TADEGa: Asociación sen ánimo de lucro

Cartel das II Xornadas TADEGa 2007.[D-269]

As II Xornadas TADEGa 2007 tiveron lugar o sábado 15 de nadal en Santiago de Compostela co obxecto principal de constituirse como Asociación e definir as liñas estratéxicas de actuación para os anos 2007 e 2008.

Acordouse constituírmos como asociación, os membros da xunta directiva, o establecemento das cotas para os socios, e a planificación dos obxectivos máis inmediatos: Realización dun curso sobre accesibilidade web, establecemento dun acordo con aumentativa.net para facilitar o acceso dos socios de TADEGa a esta plataforma, así como melloras no acceso e na estructura da web para darlle maior usabilidade e dinamismo incluíndo un recuncho de axudas TIC urxentes (as receitas da aboa) para docentes inmersos na atención á diversidade.

Ao fin! somos asociación cunha veintena de socios e con gañas de darlle a volta ao uso das TIC na atención á diversidade.

Información detallada
Ao longo destes días iremos colocando no enlace seguinte os distintos documentos, textos, presentacións, etc. nos que se explican polo miudo todo o acontecer destas xornadas que, ao noso xuízo foron altamente positivas.
Enlace con información detallada.

FELIZ NADAL!

Comparte este artigo

3 Comentarios

  1. Dende Aguiño recibide os nosos mellores desexos. Cárgade moito as pilas para o 2008..bicos das profes de Infantil e dos nenos e das nenas. Seguiremos visitando os vosos cadernos e esperamos que vos tamén os nosos: Moitos bicos compañeiros e compañeiras.

    http://onosofaro.blogspot.com/

    http://golfinhosdeaguinho.blogspot.com/

    http://osdiasdecores.blogspot.com/

    http://tendaldecalcetins.blogspot.com/

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.