Biblioteca Virtual en Língua de Señas

Logotipo oficial da LSE (Lingua de señas española).[D-245]

As tecnoloxías apórtannos novas ferramentas que, se cadra, resultan moi útiles á hora de traballar na educación de nenos con necesidades específicas de apoio educativo. Sen embargo, non sempre contamos co compromiso necesario dalgunhas institucións e/ou organismos para facilitar o achegamento da información a esta poboación grazas ao seu emprego.

Este non é o caso do Instituto Cervantes que, dende o 2001, ven traballando en diversos proxectos que, por ambiciosos, medran paseniñamente, pero seguros. Nesta ocasión referirémonos unicamente a unha das obras postas en marcha pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, a Biblioteca Virtual de Señas (www.cervantesvirtual.com/seccion/signos), na que actualmente traballan diferentes profesionais e expertos no ámbito da lingüística e as linguas de señas, investigadores e intérpretes, así como técnicos informáticos e persoal de talleres dixitais e de imaxe da Universidade de Alacante.

O obxectivo da Biblioteca é amosar diferentes publicacións dentro do ámbito da lingua e da literatura españolas en lingua deseñas. Con este fin emprega algunhas das ferramentas proporcionadas polas novas tecnoloxías, seguindo as pautas de accesibilidade recollidas pola WAI (Web Accessibility Initiative) e o W3C (World Wide Web Consortium).

Na páxina da Biblioteca Virtual de Señas poderemos atopar diversas publicacións, todas elas co denominador común das linguas de señas, como demostracións de dicionarios, traballos monográficos, resumos de traballos de investigacións, demostracións de obras completas ou fragmentadas publicadas pola CNSE (Confederación Nacional de Xordos de España), por Federacións, polas asociacións de persoas xordas, etc.

Para o profesorado tamén hai una sección de onde se pode extraer material de uso pedagóxico para a ensino da lingua de señas española baixo un enfoque bilingüe e mesmo obras de creación poética e narrativa, acompañadas do texto orixinal. Todos os contidos da páxina amósanse a través de cinco apartados: cultura, historia, literatura, lingüística, educación e investigación.

En todos os documentos preséntase unha versión en señas acompañada do texto e mesmo da explicación oral a través da audición da “voz en off” dun intérprete. Co fin de que o texto en señas sexa entendido polo maior número de persoas posibles, emprégase o rexistro estándar da lingua de señas española.

Así pois, atopámonos cunha páxina na que a mensaxe é enviada ao receptor a través de 3 vías (escrita, visual e auditiva). Deste xeito, o acceso á información e a cultura convértese nunha realidade que, grazas a proxectos coma o levado a cabo pola Biblioteca Virtual de Señas, dase con maior frecuencia. Está nas nosas mans facer un bo uso desta nova ferramenta que se pon a nosa disposición.

Comparte este artigo

2 Comentarios

  1. Noraboa editora!!! A min gústanme os contos
    Enlace aos contos en formato señas de Cervantes virtual

    … e estame a dar unha idea, a ver se me sae. Grazas Ana

  2. Interesante recurso, gracias pola achega Ana.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.