Presentación
Dende diferentes ámbitos como a Cultura con CampUSCulturae, ou a Educación coa asociación TADEGa, síntese con apremio a necesidade de que Educación, Cultura e Sociedade fagan unha aproximación moito máis atinada e intensa ao mundo da diversidade co ánimo de facer efectiva unha inclusión que non acaba de saír dos libros para chegar aos fogares e ás escolas; que nos está tardando moito porque moitos dos seus esforzos non camiñan dende os enfoques axeitados ou non acadan unha conexión plena coa sociedade actual. A tecnoloxía dixital vén ademais a influenciar todo esta estrutura: dende ás oportunidades ata o acceso á cultura, dende a mellora comunicativa ata a interculturalidade que promove. Chega pois o momento deste congreso cunha converxencia nunca antes vista nesta procura que nos ocupa.
Estilo
Con tal motivo e nun traballo simbiótico e conxunto con CampUSCulturae, traemos esta oferta de congreso, pero non un congreso calquera.
- O protagonista non é a ferramenta (dixital ou non), é a persoa.
- A inclusión como obxectivo: o que non é para todos, non serve.
- A accesibilidade e usabilidade como condicións imprescindibles. O que non é accesible, impide a inclusión.
- A atención á diversidade é un reto, precisa axuda, e o obxectivo é brindala.
Obxectivos
Parten das 4 necesidades básicas detectadas:
- Formación no aproveitamento do dixital e na atención á diversidade.
- Encontros para o intercambio de experiencias e recursos.
- Promoción dos valores da inclusión, da accesibilidade e da usabilidade.
- Investigar no desenvolvemento de ferramentas e servizos de utilidade.
III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013.
Inclusión e Cultura DixitalCando
- 8 e 9 de novembro de 2013.
Onde
- Facultade de CC da Comunicación. Santiago de Compostela.
Organizan
- Asociación TADEGa
- CampUSCulturae
Colaboran
- A Universidade de Santiago (USC).
- Revista Educación 3.0
- BJ-Adaptaciones.com
- Pictoaplicaciones.com
Como
- Na xornada do venres, abrimos o apetito con reflexión e controversia:
A irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos(Mónica Arenas Ramiro).- Mesa redonda:
Fracasa a Atención á Diversidade?
- Mª Cruz Da Silva Rubio. Presidenta da asociación
Por Dereito– pordereito.blogspot.com.es- Irene García García. Coordinadora de CampUSCulturae – campusculturae.usc.es
- Francisco Javier Soto Pérez. Asociación Divertic – divertic.org
- Manolo Rey Fernández. Mestre e orientador e asesor na Consellería de Educación.
- Yolanda Barallobre Ferreño. Xefa do departamento de Organización escolar e Diversidade do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) – www.edu.xunta.es/web/cafi
- Ana Franco Vázquez. Profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral), no IES Sanxillao, Lugo.
- Juan José Fernández García. Presidente de TADEGa. – tadega.net
- Actividades de inclusión a través da danza INTEGRA2 – campusculturae.usc.es (Miguel Gendre)
- Na xornada do sábado teremos 3 sesións de obradoiros simultáneos para que as persoas asistentes elixan libremente 3 títulos do seu interese de entre múltiples posibilidades:
- Obradoiro ACCEGAL – www.accegal.org (Fátima Mª García Doval).
- Plataformas escolares Edmodo – www.edmodo.com (Antonio Garrido de la Guía – www.antoniogarrido.es)
- Tablets e dispositivos móbiles Android. (Iago José Corral López).
- Dispositivos móbiles Android e automatización de tarefas mediante NFC. (Iago José Corral López)
- Experiencias de traballo con ANEAE na aula. (Yolanda Fontán Fernández).
- Comunicación total. Proyecto Habla Signada. Asociación Divertic – divertic.org (Emilio Ivars Ferrer).
- Proxecto Sígueme – www.proyectosigueme.com (María José Rodríguez Fórtiz).
- Proxecto PictoAplicaciones.com – www.pictoaplicaciones.com (Gonzalo García Figueroa).
- Obradoiro de solucións personalizadas con Arduíno – www.arduino.cc/es Bricolabs TEAM – bricolabs.cc (Tucho Méndez – sites.google.com/site/sitiotuchomendez, Andrés Diz e Rubén Fernández).
- Construción de pulsadores. CEAPAT – www.ceapat.es (Roberto Gaitán Cazorla).
- Adaptación de xoguetes. CEAPAT – www.ceapat.es (Roberto Gaitán Cazorla).
