Imos de estrea: “Vida”

Estamos moi ilusionados Onde: Auditorio Municipal de Ourense. Cando: xoves 25 de febreiro de 2016 ás 21:00 horas.A Que: A estrea do film de Rubén Ríos Vida e do documental Máis ca Vida Un grupo de xentes de TADEGa na súa representación, teremos o pracer de asistir convidados a esta estrea. Aínda non vos podemos anunciar moito máis porque aparte da estrea quedan moitas cabos que atar, pero é moi probable que ambos proxectos, TADEGa e Vida emprendan unha viaxe conxunta, histórica e mutuamente moi proveitosa. Sinopse de Vida Entre finais dos anos 60 e principios do ano 2000, entre o Ourense rural e o Ourense urbano, transcorren as vidas de dúas familias unidas polo destino. Nunha pequena aldea, unha familia humilde prepárase para un gran acontecemento familiar. O destino, as casualidades, as forzas fan dese momento tan esperado un verdadeiro calvario para uns e unha proba de vida para outros. Nun piso, no centro da cidade, a tranquilidade dunha nai vese truncada polo desexo dunha das súas fillas de querer voar soa. Pablo (38 anos) é un rapaz con discapacidade que actualmente traballa nos servizos de limpeza da cidade, empeza a valorar a posibilidade de emprender un soño en solitario. Elena (32 anos) é unha moza con discapacidade que se enfronta a unha proba vital para tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, na que entran en xogo vida, morte, paixón, egoísmo, medos e perdón. Pablo atoparase cun pasado cheo de ausencias e rancores que o prepararán para un futuro de perdóns e ilusións. Sinopse de Máis ca Vida Máis ca Vida recolle dende un enfoque realista e natural todo aquelo que de maneira indirecta contribuíu á creación da curtametraxe Vida. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse estes rapaces e rapazas de cara á rodaxe, en ligazón as súas testemuñas, sentimentos e reflexións. Todo elo cunha narrativa enteiramente positiva, saudábel e moi divertida. Estas experiencias vividas foron as determinantes para o desenvovemento do guión da curtametraxe que relata dunha maneira realista o día a día do mundo que os rodea. Os dous proxectos están estreitamente ligados ofrecendo un novidoso formato que transportará ao espectador a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidade destas dúas obras van collidas pola man. Enlaces de interese Enlace á web do proxecto: www.maiscavida.com Moita merda! Din que a xente cando desexaba sorte aos amigos que tiñan algo que ver cunha obra lles dicían aquelo de “Moita merda!” E non como sinal de insulto senón como sinal de moito éxito

Ler máis

Obradoiro “Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles”

Non hai entradas! Con Susana Lamela e Ana Mariño A verdade é que non contabamos cun éxito así; en apenas 3 días tivemos que pechar o formulario de solicitudes por encher o aforo deste centro que nos acolle. Sentimos as molestias que lle podamos causar as persoas interesadas en participar e que non se anotaran antes. Comprometémonos a deseñar estratexias operativas para repetir este obradoiro noutra ocasión antes de rematar o ano, previsiblemente para o vindeiro congreso TADEGa a se celebrar no derradeiro trimestre de 2015 e do que non tardaremos en darvos magníficas novas. Algúns traballos compartidos Queremos agradecer especialmente a Susana Lamela e a Ana Mariño, a súa xentileza por tan magnífico obradoiro e tamén por compartir o seu traballo. Deixamos aquí tamén a magnífica presentación que nos serviu de guía para o traballo do obradoiro. Dispositivos móbiles na aula from Mestra Primaria   From Obradoiro “Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con d. Posted by Tadega Net on 4/14/2015 (10 items) Generated by Facebook Photo Fetcher 2 Susana Lamela @sonhosdeandel http://sonmago.blogspot.com.es/ Ana Mariño @MestraPrimaria http://mestraprimariablog.blogspot.com.es/ Susana Lamela Fai agora un ano, no mes de marzo de 2014, nas xornadas Escol@tic.2014, tivemos a ocasión de coñecela. Presentaba unha experiencia coñecida como O mago unha experiencia de traballo colaborativo con tablets. Naquela ocasión gustounos e moito. Unha compañeira de infantil desenvolvendo experiencias creativas, innovadoras, de calidade. Agora quixemos que nos viñese a contar as súas experiencias, que son numerosas, plurais e enriquecedoras. Temos con nós, unha profe de a pé que traballa a cotío cos cativos de infantil, unha incansable entusiasta da tecnoloxía dixital como ferramenta a usar no seu desempeño diario, unha bloguera incasable que non cesa no seu empeño, e unha autora de libros recoñecidos por todos e todas. E ademais aquí, na súa terra natal de Pontevedra. E nós que andamos na procura de ferramentais dixitais que nos axuden no noso día a día educativo, ben que haberemos de atopar auga para esta sede. Só por abrir boca, vaian aquí unhas palabras que a crítica fai sobre un dos seus libros: Andeis baleiros aliméntase do mesmo territorio imaxinativo no que enraizara a súa anterior entrega: protagonismo infantil e marabilloso didáctico nunha trama na que os propios libros, as bibliotecas e o exercicio da lectura fían unha rede de relacións sorprendentes e moi entretidas. O obradoiro Temática: “Obradoiro para traballar os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles” Cando: 11 de abril (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: CEIP de Vilaverde – Mourente en Vilaverde, 9 – Mourente – (36164) Pontevedra.  Google Maps Inscrición: Cumprimentar o formulario que se

