Máis premios… Noraboa Tadeguianas!
[D-248]
Crónicas duns premios anunciados…
Onte estiven convidado aos Premios EDUCACOMPOSTELA 2007
da man dun exquisito grupo de formación chamado Sementeira
(en breve veremos na rede todo o seu activismo).
O mencionado grupo levou o primeiro premio cun interesante traballo sobre a lóxica matemática na vida cotiá en educación infantil; coordinado por Manuel Masaguer e Susana Viqueira, unha das nosas “tadeguianas”.
Acto seguido, outra compañeira tadeguiana, Susana Blanco, leva o segundo premio cun laborioso traballo sobre Plans de acollida ao alumnado procedente do estranxeiro.
¿Como é posible atopar tanta calidade nun mesmo sitio?
Para rematar, apertas, noraboas e parabéns dunha familia, TADEGa, que medra cada día; máis non só en cantidade, senón en calidade.
“As palabras as leva o vento, os feitos cambian as cousas”.
(A miña nai dixit)
A miña máis sinceira felicitación… dá gusto estar entre tanta e tan boa xente.
Tamén a miña.
O sábado pasado tiven o pracer de ver o traballo do grupo Sementeira.
Noraboa!! a ver cando podemos mirar ise traballo… Felicitacións
Felicidades de nuevo,
no hay quién os pare. Sois unos fenómenos.
Abrazos entrañables desde Murcia (España).
Noraboa as susanas…esperemos ver pronto eses traballos. Sodes unhas fenómenass. Apertas dende laracha.
Son mestra de infantil e estaría encantada de poder ver o voso traballo. Onde se pode consultar?.
Saudos.
Ola Almudena
Nos vindeiros días temos unha reunión os de TADEGa, aproveitarei para trasladar a túa pregunta ás compañeiras para que nos faciliten algúns enlaces aos seus traballos e poder publicalos aquí mesmo.
Juan.