Inscrición bonificada ata o 22 de novembro

Inscrición bonificada ata o 22 de novembro

Non esquezas a túa cita!! 22 Novembro 2015 Queres coñecer como empregar os procesos de Gamificacion na aula? Aplicas as novedades da Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía? No obradoiro de tablets, descubrirás as metodoloxías mais axeitadas Queres unha impresora 3D para a túa aula? Participa niste sinxelo concurso Apetéceche montar na práctica un robot para a aula? E MOITAS MÁIS SORPRESAS… Lembra que a partir deste día a inscrición no IV CONGRESO TADEGA, increméntase en 15 € https://goo.gl/N6MXYS

10 de decembro, día mundial dos dereitos humanos

10 de decembro de 2010 Unha experiencia con Xandre nos centros. A inclusión como dereito educativo Celebrado o 10 de decembro dende hai tempo (1950, resolución 423-V da asemblea Xeral das Nacións Unidas), o día mundial dos dereitos humanos ten nos centros de ensino un espazo privilexiado mediante a realización de diferentes actividades. Así, o que as Nacións Unidas promulgaron pode tomar corpo nas nosas conciencias e nas nosas aulas. Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo sobre como se fixo Xandre feito cunha presentación de fotos dos distintos momentos. Ao longo da metraxe pódense ler letreiros que suman o seguinte texto: Como se fixo Xandre o elefante sen sombra. Con… moita ilusión, moito agarimo, moito traballo, e… altas doses de pracer estético. Non sería posible sen a colaboración de… Andrés Caamaño, Frank Eijo, Paco Díaz, Rafa Sánchez Agustino, Valentín Torrado, Xavi Seco, Ana, Antón, Luis, Manuel, Mariña, Mauro, Rosa, (e o grupo de Contos). Graciñas, TADEGa.net Dende a asociación TADEGa enviouse unha proposta a todos os centros do ensino galego: que o día 10 de decembro amosen nas súas aulas o conto: Xandre, o elefante sen sombra. Un conto adaptado, accesible e usable, para espertar en cada un de nós a necesidade da presencia de todas as persoas con ou sen discapacidades. Unha inclusión natural, un xeito de convivir, de ser e de estar. O conto, como sabedes, está nesta web de Xandre (e dentro del, ver menú principal O conto) así como as actividades, e incluso algún engadido máis (audios, vídeos, textos e debuxos para imprimir, etc.) Tamén se pode mercar a pulseira USB co conto xa grabado á que tamén se pode acceder dende o menú principal desta web. No caso de querer visualizarse directamente, recoméndase que uns días antes se probe nos mesmos ordenadores para deixar descargado todo o material previamente evitando así conxestións no ancho de banda cando todos os centros se conectasen á vez. Igual con tanto éxito tirades coa nosa web abaixo, estaría ben, pero faremos canto estea na nosa man para evitar todos os trastornos que podamos. Graciñas por ser e por estar.

PNL sobre a Educación Inclusiva no parlamento Galego

Unha PNL (Proposición non de Lei) sobre a Educación Inclusiva no parlamento Galego Este martes pasado 23 de novembro, ás 21.30 horas aprobouse unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia co seguinte encabezamento: Medidas para promover un sistema de educación inclusiva en Galicia para os alumnos con discapacidade en todos os niveis educativos. Foi presentada polo portavoz de educación do Partido Popular, Román Rodríguez, quen explicou o seu principal contido: Promover a detección temperá das necesidades específicas de apoio educativo, particularmente as asociadas á discapacidade, para iniciar o antes posible as medidas de atención educativa mais axeitadas. Desenvolver as accións de formación do profesorado que proceda para poder realizar unha atención educativa de calidade sobre os alumnos con necesidades educativas especiais. Os responsables da orientación educativa nos centros e os da inspección educativa deberán, así mesmo dispor dunha oferta formativa coa mesma finalidade. Promover a cooperación das organizacións representativas das familias de alumnos con necesidades educativas especificas para desenvolver a mellor atención educativa de estes. Favorecer a participación dos alumnos con necesidades educativas específicas nos programas educativos que se desenvolvan nos centros, tales como ABALAR e PROA, entre outros. Desenvolver as actuacións necesarias para que a escolarización dos alumnos con necesidades educativas específicas se rexa polos principios de inclusión, promovendo a colaboración con outras administracións ou entidades públicas ou privadas sen animo de lucro, así como de institucións ou asociacións. Promover a dotación de recursos aos centros que escolarizan alumnos con necesidades educativas específicas para atender axeitadamente a este alumnado. (Este non é o texto definitivo pois hai que engadir as emendas). A proposta foi aprobada por unanimidade con algunhas emendas do Bloque Nacionalista Galego, que fixo fincapé na detección precoz na etapa de 0 a 3 anos, a comarcalización do os EOE e unha dura crítica ao Partido Popular polos recortes que está sufrindo o profesorado de apoio. O Partido Socialista, pola súa banda, tamén apoia a proposta aínda que indica que o que fai falta é un Plan de Educación Inclusiva e critica ao Partido Popular por estar a facer até agora o contrario do que recolle esta proposta. De onde xorde esta PNL? Cando a Plataforma España Inclusión estivo no Parlamento Español por causa do tristemente fracasado Pacto Educativo recibimos do Partido Popular de Madrid a promesa de que as nosas demandas serían recollidas nunha PNL en Madrid. Ao pouco recibimos correos informándonos de que esa proposta saíra adiante por unanimidade na capital de España. Decidimos pois que sería bo trasladala ás distintas comunidades, polo menos ás que tiñamos ao noso alcance. Esther Cadrado e eu como

