Recursos en la red sobre juguetes

(Aviso: artículo en castellano, artigo en castelán)-[es] [D-271] Desde el colectivo Adiante Xa con el que se puede contactar por correo electrónico en la dirección adiantexa@yahoo.es intentamos hacer al menos una campaña anual que procuramos coincida en el tiempo con el espíritu comercial de la Navidad en la que asesoramos a personal de guarderías y escuelas infantiles sobre las distintas posibilidades que nos ofrece el mercado español. Les hacemos llegar la Guía del Juguete Accesible, que está muy bien hecha y es gratuita, del Instituto Tecnológico del Juguete. Previamente, hemos colaborado en su elaboración asesorando, evaluando y validando los juguetes que se venden en cualquier área comercial y viendo los diferentes usos que se pueden hacer por un niño con diversidad funcional sensorial (visual, auditiva, motórica,…) Lo hacemos así por varias razones: Por supuesto, pensamos que los niños con diversidad funcional son, antes que diversos, niños: por tanto no hay que buscar juguetes especializados que se encarecen extraordinariamente y además segregan. Una vez más, lo que debemos hacer es crear juguetes universales. Esos juguetes existen: una muñeca de trapo con tactos diferentes o un kit magnético para un niño no vidente, el Mr. Potato o Mi perrito guay o el Come Games o… para una niña con parálisis cerebral, los monos saltarines o Pintacamisetas para un chaval no oyente… El problema es que aún nos falta mucho trecho para esa cultura universal que no nos rasa como individuos. Si logramos que una guardería reflexione sobre aquellos juguetes que incluyen a todos sus pequeñajos, que un aula de educación infantil sienta la necesidad, al hacer su pedido de material, de garantizar que las necesidades de todos sus educandos se vean reflejadas, si unos padres ven que pueden optar por unos Reyes Magos accesibles para su sobrinita, estaremos en el buen camino. Si logramos incrementar la demanda de determinados juguetes que cumplen nuestros criterios, se abrirá una brecha de mercado potencial (¿qué está ocurriendo empresarialmente con el mundo de la tercera edad?), se abaratarán precios y por tanto dejaremos de penalizar económicamente a los niños distintamente capacitados. Hagamos que aquello de ningún niño sin juguete sea cierto también para ellos. Y ¿por qué no? Si tenemos, por ejemplo, un parchís electrónico en nuestra aula, no tenemos que comprar otro especial para nuestro niño con problemas de movilidad ni tampoco un pulsador ultrasofisticado y megacaro: nos fabricamos uno con una esponja de baño o la cajita de nuestro reloj, le colocamos un jack al parchís para conectarlo, y ya está. Algunas referencias de interés www.center4creativeplay.org Información sobre juegos adaptados. Este sitio contiene abundante información para

Ler máis

SMS accesible

[D-265] O SMS Accesible foi avalado polo CIDAT (Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica) da ONCE. Sisco Sapena, Director Executivo de Lleida.net: por primera vez los ciegos son capaces de leer los SMS. Carmen Ferández da ONCE–CIDAT: Ahora podemos acceder a los SMS por medio de esta web como lo podría hacer cualquier ciudadano” Madrid, 8 de novembro de 2007. Lleida.net, A primeira operadora de SMS de España, presentou en rolda de prensa no SIMO, unha páxina web que permite aos invidentes enviar e recibir SMS. Esta web accesible foi avalada pola ONCE, a través do seu Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica, o CIDAT. O SMS accesible é unha versión accesible desenvolta polo departamento de I+D de Lleida.net, que está adaptada ao JAWS (software utilizado polos invidentes que da voz á información aparecida na pantalla), e que permite aos invidentes enviar SMS e poder ler as mensaxes de texto entrantes na web. A representante da ONCE–CIDAT subliñou: Este es un servicio que ellos han puesto en marcha y que puede usar cualquier ciudadano y que además nosotros (invidentes) también podemos porque en Lleida.net han seguido unas pautas de accesibilidad que existen y que hacen que las webs sean accesibles y puedan ser utilizadas por cualquiera. Para nosotros es de vital importancia porque hay todavía muchas páginas webs que no cumplen esas pautas. E o Director Executivo de Lleida.net, Sisco Sapena: Hoy es un día muy significativo para Lleida.net, porque podemos enseñar en público un proyecto que lleva más de un año de trabajo y que se ha traducido en que todos nuestros servicios tengan una cobertura y una accesibilidad lo más universal posible y por lo tanto la ilusión de que sean útiles para todos y sobre todo para los colectivos que más lo necesiten, como es en este caso el colectivo de invidentes y de sordo-ceguera.