Ler máis

A letra “Sarakanda”. Ao fin realidade!

A letra “Sarakanda”. Ao fin realidade!

Toda unha sorpresa Levo dende o 25 de xaneiro de 2009 rastrexando na rede cada certo tempo na procura dun tipo de letra especial chamado Sarakanda. Todo a raíz da publicación nesta mesma web (https://tadega.net/?p=678) do artigo no que se falaba deste tipo de letra especial deseñado para facilitar a lectoescritura no alumnado afectado por dislexia. A letra SARAKANDA Trátase dun tipo de letra deseñado dun xeito moi especial para evitar ao máximo calquera tipo de confusión e un sinfín de detalles que se poden ler con calma no artigo citado e, cuxo deseño e creación, ten por autor a Alejandro Valdez Sanabria quen desenvolveu este traballo como a súa tese de grao. O caso é que estamos xa no ano 2013 e a procura seguía sen éxito ata que onte, e sen demasiadas pretensións apareceu unha pista nas pescudas da Internet: un enlace a un programa educativo coñecido como ADAPRO e con orixes algo curiosas como o ITER que ven sendo un acrónimo de Instituto Tecnológico de Energías Renovables das Illas Canarias, quen debeu patrocinar este proxecto, ou así cabe deducir da súa web. Notas aclaratorias Engadiremos neste artigo unha serie de enlaces para unha información máis en detalle. Por outra banda debo aclarar que o tipo de letra incluído no programa ADAPRO do que aquí se fala, e que leva por nome Sarakanda, ten un parecido moi notable ou é case idéntico na súa apariencia ao que Alejandro Valdez creou polo que cabe agardar que o programa ten a licenza correspondente. O programa ADAPRO O programa tamén é para non perdelo de vista: situándose no grupo de procesadores de texto simples preparados para visualizar indistintamente o propio texto ou o texto con pictogramas (neste caso os de ARASAAC) engadindo algunha funcionalidade extra bastante chamativa: Trátase dun procesador de textos multi-usuario (leva conta de múltiples usuarios para os que un terapeuta pode adaptar de diversos xeitos o seu funcionamento). Pensado especialmente para persoas usuarias con trastornos de aprendizaxe ou de desenvolvemento como a dislexia o autismo (así se traduce do inglés da súa presentación). As funcionalidades son moi chamativas: Instala no noso ordenador o tipo de letra Sarakanda de regalo. (A procura na que eu andaba). Programa de software libre: Mozilla Public License 2.0 (MPL-2.0). Consta dun procesador de textos adaptado con interesantes funcionalidades: Procesador co tipo de letra Sarakanda por defecto. Opción a automatización dos pictogramas de ARASAAC no procesador. Opción a colorear as letras: p, b, d, e q como reforzo en casos de dificultades por dislexia. Opción a cambiar a cor de fondo do texto. Inserción de 2 teclados

Ler máis