Cambiemos os estándares da UNESCO

[D-392] Un documento atrevido, importante e incompleto Recentemente chegou ás nosas mans un substancioso documento en formato PDF titulado Estándares de competencia en TIC para docentes cuxa autoría é da UNESCO. Trátase dun documento consensuado con data recente (Londres, 8 de xaneiro de 2008) e nel se recollen os deseños de estándares / directrices / orientacións de competencias TIC destinadas aos docentes e máis aínda aos programas formativos dos docentes.

Ler máis

FACIL 2.3 en Galego

[D-363] O noso benquerido amigo Joaquim Fonoll do XTEC Catalán, o autor da Factoría de Actividades Combinadas de Informática e Logopedia (FACIL), envíanos a ligazón á version 2.3 en galego (Febreiro) que agarda solucione os problemas atopados e simplifica a instalación. Ademais ponnos á nosa disposición un bo feixe de materiais en galego: Enlace á descarga do FACIL Enlace á descarga do CALCWAV Enlace á descarga do Tocatoca (o programa

Ler máis

10 razóns para unha web accesible

[D-353-1] Dez razóns para deseñar unha web accesible Este é o título do relatorio que impartirá Emmanuelle Gutiérrez Restrepo [1] da Fundación Sidar [2], na que repasarán as dez razóns para deseñar de xeito accesible, dez razóns de índole técnica, económica e social. Abordará conceptos tales como usabilidade, estándares, web semántica, interoperabilidade, aplicacións enriquecidas, comunicacións móbiles, posicionamento en buscadores, etc. E ademais retransmitida polos nosos compañeiros do CESGA [3]! Hoxe

Ler máis

TecnoNEEt 2008 en marcha

[D-312] O congreso abre as súas portas Como xa temos insistido noutras ocasións, TADEGa súmase cargada de ilusión ao lanzamento do V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que este ano conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital para conformar así o Congreso Tecnoneet-Logopedia Dixital 2008 que, baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital terá lugar no Campus da Muralla do

Ler máis

A fenda dixital medra

[D-345] Veño de visitar algunhas bitácoras, costume diario, para ver que é o que se está a cocer nos foros docentes máis relevantes de fala tanto galega como castelán. Lamentablemente, o panorama resulta bastante empobrecedor: hoxe en día, asistimos con certa emoción á explosión da coñecida como web 2.0: hai unha efervescencia explosiva de comunidades educativas (pais, centros, alumnos e profesores) que se lanzan á construción de webs baixo diversos

Ler máis

Novo libro sobre discapacidade motórica

‘Guía para la evaluación orientación y atención a los alumnos discapacitados motóricos en centros ordinarios’. [D-338] Fai poucos días, recibimos nos foros da nosa web unha anotación da publicación deste libro e, uns días máis tarde, nas colaboracións da bitácora, unha entrañable nota que nos remitiu o autor deste libro. Queremos expresarlle o noso agradecemento por tanta atención, e agardamos con impaciencia a lectura deste libro que parece moi interesante.

Ler máis

O presentador con ‘Síndrome de Down’

[D-339] A televisión de Extremadura comezará de contado un programa semanal de media hora de duración para informar sobre o mundo da discapacidade. O programa emitirase os fins de semana e será presentado por unha persoa con síndrome de Down e contará cun debate moderado por unha persoa con parálise cerebral.

“´agora rede”… proxecto colaborativo

[D-332] Coido que todos temos no maxín dun tempo a esta parte crear espazos colaborativos onde expor as nosas experiencias, inquedanzas, opinións… sobre o eido TIC do en ensino en Galiza. Os máis e os menos, crean blogues, plataformas, webs… espazos para espallar a nosa semente e sentirse apoiados nesta labor de definir paradigmas de usos e boas prácticas tecnoeducativas. Así pois dende ese prisma e filosofía, nace ´agora rede,

Ler máis

Postaniversario…

[D-331] Quen o diría… O da imaxe do xiz, mira ti por onde, foi o noso primeiro artigo na bitácora. Pero, ao que íamos: Remexendo e remexendo no ordenador atopo isto: De Abraham a Juan: —– Original Message —– From: Abraham Dominguez To: juan@TADEGa.net Sent: Sunday, February 11, 2007 8:39 PM Subject: Colaboración Tadega Estimado compañeiro: Antes de nada darvos a noraboa polo proxecto, a iniciativa pareceme moi interesante; é

Ler máis

Congreso sobre trastorno da atención

[D-329] Organizadas conxuntamente polo Grupo ALBOR e a Fundación para la Promoción de la Calidad de Vida CALVIDA , atopamos istas xornadas sobre trastornos de atención adicadas aos Avances na Detección, Identificación, Prevención e Intervención multimodais con Nenos, Adolescentes e Adultos con Trastornos por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade: ‘HIPERACTIVOS’ e ‘INATENTOS’: algo mais que simples ‘subtipos’ Realizaranse dúas Xornadas, unha en Bilbao os días 1 e 2

Ler máis