Fotografía e danza de xeito inclusivo
Unha axenda inclusiva para Vigo e máis cidades galegas Toma nota dos seguintes datos: Laboratorio de fotografía Di-versión-arte Sábados 11, 18, 25 de abril e 9 de maio. Horario de 10 a 14 horas. Sede Afundación Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26. Un obradoiro pouco convencional, poderás retratar a túa persoal visión do mundo, co foco na realidade que máis che interesa, libre de prexuizos e apriorismos. Persoas con diversidade funcional ou calquera persoa con interese na fotografía, ou no uso das artes como ferramenta de inclusión social. Cada participante deberá traer cámara de fotos dixital (compacta ou réflex). Máximo 15 asistentes. Exposición fotográfica + Performance de danza Igualarte Do 11 ao 27 de xuño. Entre as 17:30 e as 20:30 horas. Sede Afundación Vigo. Rúa Velázquez Moreno 18 (Sala de Exposicións II) Por que? Boa pregunta: lendo na información que se nos achega, e á vista dos resultados desta mesma actividade desenvolta noutros lugares galegos, atopámonos con singularidades que moito nos gustaría foxen xeralidades: unha actividade dirixida a todo tipo de poboación e con especial sensibilidade ás persoas con diversidade funcional sen entrar a valorar se tal o cual discapacidade. Unha escolma ben feita de actividades aptas para todos e todas sen exclusións, accesibles, sen máis. O dito, unha actividade singular que moito nos gustaría que deixase de selo para converterse en xeralizada, tan inclusiva que nin se anuncia como tal. //Afundación Así é o nome da entidade que promove as iniciativas que aquí se amosan, a se celebrar en Vigo nos vindeiros meses e que poderían ser de interese. Esta institución defínese así mesma na súa web como: A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) (…) A nosa misión é a realización dunha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela. (…) O noso máximo órgano de decisión é o Padroado no que están representados ABANCA, o noso único mecenas, as sete principais cidades galegas, o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e os traballadores… Información adicional Nestes anexos que xuntamos en formato PDF poderedes ter información adicional incluíndo o xeito de vos inscribir se vos interesa: Díptico informativo achegado por Afundación [Enlace 1]. Formulario de inscrición con información adicional [Enlace 2].