IV Congreso TADEGa. Vigo 2015. Actualizado 7/12/15

IV Congreso TADEGa. Vigo 2015. Actualizado 7/12/15

Avisos importantes Documentación que deberás traer ao congreso Acabamos de emitir ás persoas inscritas no congreso un correo no que se vos solicita un ou dous documentos segundo sexa o teu caso. Por favor léedeo con calma e seguide o que alí se indica para facilitar o trámite da homologación por parte do MECD. Graciñas. Marca os teus obradoiros favoritos Accede ao formulario no que seleccionar os teus obradoiros favoritos. O enlace ao formulario o tes no teu correo electrónico que enviamos a todos os participantes. Se non o atopas, mira na carpeta do SPAM non vaia a ser que o teñas alí. Listaxe das persoas inscritas Lembrade que nesta web tedes o enlace a relación de persoas inscritas (opcións de menú tanto na barra superior como na lateral dereita), de todos modos aquí tedes o enlace: https://tadega.net/?p=5080 Presentación do congreso Cumprindo co compromiso de celebrar o noso congreso bianual, queremos compartir os contidos e as sorpresas que nos agardan neste novo Congreso, por certo, máis práctico aínda (tal e como solicitabades nas enquisas) e con máis espazos para os obradoiros. Inscrición Tedes ao voso dispor o formulario de inscrición. https://goo.gl/N6MXYS Concurso Entre outras novidades, lanzamos este concurso. Chámase Faino ti na que os centros se poden presentar a un suculento premio con gala final no propio congreso. Precisamos espallar esta nova polos centros e as vosas veciñanzas: I Concurso de Ideas de creación 3D Faino ti Trátase de levar á aula proxectos educativos que impulsen a innovación e que, para implantalos, sexa necesaria a utilización da Impresión 3D. https://tadega.net/wp-content/uploads/2015/07/convocatoria_3d_tadega_galego.pdf Os Centros interesados recibirán un material de apoio para o profesorado para introducir a impresión 3D na aula e os seus procesos. Agardamos os vosos comentarios e… animádevos a participar! Programa IV Congreso TADEGa. Vigo 2015 Diversidade, Universo dixital e Inclusión Lugar Vigo. //Afundación. Sede Afundación. Policarpo Sanz, 24 – 26, Vigo. Galería de imaxes http://www.afundacion.org/es/centro/centro_social_afundacion_vigo Datas e datos 11 e 12 de Decembro de 2015. Certificación do MECD (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte). Certificación da Consellería de Cultura, Educación e OU (en trámite). Certificado adicional de publicacion dixital ISSN por comunicacións libres e obradoiros. Inscrición: https://goo.gl/N6MXYS Programa VENRES 11 DECEMBRO 16.30 a 17.00: Recollida de documentación. 17.00 a 17.15: Benvida e inauguración. 17.15 a 18.30: Mesa redonda: Conflitos de inclusión: óptica lexislativa e solucións. Mª Cruz da Silva Rubio. Venancio Graña Martínez. Mª Luz López Díaz. Mª Esther Núñez Pintos. Ánxeles Rivela Machado. 18.30 a 18.45: Descanso. 18.45 a 19.30: Relatorio: Tecnoloxía incluínte e inclusiva Miguel Ángel Valero Duboy, Director do  CEAPAT – IMSERSO, Ministerio de Saúde, Servizos Sociais e Igualdade. 19.30 a

Ler máis

Inscrición bonificada ata o 22 de novembro

Inscrición bonificada ata o 22 de novembro

Non esquezas a túa cita!! 22 Novembro 2015 Queres coñecer como empregar os procesos de Gamificacion na aula? Aplicas as novedades da Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía? No obradoiro de tablets, descubrirás as metodoloxías mais axeitadas Queres unha impresora 3D para a túa aula? Participa niste sinxelo concurso Apetéceche montar na práctica un robot para a aula? E MOITAS MÁIS SORPRESAS… Lembra que a partir deste día a inscrición no IV CONGRESO TADEGA, increméntase en 15 € https://goo.gl/N6MXYS

