Presentámosvos os primeiros obradoiros a desenvolver nista andaina online, que pretenden aportar solucións educativas tanto para alumnado con diversidade como para o emprego da tecnoloxía. Estes obradoiros son de balde para as persoas socias de TADEGA. Agardamos que sexa do voso interese, para suxerencias de futuros temas de obradoiros podes contactar a través de colaboracions@tadega.net Cargando…
Novidades 2020. 2ª parte
TADEGa estrena revista. O seu nome: ViTADEGa (sona algo así como as vitaminas de TADEGa, que sodes todos e cada un dos que axudades a construír isto. O seu propósito: compartir experiencias de valor.
Novidades 2020. 1ª parte
Ano novo, vida nova. Co motivo do novo ano 2020, TADEGa está de estrea: grupo e canle Telegram por un lado, e revista de experiencias polo outro. Atentos!
VI Congreso TADEGa. A Coruña 2019
Co Vi congreso TADEGa xa finalizado, tornamos este artigo do blog nun punto de enlaces aos materiais manexados no mesmo xunto coas novas básicas a el referidas.
MOOC: “Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional”
Estrea este 2019 cun MOOC o 14 de xaneiro na plataforma Miriadax. Condicións e datos na súa web: https://miriadax.net… O curso MOOC está composto por 4 módulos (un por semana) cunha dedicación horaria de 4 horas semanais por parte dos participantes. Módulos Presentación. Produtos e tecnoloxías de apoio. Ferramentas para a participación virtual. Software de programación doado parte I. Scratch. Software programación doada parte II. Makey-Makey. Profesorado Betania Groba González.
6ª edición de A Radio Conta por Asperga
A Radio Conta é un programa solidario realizado por oito radios públicas e privadas da Coruña. A iniciativa chegou en decembro de 2018 á súa 6ª edición, o sábado 29 de decembro ás 17:00 h no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Actuacións musicais, humor e convidados sorprendentes formaron parte desta emisión única, adicada no 2018 a visibilizar e difundir o labor de Asperga, a Asociación Galega de Asperger. Tres horas
Cursos para educadores. III Edición
Destinatarios Profesionais do ámbito educativo que traballan con persoas con TEA (Trastornos do Espectro Autista): mestres, educadores, orientadores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, coidadores, etc. Dende a asociación Asperga e da Federación Autismo Galicia. Achégannos esta información relativa a esta III edición dos seus cursos de formación 2019 especialmente pensados para educadores. Son 3 os cursos nesta edición, e con ilusión dámoslle difusión para todas as persoas interesadas. Curso I. Apoios visuais.
Convocatoria Asemblea de persoas socias de TADEGA
CONVOCATORIA DE PERSOAS SOCIAS DE TADEGA Polo presente correo, e conforme ao establecido nos estatutos desta asociación, alédanos anunciarvos e convocarvos a todas as persoas socias á asemblea xeral de TADEGa que terá lugar o vindeiro sábado 27 de outubro ás 10:10 horas en primeira convocatoria e, no seu caso, ás 10:30 horas en segunda convocatoria na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés; e coa seguinte orde do día:
GAMESP: Robótica para a inclusión
Os nosos compañeiros Érica Ordoñez e Felo Couto estarán co resto de membros do consorcio europeo GAMESP no curso: Utilización de robots e xogos virtuais para favorecer a inclusión e a atención á diversidade na escola. Será en Santiago de Compostela o vindeiro sabado 12 de maio https://t.co/Ya6Fj3bLC9 #robotica Inscricion a través de FPROFE G1702047, ou poñéndose en contacto ca Unidade de Programas Europeos da Xunta de Galicia (programas.europeos@edu.xunta.es), indicando
Obradoiro de gamificación 2018
O sábado 28 tivo lugar o obradoiro #TADEGAMIFICA no CEIP de Figueroa da Estrada. Foi unha mañá de xogo, aprendizaxe, debates e emocións. Cinco reinos perseguían unha alianza para loitar contra o dragón da desmotivación que os atemorizaba. Debían resolver as probas que se lle presentaban para conseguir facer efectiva esa unión. Así foi a búsqueda da alianza: Aquí podedes ver máis fotos do evento: #TADEGAMIFICA Grazas ao traballo colaborativo