Premio Innovación educativa: ‘Xogamos?’
[D-275]
Imos de premio en premio
Os nosos tadeguianos non paran: O Diario Oficial de Galicia (18 de cembro de 2007) ven de publicar unha orde da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que resolve os premios a recursos educativos para a Sociedade da Información para profesorado de ensino non universitario financiados con fondos públicos.
O mencionado galardón foi convocado en xuño deste ano con diferentes categorías e, nunha delas, Ferramentas de autor
, ten especial relevancia para o noso tadeguiano
Felo Couto recibindo o Primeiro Premio, coordinando un proxecto chamado Xogamos?
xunto con outros dous baluartes das TIC en Galicia, Fran Macías co seu afamado Educa lim
e Xosé Antón Vicente coa recoñecida bitácora EnGalego
.
En primicia 🙂 o noso compañeiro comenta a existencia de dous módulos no proxecto:
Baixo o nome de
Xogamos?agrúpanse unha serie de recursos informáticos dedicados a elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta e que inclúe unha serie de ferramentas para a creación de xogos:
- EdiPre (Editor de Preguntas). Programa informático para contornas windows e linux.
- DEX (Deseño de Xogos). Aplicación para a construcción das interfaces gráficas dos xogos. Válida para contornas windows, linux, mac e Internet.
(Felo Dixit)
Estou impaciente por probar esta nova ferramenta, xa que a calidade está garantida. Estimado Felo: Cando xogamos?
Nota: Como dí a miña nai Sentímonos moi orjullosos de tí/vós
Enlace á web do proxecto:
www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos
Eu tamén quero “xogar”!!! 😉
Parabens
Bicos
Grazas pola miña banda. Xa podedes xogar todos desde: http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos/index.html
Ola, no reparto dos convites tocoume LACORU, asi que grazas a todos especialmente a Toño e a Fran. Noraboas compañeiros!!