Previo do IV Congreso TADEGa. Vigo 2015

O vindeiro IV Congreso TADEGa a se celebrar en Vigo terá lugar os días 11 e 12 de decembro de 2015 e, ao seu carón, quixeramos pedirvos axuda e colaboración nesta andaina que pretendemos compartir con todos vós e que nos axudedes a difundilo. Datos previos Evento: IV Congreso TADEGa. Vigo 2015 Con corazón: Diversidade, Universo dixital e Inclusión Lugar: Vigo. //Afundación. Sede Afundación. Policarpo Sanz, 24 – 26, Vigo. Datas: 11 e 12 de decembro de 2015. Acreditación: Certificacion do MECD (Ministerio de Educación, Cultura y Deporte) así como certificado adicional de publicacion dixital ISSN por comunicacións libres e obradoiros. Contidos Os máis puntuados nas anteriores avaliacións: Tablets e dispositivos móbiles Android. Novidades PictoAplicaciones.com – www.pictoaplicaciones.com Construción de elementos de baixo custe. CEAPAT – www.ceapat.es Emprego creativo das tablets na aula e apps para o curriculum. Obradoiro Robótica e Arduíno. Bricolabs TEAM – bricolabs.cc sites.google.com/site/sitiotuchomendez http://escornabot.com/web/gl/what Actividades e productos de apoio. Acceso alternativo ao ordenador, tablets e teléfonos. Programación nas escolas: AppInventor http://www.cpeig.org/portal/node/2376 Impresión 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía persoal. Resolución de conflictos en el aula centrado en solucións. Precisamos Persoas que colaboren no comité organizador do Congreso (Ver Congreso 2013). Propostas de comunicacións libres e temáticas para obradoiros (Ver formulario). Patrocinadores do Congreso. Propostas de comunicacións libres e temáticas para obradoiros Convidamos a todas as persoas que desexen participar a que nos envíen unha proposta para presentar o seu traballo, ben sexa unha comunicación libre, obradoiro ou coloquio, abordando a diversidade no ensino e o emprego de tecnoloxía. (Emprega o formulario) Patrocinio do Congreso TADEGa oferta oportunidades para as organizacións ou grupos que así o desexen ofrecer patrocinio aos nosos congresos. Enfócase a aquelas organizacions interesadas que estean relacionadas coa temática do congreso e que esteann dispostas a conectar co congreso e coa súa comunidade. Podemos axudarlle a aumentar a visibilidade da súa organización e produtos dentro da nosa comunidade e a súa organización ou empresa dentro da nosa comunidade de profesorado comprometido e entusiasta, estudiantes, familias e usuarios. Os paquetes de patrocinio do Congreso combinan a visibilidade antes do evento e o máximo impacto durante o Congreso. Para as organizacions ou empresas que desexen dirixirse a un día específico, no material entregado, ou nos eventos sociais durante el congreso, o patrocinio individual é unha opción moi atractiva. Isto lle permite á súa organización elexir o nivel desexado de participación e de visivilidade perante aos asistentes do Congreso. Outra razón clave é establecer contactos persoais e achegar organizacións e empresas ao mundo do ensino a través dun networking e compartir en rede con outros profesionais os eventos sociais así como a cea de gala do congreso,

Ler máis

Aviso para centros docentes

Aviso para centros docentes

Obra Nos meus zapatos Os centros docentes adoitan facer unha programación de actividades especiais a desenvolver ao longo do curso. Acontece ás veces que xurde no medio do curso unha oportunidade para acceder a desenvolver algunha actividade de interese. Este sería o caso, moi especialmente para o derradeiro ciclo de primaria e primeiros cursos de secundaria. Unha obra para reflexionar. Trátase dun espectáculo de danza contemporánea titulada Nos meus zapatos programada para o 8 de abril ás 11:00 en Santiago de Compostela, no Auditorio Obra Social Abanca (Rúa Preguntoiro, 23). Forma parte da programación para escolares de Afundación, dirixida a centros de ensino que leven a grupos de alumnos; o auditorio ten case 700 butacas, das que polo de agora só están 50, polo que facemos este anuncio por se algún centro estivese interesado e lle encaixase nesa data. Achégase a unidade didáctica sobre este espectáculo co que se quere contribuir á sensibilización do alumnado sobre a diversidade funcional, favorecer a igualdade de oportunidades no entorno escolar, traballar sobre a empatía e favorecer a percepción das diferenzas como algo positivo en enriquecedor. Enlaces Guía didáctica para traballar na aula sobre a obra Nos meus zapatos IGUALARTE. Para os centros interesados en toda esta temática e estilo, non desboten unha ollada a este catálogo: http://escolares.afundacion.org/peticions/ficheros/09_01_2015_08_01_25_escolares__compostela_2014_(2).pdf

