MOOC: “Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional”

MOOC: “Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional”

Estrea este 2019 cun MOOC o 14 de xaneiro na plataforma Miriadax. Condicións e datos na súa web: https://miriadax.net… O curso MOOC está composto por 4 módulos (un por semana) cunha dedicación horaria de 4 horas semanais por parte dos participantes. Módulos Presentación. Produtos e tecnoloxías de apoio. Ferramentas para a participación virtual. Software de programación doado parte I. Scratch. Software programación doada parte II. Makey-Makey. Profesorado Betania Groba González. Javier Pereira Loureiro. Laura Nieto Riveiro. Thais Pousada García.

6ª edición de A Radio Conta por Asperga

6ª edición de A Radio Conta por Asperga

A Radio Conta é un programa solidario realizado por oito radios públicas e privadas da Coruña. A iniciativa chegou en decembro de 2018 á súa 6ª edición, o sábado 29 de decembro ás 17:00 h no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Actuacións musicais, humor e convidados sorprendentes formaron parte desta emisión única, adicada no 2018 a visibilizar e difundir o labor de Asperga, a Asociación Galega de Asperger. Tres horas de radio en directo. Nese programa se conformaba unha batería de entrevistas que incluía, entre outras, a adicada aos profesionais da educación. Iria Pardiño (psicóloga de Asperga), e Juan Fernández (mestre e socio de TADEGa), foron os profesionais convidados a participar nesta entrevista; e aquí traemos o breve audio da mesma. Audio completo do programa na web de “a Radio Conta”: (Enlace ao audio completo). Audio da entrevista: (Enlace ao audio da entrevista).

Imos de estrea: “Vida”

Estamos moi ilusionados Onde: Auditorio Municipal de Ourense. Cando: xoves 25 de febreiro de 2016 ás 21:00 horas.A Que: A estrea do film de Rubén Ríos Vida e do documental Máis ca Vida Un grupo de xentes de TADEGa na súa representación, teremos o pracer de asistir convidados a esta estrea. Aínda non vos podemos anunciar moito máis porque aparte da estrea quedan moitas cabos que atar, pero é moi probable que ambos proxectos, TADEGa e Vida emprendan unha viaxe conxunta, histórica e mutuamente moi proveitosa. Sinopse de Vida Entre finais dos anos 60 e principios do ano 2000, entre o Ourense rural e o Ourense urbano, transcorren as vidas de dúas familias unidas polo destino. Nunha pequena aldea, unha familia humilde prepárase para un gran acontecemento familiar. O destino, as casualidades, as forzas fan dese momento tan esperado un verdadeiro calvario para uns e unha proba de vida para outros. Nun piso, no centro da cidade, a tranquilidade dunha nai vese truncada polo desexo dunha das súas fillas de querer voar soa. Pablo (38 anos) é un rapaz con discapacidade que actualmente traballa nos servizos de limpeza da cidade, empeza a valorar a posibilidade de emprender un soño en solitario. Elena (32 anos) é unha moza con discapacidade que se enfronta a unha proba vital para tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, na que entran en xogo vida, morte, paixón, egoísmo, medos e perdón. