Anuario de ‘blogs’ en español
[D-268]
Un agasallo para Abraham, o noso crac das bitácoras 😉
Onte (luns 18 de decembro) saíu á venda o libro La Gran Guía de los Blogs 2008
[1], de Rosa J. C. [2] e Francisco Polo [3], editado na Colección Planta 29
[4] de Ediciones El Cobre
[5], que nace con vocación de anuario e que nas súas 531 páxinas a toda cor recolle reflexións sobre o acontecido en 2007 con respecto ó fenómeno dos blog acompañadas dun directorio con centos de bitácoras de Internet en español clasificadas por materias, fuxindo dun formato de guía telefónica e apostando por dedicarlle a cada blog un espazo importante (a metade de cada páxina, incluíndo imaxe, descrición e ficha técnica de cada caderno dixital).
O texto tamén pretende promover e estimular a presenza do español na Rede, pois na actualidade só o 4% dos blogs no mundo están escritos en español fronte ó 36% en inglés. A obra ten un carácter internacional, tomando como nexo de unión o idioma español, polo que aparecen blogs de todo o mundo, para construír unha ferramenta de achegamento para os hispanofalantes que queiran saber máis da blogosfera.
Enlaces que se citan
- [0]: Orixe deste artigo: www.codigocero.com
- [1]: Libro:
La Gran Guía…
: coleccionplanta29.com/guias… - [2]: Coautora, Rosa J. C.: www.rosajc.com
- [3]: Coautor, Francisco Polo: www.franciscopolo.com
- [4]: Edita na
Colección Planta 29
: coleccionplanta29.com - [5]: Edita
Ediciones El Cobre
: www.elcobre.es
Preciosa a vosa felicitación!
Lástima que non aparecera pola miña caixa de correos 🙁
Je je
Bo Nadal e moitos bicossssssssss
uauhhhhh!!! grazas polo aporte, tomo nota para Gaspar&co, aínda que teño de camiño estoutro http://www.web2puntocero.com/ no que colabora o noso compañeiro J. A. Gelado http://www.comunicandopodcast.com