Ler máis

O pacto educativo

A plataforma Un grupo de nais e pais de nenos e nenas con diversidade funcional estamos creando unha plataforma pola Inclusión a nivel nacional. A idea da plataforma xurde polo abandono ao que están sometidos os nosos fillos e fillas en tódolos eidos da política do noso país. A primeira acción desta plataforma é reclamarlle a tódalas administracións do territorio español unha educación inclusiva de calidade. Vemos que os nosos fillos son novamente excluídos á hora da redacción do Pacto Educativo. Non se nomea para nada ningunha actuación que contemple as necesidades que sabemos que se deben cubrir. Os nove puntos deste pacto que pregoan os políticos son: O mal pacto educativo que se está a formar Cultura do esforzo. Propiciala, así como a esixencia e unha política de calidade sostida no coñecemento, as competencias e os valores. Impulso das bolsas. Recoñecer os logros da universalización da educación e garantir unha política de bolsas que garanta a igualdade de oportunidades. Flexibilidade. Facer o sistema moito máis flexible e máis integral, que relacione as etapas educativas. Un ensino máis individualizado. Fracaso e abandono. Loitar contra estes dous problemas. Incidir nas causas e propostas e facer innovacións en medidas educativas e sociais. Escolarización temperá. Harmonizar o sentido e as condicións da etapa de tres a seis anos para loitar contra o fracaso. FP integral. Lograr cualificacións máis específicas e vinculadas ás demandas sociais e que os centros estean vinculados ao desenvolvemento dos territorios. Modernización. Promover a aprendizaxe a través das novas tecnoloxías e potenciar o de idiomas. Universidade internacional. Promover a agregación e a excelencia e definir un modelo de financiamento para ela. Profesorado. Apoiar a figura do profesor, a súa formación permanente, dotarlle de recursos e promover a carreira docente. Como contestación a isto temos un blog para recoller firmas e con modelos de cartas para enviar ás forzas políticas e a institucións que teñen na súa man que se reforme este pacto educativo. O que nós demandamos para os nenos e nenas con diversidade funcional é que que a totalidade dos Centros Educativos teñan asegurada a accesibilidade en xeral: A física: Adecuación de contornas físicas utilizables para todos. Axudantes Técnicos Educativos que asuman: o apoio nas distintas actividades básicas da vida diaria dos nenos como ir ao baño, apoio en comedor, cambio de roupa para actividades deportivas, desprazamento e apoio na aplicación na aula das actividades programadas para o alumnado, así como en excursións, no recreo e calquera actividade extraescolar. Incorporación das TIC (Tecnoloxía da Información e Comunicación) ás aulas, asegurando a accesibilidade aos nenos con diversidade funcional cos apoios que requiran

