xeralizada na nosa sociedade de que o mundo da sexualidade é un mundo alleo para estas persoas. Acerca do sexo existen en xeral moitos tabús, pero se ademais o relacionamos coas persoas con diversidade funcional xorden unha morea de mitos a desmontar. O selo distintivo de Tadega é a loita por unha sociedade máis incluínte, e nesta ocasión, queremos contribuír a que se recoñezan e respecten os dereitos das persoas con diversidade funcional coma seres sexuados, para erradicar os estereotipos e garantir o acceso á información e ao exercicio dos seus dereitos sexuais e reprodutivos en completa igualdade co resto de seres humanos, tendo sempre en conta as súas necesidades específicas. Cunha actitude social e profesional libre de prexuízos e de paternalismos, pretendemos nestes Encontros atopar respostas a interrogantes que, quizais, nin sequera chegamos a formularnos, pero sobre todo tentaremos sementar preguntas. Para saber mais: www.encontros.tadega.net Que vos ilusione tanto como a nós.

Rematou o II Congreso TADEGa

Coa resaca aínda do II Congreso TADEGa, queremos antes de nada darvos as grazas a todas as persoas que fixestes posible co voso traballo que o Congreso fora unha realidade. Istes días pasaremos a avaliación do Congreso, do que atoparedes cumprida información dos relatorios en: http://encontros.tadega.net/congreso/programa Novas do Congreso Na TVG: Novas do Congreso Na Voz de Galicia: Ligazón á páxina da Voz de Galicia

II Congreso TADEGa, Ourense 2011

Ourense, 11 e 12 de febreiro de 2011 Prácticas dixitais na atención á diversidade Dende a nosa asociación prácenos anunciar o vindeiro II Congreso TADEGa que, baixo o título Prácticas dixitais na atención á diversidade, terá lugar os días 11 e 12 de febreiro de 2011 nun marco incomparable: Auditorio Municipal de Ourense. Notas de interese Toda a información relativa ao congreso (programa, obxectivos, inscricións, prezos, listaxes, etc.) figura actualizada na web do congreso que está no enderezo: www.encontros.tadega.net Aberto o prazo de inscrición Agardámosvos! Aínda non moi convencido ou convencida? Velaquí tes os contidos: Sistemas de Comunicación Alternativa e Aumentativa: DIVERTIC e TADEGa: Picaa, Aumentativa, Comunicación total… CATEDU: O portal Arasaac. Comunicador Persoal Adaptable (CPA). Máis aló das aulas: Blogs e comunicacións accesibles para usuarios noveis. Rexistro Fonolóxico en logopedia Refocas-Refogal. Atención á Diversidade e dispositivos móbiles. Contos fáciles para situacións difíciles. Alfombra de baile e outros trebellos dixitais. Comunicación dixital I: Adaptacións para a discapacidade visual. Actividades con LIM na aula. Proxectos TIC e Diversidade da Fundación Orange. Comunicación dixital II: Comunicador Persoal Adaptable (CPA). Proxecto Abalar e a Atención á Diversidade. Ponte nas Ondas (Radio Pontevedra, Ourense e Portugal). Dispositivos e adaptacións para a diversidade: DancePad, Rfid e outros trebellos dixitais. Proxecto IN-TIC. Tecnoloxías para persoas con diversidade funcional. Proxección do documental “María y yo”.

Obradoiros Lugo 2010

Xeitos de comunicación Era unha débeda que tiñamos fai tempo; o achegamento de TADEGa a terras lucenses. E así foi. Primeiro por terras de Viveiro compartindo con todos e todas experiencias dixitais no ensino. E agora lle toca aos xeitos de nós comunicar. O próximo día 10 de decembro, venres, coincidindo coa visualización do conto de Xandre en todos os centros de ensino galegos tal e como dimos conta no artigo anterior desta bitácora, ponse en marcha os Obradoiros 2010 de Lugo cunha serie de intervencións de interese. Para quen desexe máis información, xuntámosvos no seguinte enlace un documento en formato PDF coa información máis ao detalle e máis datos de interese. Non volo perdades: Enlace ao programa dos obradoiros de Lugo 2010 (en formato PDF). Persoas interesadas, contactar inmediatamente con Susana no enderezo: zuzi1983@gmail.com

10 de decembro, día mundial dos dereitos humanos

10 de decembro de 2010 Unha experiencia con Xandre nos centros. A inclusión como dereito educativo Celebrado o 10 de decembro dende hai tempo (1950, resolución 423-V da asemblea Xeral das Nacións Unidas), o día mundial dos dereitos humanos ten nos centros de ensino un espazo privilexiado mediante a realización de diferentes actividades. Así, o que as Nacións Unidas promulgaron pode tomar corpo nas nosas conciencias e nas nosas aulas. Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo sobre como se fixo Xandre feito cunha presentación de fotos dos distintos momentos. Ao longo da metraxe pódense ler letreiros que suman o seguinte texto: Como se fixo Xandre o elefante sen sombra. Con… moita ilusión, moito agarimo, moito traballo, e… altas doses de pracer estético. Non sería posible sen a colaboración de… Andrés Caamaño, Frank Eijo, Paco Díaz, Rafa Sánchez Agustino, Valentín Torrado, Xavi Seco, Ana, Antón, Luis, Manuel, Mariña, Mauro, Rosa, (e o grupo de Contos). Graciñas, TADEGa.net Dende a asociación TADEGa enviouse unha proposta a todos os centros do ensino galego: que o día 10 de decembro amosen nas súas aulas o conto: Xandre, o elefante sen sombra. Un conto adaptado, accesible e usable, para espertar en cada un de nós a necesidade da presencia de todas as persoas con ou sen discapacidades. Unha inclusión natural, un xeito de convivir, de ser e de estar. O conto, como sabedes, está nesta web de Xandre (e dentro del, ver menú principal O conto) así como as actividades, e incluso algún engadido máis (audios, vídeos, textos e debuxos para imprimir, etc.) Tamén se pode mercar a pulseira USB co conto xa grabado á que tamén se pode acceder dende o menú principal desta web. No caso de querer visualizarse directamente, recoméndase que uns días antes se probe nos mesmos ordenadores para deixar descargado todo o material previamente evitando así conxestións no ancho de banda cando todos os centros se conectasen á vez. Igual con tanto éxito tirades coa nosa web abaixo, estaría ben, pero faremos canto estea na nosa man para evitar todos os trastornos que podamos. Graciñas por ser e por estar.