Fotografía e danza de xeito inclusivo

Unha axenda inclusiva para Vigo e máis cidades galegas Toma nota dos seguintes datos: Laboratorio de fotografía Di-versión-arte Sábados 11, 18, 25 de abril e 9 de maio. Horario de 10 a 14 horas. Sede Afundación Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26. Un obradoiro pouco convencional, poderás retratar a túa persoal visión do mundo, co foco na realidade que máis che interesa, libre de prexuizos e apriorismos. Persoas con diversidade funcional ou calquera persoa con interese na fotografía, ou no uso das artes como ferramenta de inclusión social. Cada participante deberá traer cámara de fotos dixital (compacta ou réflex). Máximo 15 asistentes. Exposición fotográfica + Performance de danza Igualarte Do 11 ao 27 de xuño. Entre as 17:30 e as 20:30 horas. Sede Afundación Vigo. Rúa Velázquez Moreno 18 (Sala de Exposicións II) Por que? Boa pregunta: lendo na información que se nos achega, e á vista dos resultados desta mesma actividade desenvolta noutros lugares galegos, atopámonos con singularidades que moito nos gustaría foxen xeralidades: unha actividade dirixida a todo tipo de poboación e con especial sensibilidade ás persoas con diversidade funcional sen entrar a valorar se tal o cual discapacidade. Unha escolma ben feita de actividades aptas para todos e todas sen exclusións, accesibles, sen máis. O dito, unha actividade singular que moito nos gustaría que deixase de selo para converterse en xeralizada, tan inclusiva que nin se anuncia como tal. //Afundación Así é o nome da entidade que promove as iniciativas que aquí se amosan, a se celebrar en Vigo nos vindeiros meses e que poderían ser de interese. Esta institución defínese así mesma na súa web como: A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) (…) A nosa misión é a realización dunha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela. (…) O noso máximo órgano de decisión é o Padroado no que están representados ABANCA, o noso único mecenas, as sete principais cidades galegas, o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e os traballadores… Información adicional Nestes anexos que xuntamos en formato PDF poderedes ter información adicional incluíndo o xeito de vos inscribir se vos interesa: Díptico informativo achegado por Afundación [Enlace 1]. Formulario de inscrición con información adicional [Enlace 2].

III Xornadas Por Dereito 2014

III Xornadas Por Dereito 2014

Novo curso, novos folgos Ben, xa abonda de vacacións e relaxing… toca porse as pilas. Reanudamos a nosa liña 2014 de obradoiros, xornadas e encontros. Desta volta para anunciarvos as III Xornadas Por Dereito 2014. E isto é o que nos conta a presidenta desta asociación e socia e amiga de TADEGa: A asociación de familias e amigos de persoas con trastorno do espectro austista, Por Dereito, temos organizadas unhas novas xornadas (e xa van tres!) que se celebrarán no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 18 de outubro. Este ano leva por título “Pensando no adultos e nos pequechos con TEA”, coa intención de despexar dúas incógnitas: Que vai ser dos nosos fillos cando cheguen á idade adulta? Que aplicacións para tablets e ordenadores lles poden facilitar a aprendizaxe e mellorar o coñecemento e a relación co seu entorno? Para isto contaremos con poñentes que proceden de distintos puntos da península: Ávila, Burgos, Madrid, Oviedo e Barcelona, pero tamén contaremos con xente de Galicia. E que proveñen dende distinto tipo de organizacións: asociacións de autismo, fundacións, empresas… Tedes toda a información no tríptico e no cartaz que elaboramos para esta ocasión Somos cada vez unha familia mais grande, mais de 100 socios espallados por todo o territorio galego e que estamos unidos por uns obxectivos moi concretos e ambiciosos dentro do noso proxecto formativo: facer que se coñezan cada vez mais as particularidades das persoas con autismo, demostrar que a inclusión é posible e formar e informar a esta sociedade da que as persoas con TEA tamén forman parte. Ben pois dende TADEGa vos queremos animar a participar neste evento, sen dúbida do máis interesante. Documento 1: Tríptico III Xornadas Por Dereito Documento2: Cartaz das III Xornadas Por Dereito

Verdades e mentiras da inclusion (Resumo)

Verdades e mentiras da inclusion (Resumo)

Despois da Xornada que celebramos en Lugo “Verdades e mentiras da inclusión”, xerouse un montón de materias e ideas na cabeza coa Cea Coloquio Preténdese coa temática Verdades e mentiras da Inclusión un debate sen asperezas pero tamén sen rodeos sobre a inclusión e, por extensión, a inclusión dixital. Pretendemos ademais non quedarnos só nos lamentos, senón chegar a conclusións prácticas de cara ao futuro; sendo este acto o noso broche de fin de curso da asociación, pero agardamos dar un pasiño mais entre todas e todos con istas preguntas, ainda por respostar   Verdades e mentiras da inclusion from tadega “Xornada 6 de Xuño Lugo” From Verdades e Mentiras da Inclusion. Posted by Tadega Net on 6/09/2014 (Showing 17 of 52 items) Generated by Facebook Photo Fetcher 2