Ler máis

Unha resposta para Iago

A historia Fai tempo dabamos conta nesta bitácora de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto. No noso centro, o alumnado do que son titor aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra e que xa coñecedes todos da nosa web. Impactoulles e gustoulles moito, pero a cousa non quedou aí. Resulta que aquelo de comunicarmos con pictogramas resultaba algo moi abstracto que non acababan de entender moi ben pois nunca viviran unha experiencia similar nin coñecían a ninguén que precisase este sistema de comunicación. Así pois non quedaba outra que puideran coñecer a alguén que empregase este sistema comunicativo, polo que lles amosamos o vídeo de Iago no que se pode ver con moita claridade como o usa e precisa comunicarse con el. Unhas cousas levan a outras, e o alumnado pediu darlle resposta a este rapaz usando o seu mesmo idioma. Así que armado cunha cámara de vídeo e imprimindo e preparando os pictogramas correspondentes, aquí tedes o resultado da resposta para Iago. Oxalá lle guste. Unha aperta moi moi grande para Iago, para a súa nai, e para estas rapazas e rapaces do CEIP Sal Lence de A Coruña que moito se acordan del, e que xa o queren coñecer. O video orixinal de Iago video platform video management video solutions free video player Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo de Iago elaborado pola súa mai no que Iago nos amosa, con moitísimo esforzo, unha mensaxe que nos conta con xestos e pictogramas que, pasado a palabras di: Hola, yo quiero que tú, me esuches, me veas, me hables y me ames. A resposta do CEIP Sal Lence, A Coruña Nota provisional: Lamentablemente a xente de Youtube entende que o audio que acompaña a este vídeo, aínda tendo explicacións orais do narrador para a súa comprensión, vulnera os dereitos de autor por levar unha musiquiña de fondo. Por tal motivo silenciou totalmente o audio que agora non se pode escoitar sen aviso previo nin dar audiencia. No momento en que podamos, faremos unha versión idéntica con música libre que substituirá a actual. Desculpade as molestias. Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do alumnado do CEIP Sal Lence da Coruña, en resposta a Iago polo seu vídeo. Nel podemos ver e escoitar o proceso que se seguiu así como a parte principal na que o alumnado deste 2º curso de primaria respota a Iago con audio, subtítulos, pictogramas e xestos. Enlaces de interese

Ler máis

Notas para a accesibilidade web (VI)

Ser accesible non é o mesmo que certificarse [D-437] Dende o comezo da vida de TADEGa, estivemos a traballar duro porque as nosas páxinas web (as centrais, as da bitácora, as do foro, e demais) foran o máis accesible posible. Non o facíamos para agradar nin para presumir. Sinxelamente é de seu que sexa así (máxime á vista dos obxectivos da asociación). Cremos que fixemos un bo traballo, e cremos tamén que aínda nos queda moito por arranxar. Cando chegamos a un certo nivel no que xa había capacidade para poder dicir publicamente que algúns destes módulos xa eran accesibles conforme ao nivel doble A ou incluso (nalgúns casos) ao nivel triplo A das directrices de accesibilidade para o contido da Web 1.0 do W3C-AI, comezamos a traballar nun doble obxectivo: Atrevernos, coa experiencia acadada, a ofrecela a outros para asesoralos en accesibilidade web. Por exemplo, por ter acadado o premio en accesibilidade do consorcio EGANET no 2007, é posible que na convocatoria deste ano poidamos formar parte do xurado desta modalidade. Acadar a certificación de accesibilidade correspondente, tal e como a normativa legal vixente pide, especialmente, cando os sitios de internet teñen un carácter educativo, sanitario ou de servizos sociais (*). Incluso, aínda deixando o mandato legal a un lado: Como poderiamos esixir ou reclamar a alguén externo a nós que sexa accesible se nós mesmos non nos certificamos como tales? Pois aí comeza o problema e a causa do artigo de hoxe: Quere vostede certificar a súa web? Non se preocupe, en España hai dúas opcións ata o de agora: Opción A. Cita literal tomada da súa web: AENOR es una entidad sin ánimo de lucro dedicada al desarrollo de la normalización y la certificación (N+C) en todos los sectores industriales y de servicios. e máis adiante di: Internet es para todos. Opción B. Cita literal tomada da súa web: Technosite, empresa especializada en tecnología y discapacidad de Fundación ONCE, ha certificado la accesibilidad de más de 50 sitios web en base a las Pautas de Accesibilidad al Contenido en la Web 1.0 (WCAG 1.0) del W3C/WAI. e máis adiante indica: Fruto de UWEM, en 2007 nace Euracert, marca europea de certificación de sitios web accesibles, convirtiendo a Technosite en la única organización española que expide este certificado de reconocimiento internacional. Faranos falla un Robin Hood ou un Curro Jiménez? (**) Pois tanto ten que sexa unha entidade sen ánimo de lucro como unha empresa especializada, a ambas lles pedimos un presuposto para certificarnos co resultado de que (incluíndo o IVE) por certificarnos achégannos presupostos que exceden, e bastante, do

