Xa temos Congreso TecnoNEEt 2008
[D-256]
Un acontecemento longamente agardado
Xa temos aquí o congreso [1] por excelencia. O maior e mellor evento de toda Iberoamérica no que ao uso e aproveitamento das TIC na atención á diversidade se refire. De feito, TADEGa [2] débelle moito a TecnoNEEt [3], pois foi no seu congreso de 2006 [4], onde TADEGa cobrou forma a raíz da xuntanza que amablemente nos facilitou a organización do congreso de todos os galegos que alí estabamos e dos contactos que, posteriormente, se foron creando ao redor deste núcleo.
Tanto é así que 3 dos nosos tadeguianos
forman parte do comité organizador deste congreso (Antonio Ovidio, Belén González e un servidor). Sirva tamén indicar que outros 3 dos membros deste comité son os autores das bitácoras que temos como bitácoras amigas, ou que este mesmo grupo tamén é o autor do NEEDirectorio [5], ou do portal TecnoNEEt.org [3]. E iso sin paranos agora a explicar polo miúdo a calidade do propio congreso que xa vai pola súa 5ª edición bianual.
A igualdade de oportunidades no mundo dixital
[1]
Así reza o lema do congreso deste ano, e nós, dende aquí facémosvos unha invitación a todas e todos os interesados nestes temas para que participedes neste congreso, ben fisicamente estando alí, ou ben mediante matrícula na forma non presencial. Dende a nosa experiencia, a calidade dos temas a desenvolver queda garantida.
Enlaces que se citan
Indicamos a continuación a relación de enlaces que se mencionan e que poden axudar a ampliar esta información:
- [1]: Web do congreso TecnoNEEt: congreso.tecnoneet.org
- [2]: Historia de TADEGa: www.tadega.net/queestadega.php
- [3]: Web do Foro TecnoNEEt: www.tecnoneet.org
- [4]: Bibliografía TecnoNEEt: www.tecnoneet.org/biblio.php
- [5]: Web do NEEDirectorio: www.needirectorio.com
Noraboa polo traballo, agora igual que naceu ali tocara facer a súa presentación en sociedade, non si? 😉
Apertas