TADEGa: Asociación sen ánimo de lucro

TADEGa: Asociación sen ánimo de lucro

[D-269] As II Xornadas TADEGa 2007 tiveron lugar o sábado 15 de nadal en Santiago de Compostela co obxecto principal de constituirse como Asociación e definir as liñas estratéxicas de actuación para os anos 2007 e 2008. Acordouse constituírmos como asociación, os membros da xunta directiva, o establecemento das cotas para os socios, e a planificación dos obxectivos máis inmediatos: Realización dun curso sobre accesibilidade web, establecemento dun acordo con aumentativa.net para facilitar o acceso dos socios de TADEGa a esta plataforma, así como melloras no acceso e na estructura da web para darlle maior usabilidade e dinamismo incluíndo un recuncho de axudas TIC urxentes (as receitas da aboa) para docentes inmersos na atención á diversidade. Ao fin! somos asociación cunha veintena de socios e con gañas de darlle a volta ao uso das TIC na atención á diversidade. Información detallada Ao longo destes días iremos colocando no enlace seguinte os distintos documentos, textos, presentacións, etc. nos que se explican polo miudo todo o acontecer destas xornadas que, ao noso xuízo foron altamente positivas. Enlace con información detallada. FELIZ NADAL!

Vocaliza, un programa logopédico

[D-281] O enxeñeiro Carlos Vaquero de Zaragoza é o autor dunha aplicación informática, Vocaliza 1.1.0 para Windows, de axuda ás persoas con dificultades na expresión oral. O seu traballo obtuvo o premio ó mellor proxecto fin de carreira 2006. É un programa de software libre que se pode baixar dende a seguinte dirección Enlace a descarga do programa (11,8 Mb) Vocaliza axuda a mellorar as patoloxías da fala e aumenta a capacidade de comunicación, ten unha interfaz moi sinxela e non precisa grandes coñecementos informáticos para a súa programación e utilización. A aplicación consta de dous módulos: Aprendizaxe e xogos. No módulo de aprendizaxe, o programa recoñece a nosa voz e a incorpora á base de datos xenérica. No apartado de xogos existen catro tipos de actividades, pronunciación, adiviñas, frases e evocación, nos que o usuario debe responder coa articulación e pronunciación axeitadas. Permítenos introducir aquelas palabras ou frases, acompañadas de debuxos, que nos interese traballar cos nosos alumnos. Pódense adaptar as actividades e o grao de dificultade ás características da persoa que o vai empregar. O programa consigue captar a atención dos rapaces e reforza o traballo con recompensas visuais. Pode ser moi útil para incrementar o vocabulario, na rehabilitación das dislalias, e para traballar o razoamento verbal.

Premio Innovación educativa: ‘Xogamos?’

[D-275] Imos de premio en premio Os nosos tadeguianos non paran: O Diario Oficial de Galicia (18 de cembro de 2007) ven de publicar unha orde da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que resolve os premios a recursos educativos para a Sociedade da Información para profesorado de ensino non universitario financiados con fondos públicos. O mencionado galardón foi convocado en xuño deste ano con diferentes categorías e, nunha delas, Ferramentas de autor, ten especial relevancia para o noso tadeguiano Felo Couto recibindo o Primeiro Premio, coordinando un proxecto chamado Xogamos? xunto con outros dous baluartes das TIC en Galicia, Fran Macías co seu afamado Educa lim e Xosé Antón Vicente coa recoñecida bitácora EnGalego. En primicia 🙂 o noso compañeiro comenta a existencia de dous módulos no proxecto: Baixo o nome de Xogamos? agrúpanse unha serie de recursos informáticos dedicados a elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta e que inclúe unha serie de ferramentas para a creación de xogos: EdiPre (Editor de Preguntas). Programa informático para contornas windows e linux. DEX (Deseño de Xogos). Aplicación para a construcción das interfaces gráficas dos xogos. Válida para contornas windows, linux, mac e Internet. (Felo Dixit) Estou impaciente por probar esta nova ferramenta, xa que a calidade está garantida. Estimado Felo: Cando xogamos? Nota: Como dí a miña nai Sentímonos moi orjullosos de tí/vós Enlace á web do proxecto: www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos

Anuario de ‘blogs’ en español

[D-268] Un agasallo para Abraham, o noso crac das bitácoras 😉 Onte (luns 18 de decembro) saíu á venda o libro La Gran Guía de los Blogs 2008 [1], de Rosa J. C. [2] e Francisco Polo [3], editado na Colección Planta 29 [4] de Ediciones El Cobre [5], que nace con vocación de anuario e que nas súas 531 páxinas a toda cor recolle reflexións sobre o acontecido en 2007 con respecto ó fenómeno dos blog acompañadas dun directorio con centos de bitácoras de Internet en español clasificadas por materias, fuxindo dun formato de guía telefónica e apostando por dedicarlle a cada blog un espazo importante (a metade de cada páxina, incluíndo imaxe, descrición e ficha técnica de cada caderno dixital). O texto tamén pretende promover e estimular a presenza do español na Rede, pois na actualidade só o 4% dos blogs no mundo están escritos en español fronte ó 36% en inglés. A obra ten un carácter internacional, tomando como nexo de unión o idioma español, polo que aparecen blogs de todo o mundo, para construír unha ferramenta de achegamento para os hispanofalantes que queiran saber máis da blogosfera. Enlaces que se citan [0]: Orixe deste artigo: www.codigocero.com [1]: Libro: La Gran Guía…: coleccionplanta29.com/guias… [2]: Coautora, Rosa J. C.: www.rosajc.com [3]: Coautor, Francisco Polo: www.franciscopolo.com [4]: Edita na Colección Planta 29: coleccionplanta29.com [5]: Edita Ediciones El Cobre: www.elcobre.es