Ler máis

Cambiemos os estándares da UNESCO

[D-392] Un documento atrevido, importante e incompleto Recentemente chegou ás nosas mans un substancioso documento en formato PDF titulado Estándares de competencia en TIC para docentes cuxa autoría é da UNESCO. Trátase dun documento consensuado con data recente (Londres, 8 de xaneiro de 2008) e nel se recollen os deseños de estándares / directrices / orientacións de competencias TIC destinadas aos docentes e máis aínda aos programas formativos dos docentes. Que a UNESCO se atrevese a tanto xa é digno de eloxio, sobre todo se pensamos que de xeito automático se convirte nun referente universal para toda formación do profesorado sexa do país que sexa. O problema ven de que, ao noso xuízo, iste documento di moitas verdades, certo, pero cala outras e isto é grave. E de aí nace a nosa proposta para que sexa reformado de xeito que nel se recollan todos os elementos que, ao noso xuízo deben figurar nel. A esencia do que falta En síntese, que non se menciona en ningún sitio: A atención á diversidade A esencia da accesibilidade web como parte crucial de todo deseño para que no sexa excluínte para as persoas con discapacidade. A esencia do deseñado para todos como etiqueta de toda construción dixital para que ninguén quede excluído do seu acceso. A necesaria formación do alumnado nestes conceptos como parte da súa formación tanto ética como técnica. ¿Cambiamos isto? Ben. Agora se trata de ampliar, afondar, mellorar, arranxar ises puntos para rematar construíndo unha proposta ben vertebrada de mellora deste documento ¿Quen se anima? Admítense suxestións. Documentos que se citan Documento da UNESCO: documento en formato PDF procedente de eduteka.org Enlace na web de ‘internetaula.ning.com’ na que temos aberta esta discusión ao nivel de todo o estado español e no que vos invitamos encarecidamente a participar: internetaula.ning.com/group/atencionaladiversidad.

Lectura crítica do Real Decreto de accesibilidade

O Real Decreto [D-247-1] Real Decreto 1494/2007. do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social. (BOE, 21 de novembro 2007) Introdución Dende hai xa bastante tempo, as persoas implicadas dalgún xeito en todo o relativo ao mundo das necesidades educativas específicas e de apoio educativo estabamos agardando a publicación dunha lei que dunha vez por todas cubrise ou amparase as necesidades e os dereitos de acceso pleno aos servizos cidadáns, especialmente aos da información e comunicación (TIC) de todos os colectivos implicados, especialmente os vinculados ao mundo da discapacidade. Non fai moitos días que se publicou este Real Decreto (ampliamente agardado e do que xa tiñamos noticia de borradores previos dende fai case un ano). A continuación faremos unhas breves reflexións sobre os seus contidos avaliando dende un punto de vista crítico aqueles aspectos que consideramos de especial importancia na comunidade educativa.

Aprobada a lei da lingua de signos

[D-199] Aprobada a lei que recoñece a lingua de signos e os sistemas de apoio á comunicación oral Seguindo unha atenta lectura do que se publica nos cadernos de bitácora amigos, atópome hoxe domingo con que o noso amigo Domingo (curiosa homofonía) ben de publicar unha noticia moi salientable no seu caderno de bitácora ( http://domingomendez.blogspot.com ). O pasado 10 de outubro aprobouse por unanimidade a lei que recoñece a lingua de signos e os sistemas de apoio á comunicación oral. Facendo unha sinopse a vista de paxaro poderíamos sintentizala nos seguintes puntos: Recoñécese legalmente a lingua de signos española. As administracións educativas facilitarán a aprendizaxe da lingua de signos española e dos sistemas de apoio á comunicación. As persoas xordas e con discapacidade auditiva poderán solicitar intérpretes e medios de apoio á comunicación nos servizos básicos. Créase o Centro de Normalización da Lingua de Signos. O Centro Español do Subtitulado e a Audiodescripción, xa en funcionamento, impulsará a accesibilidade dos produtos audiovisuais. Dentro do que máis nos afecta aos educadores debemos indicar que, tal e como se informa na web do MTAS (Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais): Polo que se refire á aprendizaxe, o proxecto de lei establece que as administracións educativas disporán o necesario para promover a aprendizaxe da lingua de signos española ao alumnado xordo, con discapacidade auditiva ou xordocego que libremente opte por esta lingua. No caso de que esta persoa sexa menor de idade ou estea incapacitada, a elección corresponderá aos pais ou representantes legais. Ademais, garantirase a aprendizaxe da lingua oral e dos medios de apoio á comunicación ás persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas usuarias destes sistemas. Máis información: Na web do propio MTAS: http://www.mtas.es Texto da lei en formato PDF: Enlace á Lei publicada no BOE.

25 aniversario da LISMI

[D] O Congreso dos Diputados ven de acoller unhas xornadas para conmemorar istes 25 anos da lei que se ben supuxo o primeiro esforzo pola non discriminación, integración escolar, igualdade de oportunidades, prestacións económicas, accesibilidade (lexislación), etc. das mulleres e homes con algunha discapacidade, en moitos ámbitos semella que os 25 anos non chegaron para moito. Coido que aínda queda un longo camiño…