IX Congreso TADEGa. Lugo 2025

Imaxe alegórica do IX Congreso de Lugo 2025 inspirada no logotipo do metro de Londres.
Imaxe alegórica do IX Congreso de Lugo 2025 inspirada no logotipo do metro de Londres.

O primeiro DUA?

Henry Charles Beck, debuxante técnico inglés, creou o primeiro mapa esquemático do metro para Londres en 1931. Grazas a súa xenialidade, hoxe os metros do planeta adoitan esta aparencia esquemática e son entendidos e a pesar da complexidade do que representan. Vaia aquí esta homenaxe cos contidos deste congreso TADEGa como guía visual do complexo mundo da diversidade, e de como navegar nós, incluíndonos nela.

Datas e datos

  • Onde: CEIP Anexa e Facultade de Formación do Profesorado — USC — Lugo.
  • Cando: 7 e 8 de Novembro de 2025.
  • Homologación: Certificación da USC. Homologación 15h Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional como actividade de formación permanente do profesorado.
  • Aforo: 150 persoas.

Programa

Venres 7

  • 16:30 — 17:00. Recollida de documentación. (Localización).
  • 17:00 — 17:15. Benvida e inauguración. Salón de actos.
  • 17:15 — 18:30  Inclusión e Diversidade: Lucia Alvarez. Salón de actos.
  • 18:30 — 20:00. Obradoiros e seminarios I.    
  • 20:00 — 21:30. Obradoiros e seminarios II.   
  • 22:00. Cea + asemblea aberta (opcional).

Sábado 8

  • 09:30 — 11:30. Obradoiros e seminarios III.
  • 11:30 — 12:00. Pausa café.
  • 12:00 — 14:00. Obradoiros e seminarios IV.
  • Pausa Xantar.
  • 16:00 — 18:00. Obradoiros e seminarios V.
  • 18:00 — 18:30  Descanso.
  • 18:30 — 20:15. Mesa redonda.
  • 20:30. Clausura. Salón de actos.

Obradoiros e seminarios

  1. O currículo non morde: mellor compás que castigo. (Laura Adela).
  2. Educación emocional: moda ou necesidade? (Susana Vales).
  3. STEAM: Coser con-ciencia. (Fátima Reino).
  4. Facilitando a comunicación e a linguaxe con AstericsGrid (Susana Fernandez).
  5. A radio como instrumento integrador. Rede Espora. (Luis Losada).
  6. Accesibilidade nos Polos Creativos. (Felo Couto).
  7. Aplicacións da Intelixencia Artificial no día a día docente. (Adrián Loureda).
  8. Filosofía para nenas e nenos. (Marisela Gutiérrez).
  9. Responsabilidade penal dos/as menores. (Carlos Fernández).
  10. Videoxogos, accesibilidade e inclusión. (Pablo Gayo).
  11. Falemos de sexo: Sexualidade e consumo de pornografía en menores. (Lucía Pereda e Rubén Senra)

Inscrición e prezos: bit.ly/inscricioncongresotdg25

Materiais de obradoiros e intervencións: https://bit.ly/materiaistdg25

Contacto: congresotadega@gmail.com

Compartir esta publicacion