Xa temos Congreso TecnoNEEt 2008

[D-256] Un acontecemento longamente agardado Xa temos aquí o congreso [1] por excelencia. O maior e mellor evento de toda Iberoamérica no que ao uso e aproveitamento das TIC na atención á diversidade se refire. De feito, TADEGa [2] débelle moito a TecnoNEEt [3], pois foi no seu congreso de 2006 [4], onde TADEGa cobrou forma a raíz da xuntanza que amablemente nos facilitou a organización do congreso de todos os galegos que alí estabamos e dos contactos que, posteriormente, se foron creando ao redor deste núcleo. Tanto é así que 3 dos nosos tadeguianos forman parte do comité organizador deste congreso (Antonio Ovidio, Belén González e un servidor). Sirva tamén indicar que outros 3 dos membros deste comité son os autores das bitácoras que temos como bitácoras amigas, ou que este mesmo grupo tamén é o autor do NEEDirectorio [5], ou do portal TecnoNEEt.org [3]. E iso sin paranos agora a explicar polo miúdo a calidade do propio congreso que xa vai pola súa 5ª edición bianual. A igualdade de oportunidades no mundo dixital [1] Así reza o lema do congreso deste ano, e nós, dende aquí facémosvos unha invitación a todas e todos os interesados nestes temas para que participedes neste congreso, ben fisicamente estando alí, ou ben mediante matrícula na forma non presencial. Dende a nosa experiencia, a calidade dos temas a desenvolver queda garantida. Enlaces que se citan Indicamos a continuación a relación de enlaces que se mencionan e que poden axudar a ampliar esta información: [1]: Web do congreso TecnoNEEt: congreso.tecnoneet.org [2]: Historia de TADEGa: www.tadega.net/queestadega.php [3]: Web do Foro TecnoNEEt: www.tecnoneet.org [4]: Bibliografía TecnoNEEt: www.tecnoneet.org/biblio.php [5]: Web do NEEDirectorio: www.needirectorio.com

Biblioteca Virtual en Língua de Señas

[D-245] As tecnoloxías apórtannos novas ferramentas que, se cadra, resultan moi útiles á hora de traballar na educación de nenos con necesidades específicas de apoio educativo. Sen embargo, non sempre contamos co compromiso necesario dalgunhas institucións e/ou organismos para facilitar o achegamento da información a esta poboación grazas ao seu emprego. Este non é o caso do Instituto Cervantes que, dende o 2001, ven traballando en diversos proxectos que, por ambiciosos, medran paseniñamente, pero seguros. Nesta ocasión referirémonos unicamente a unha das obras postas en marcha pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, a Biblioteca Virtual de Señas (www.cervantesvirtual.com/seccion/signos), na que actualmente traballan diferentes profesionais e expertos no ámbito da lingüística e as linguas de señas, investigadores e intérpretes, así como técnicos informáticos e persoal de talleres dixitais e de imaxe da Universidade de Alacante.

Lectura crítica do Real Decreto de accesibilidade

O Real Decreto [D-247-1] Real Decreto 1494/2007. do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social. (BOE, 21 de novembro 2007) Introdución Dende hai xa bastante tempo, as persoas implicadas dalgún xeito en todo o relativo ao mundo das necesidades educativas específicas e de apoio educativo estabamos agardando a publicación dunha lei que dunha vez por todas cubrise ou amparase as necesidades e os dereitos de acceso pleno aos servizos cidadáns, especialmente aos da información e comunicación (TIC) de todos os colectivos implicados, especialmente os vinculados ao mundo da discapacidade. Non fai moitos días que se publicou este Real Decreto (ampliamente agardado e do que xa tiñamos noticia de borradores previos dende fai case un ano). A continuación faremos unhas breves reflexións sobre os seus contidos avaliando dende un punto de vista crítico aqueles aspectos que consideramos de especial importancia na comunidade educativa.

Máis premios… Noraboa Tadeguianas!

[D-248] Crónicas duns premios anunciados… Onte estiven convidado aos Premios EDUCACOMPOSTELA 2007 da man dun exquisito grupo de formación chamado Sementeira (en breve veremos na rede todo o seu activismo). O mencionado grupo levou o primeiro premio cun interesante traballo sobre a lóxica matemática na vida cotiá en educación infantil; coordinado por Manuel Masaguer e Susana Viqueira, unha das nosas “tadeguianas”. Acto seguido, outra compañeira tadeguiana, Susana Blanco, leva o segundo premio cun laborioso traballo sobre Plans de acollida ao alumnado procedente do estranxeiro. ¿Como é posible atopar tanta calidade nun mesmo sitio? Para rematar, apertas, noraboas e parabéns dunha familia, TADEGa, que medra cada día; máis non só en cantidade, senón en calidade. “As palabras as leva o vento, os feitos cambian as cousas”. (A miña nai dixit)