BJ Adaptaciones– www.bj-adaptaciones.com (Gil Barrero Llano).- Na clausura actuación de María Fumaça – http://youtu.be/KnA4Pc0ofAs.
Horarios
Venres
- 16.30 – 17.00: Recollida de documentación.
- 17.00 – 17.30: Benvida e inauguración.
- 17.30 – 18.30: Relaotrio:
A irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos(Mónica Arenas Ramiro).- 18.30 – 20.00: Mesa redonda:
Fracasa a Atención á Diversidade?- 20.00 – 21.00: Actividades de inclusión a través da danza INTEGRA2 (Miguel Gendre)
Sábado
- 09.30 – 11.30: Obradoiros simultáneos I.
- 11.30 – 12.00: Descanso.
- 12.00 – 14.00: Obradoiros simultáneos II.
- 14.00 – 16.00: Descanso.
- 16.00 – 18.00: Obradoiros simultáneos III.
- 18.00 – 18.30: Descanso.
- 18.30 – 19.30: Reflexións dos obradoiros e conclusións finais.
- Actuación de María Fumaça.
Prezos
Como actividade sen ánimo de lucro o que se cobra é máis simbólico que real para sufragar (só en parte) os gastos de relatores e organización (ver formulario de inscrición).
Comité científico
- Blanco Corral, Maria. Mestra de educación infantil, dirección de TADEGa.
- Couto Escanciano, Feliciano José. Mestre de educación especial, dirección de TADEGa.
- Domínguez Besada, Ana Belén. Mestra de audición e Linguaxe, dirección de TADEGa.
- Fernández Carreira, Susana. Mestra de audición e linguaxe, dirección de TADEGa.
- Fernandez Gacia, Juan José. Mestre de primaria. Presidente de TADEGa.
- García García, Irene. Coordinación de CampUSCulturae.
- Junquera Méndez, Mª Belén. Mestra de inglés, dirección de TADEGa.
- Mayo Pais, Mª Emma. Profesora asociada da Universidade Internacional de la Rioja, doutora en psicoloxía pola USC, dirección de TADEGa.
- Neira Cruz, Xosé A. Escritor, coordinación de CampUSCulturae.
Comité organizador
- Acuña Abalde, Uxía. Mestra de educación infantil.
- Blanco Baluja, Susana Marina. Orientadora na ESO.
- Couto Escanciano, Feliciano José. Mestre de educación especial, dirección de TADEGa.
- Da Silva Rubio, Mª Cruz. Mestra de educación primaria, presidenta de PorDereito.
- Fernández Carreira, Estevan. Mestre de educación infantil.
- Fernández Fariñas, Nuria. Mestra de educación infantil.
- Fernández Fernández, Alejandro. Mestre de audición e linguaxe.
- Franco Vázquez, Ana. Profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral).
- Herrera López, Santiago. Mestre de educación primaria.
- Ivars Ferrer, Emilio. Dirección de Divertic e TecnoNEEt.
- López Díaz, Mª Luz. Mestra de pedagoxía terapéutica.
- Míguez Mato, Francisco Javier. Mestre de pedagoxía terapéutica.
- Moura Barros, Carolina. Mestra de audición e linguaxe.
- Nicolás Giménez, Patricia. Mestra de educación infantil.
- Nieto Castro, María Belén. Profesora de atención a personas dependentes, traballadora social.
- Orol Méndez, Ermitas. Mestra de audición e linguaxe.
- Pena Barbeito, Patricia. Mestra de educación primaria.
- Roo Mayo, Elena Vanesa. Mestra de pedagoxía terapéutica.
- Soto Pérez, Francisco Javier. Dirección de Divertic e TecnoNEEt.
Co noso estilo característico
- Preténdese un aire festivo cun formato áxil e novidoso.
- Contidos prácticos que poder levar e usar nas aulas.
- Non haberá certificación homologada. Como moito un
non título lúdicotipoEu estiven aquíen lembranza do evento e con selo europeo.- Centros de interese:
- A idea: festexar a inclusión: natural, enriquecedora e única opción lexítima.
- Ferramentas dixitais, experiencias de aula, proxectos innovadores, etc.
- Achegas das TIC facilitadoras da inclusión.
- Achegas: das familias, dos usuarios, das asociacións e do empresariado.
Onde me inscribo?
As persoas interesadas en participar, dispoñen de toda a información necesaria nesta web: (menú superior, opción
encontros, apartadoCongresos TADEGa, subapartadoIII Congreso. Santiago 2013e alí poden escoller entre o programa, o formulario de inscrición e as listaxes de persoas admitidas.Inscricións: https://tadega.net/?page_id=3650