Máis premios… Noraboa Tadeguianas!
[D-248] Crónicas duns premios anunciados… Onte estiven convidado aos Premios EDUCACOMPOSTELA 2007 da man dun exquisito grupo de formación chamado Sementeira (en breve veremos na rede todo o seu activismo). O mencionado grupo levou o primeiro premio cun interesante traballo sobre a lóxica matemática na vida cotiá en educación infantil; coordinado por Manuel Masaguer e Susana Viqueira, unha das nosas “tadeguianas”. Acto seguido, outra compañeira tadeguiana, Susana Blanco, leva o