Verdades e mentiras da Inclusión

  Atención, novas de última hora: Ante as reiteradas peticións para asistir á xornada pero sen participar na cea coloquio, ábrese esta posibilidade para quen o desexe (non o aconsellamos) e para a que o prezo de inscrición será de 10 euros. Axúdanos a difundir Descarga o cartaz e programa, imprime e compárteo no teu centro. Graciñas. Cando? Venres 6 de xuño. Onde IES Lucus Augusti, Lugo Ligazón a Google Maps. Inscricións Ligazón ao enlace de inscrición: tadega.net/arquivos/3792 Programa 17.30 h. Presentación.  17.45 h. Mesa I. Procurando respostas.  Inspeción educativa Equipo directivo Titoría 18:40 h. Mesa II. Procurando respostas.  Na mirada dos irmáns. Na mirada do alumnado de Maxisterio. 19:10 h. Descanso. 19:30 h. Mesa III. Procurando respostas.  Javier Martín Betanzos. Profesor. Ángeles Fernández Núñez. Presidenta de Capaces Lugo. Feliciano J. Couto Escanciano. Maestro especialista en educación especial. Iago Santalla. Educador social, posgrao en Servizos Sociais, doutor en Humanidades. Branca Nazaret Guerreiro. Orientadora. Cuca da Silva Rubio. Presidenta de Por Dereito. 21:30 h. Cea coloquio. Restaurante O Xugo.  Presentación: Manuel Ángel Romero. Cea. Debate de sobremesa. Información adicional Os 22 euros do prezo de inscrición inclúen a cea no restaurante e os diversos gastos (non todos) da organización das xornadas tanto para persoas socias como non socias, polo que ambas partes (xornadas no instituto e cea coloquio posterior no restaurante) son indivisibles. Quen desexe abonar anticipadamente o prezo de inscrición pode facelo na conta bancaria da asociación c/c Nº 2080-5162-22-3040010397. Indicando claramente o Nome, apelidos e DNI da persoa que se inscribe así como o concepto Xornadas TADEGa de xuño en Lugo 2014.. Os espazos de debate, exposición e reflexión están milimetricamente deseñados polo que a puntualidade en todos eles será unha característica imprescindible. A hora de remate da cea non está fixada xa que depende en todo caso do que se alongue o debate da sobremesa. Dúbidas? contactar@tadega.net 

TADEGa premio e-Inclusión do CPEIG

TADEGa premio e-Inclusión do CPEIG

Premio e-Inclusión Estamos de noraboa, a revista Código Cero, o Cluster TIC Galicia, La Voz de Galicia… fanse eco dunha novidade de alto interese para todas e todos nós: o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), vén de facer público o recoñecemento a nosa asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) coa concesión do premio e-Inclusión. No seu comunicado do luns 5 de maio indícanos ademáis: A Xunta de Goberno valorou o traballo realizado para eliminar a fenda dixital e a prol do desenvolvemento das persoas con diversidade funcional. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de facer público o recoñecemento a TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) coa concesión do premio e-Inclusión. (…) Este galardón representa unha novidade dentro dos premios anuais que o CPEIG entrega na Noite da Enxeñaría en Informática, que este ano se celebrará o día 13 do mes de xuño. O CPEIG recoñece mediante o premio o traballo desenvolvido por TADEGa a prol da eliminación da fenda dixital que frea o desenvolvemento das persoas con diversidade funcional. O colexio comparte coa asociación premiada o seu ideario, no sentido de que considera a accesibilidade das TIC vital e base para que os sectores máis febles da sociedade poidan acceder a todos os contidos, servizos e oportunidades coma o resto da cidadanía. Asemade, o CPEIG valora que a asociación promova a inserción e o aproveitamento das TIC no ensino galego e alí onde se prestan servizos de atención á diversidade, ademais da investigación, fomento e deseño das ferramentas e os métodos para obter o mellor proveito da tecnoloxía dixital e a súa inmersión nas aulas. Satisfacción e responsabilidade Para esta asociación é unha emoción contida de alegría e satisfacción recibir un galardón de tal calado e significación. Implica un recoñecemento que a sociedade fai a un número enorme de persoas implicadas nunha educación máis auténtica e acorde cos principios fundamentais dos dereitos das persoas á vez que tamén co novo milenio dixital que entre todas e todos nos estamos outorgando. A transición dunha escola afastada destas realidades a unha escola dixital e inclusiva non é doada nin sinxela, menos aínda desde dentro dela, e neso estamos e por iso apostamos. Agora ben, un premio non debe ser nunca nun balsámico recoñecemento a un traballo ben feito; é ante todo, un estímulo e un compromiso máis firme para que os obxectivos marcados, por utópicos que podan xulgarse, se acaden nunha liña de horizonte realista á vez que temperá. Nelo estamos. E como adoitamos dicir na propia asociación:

Ler máis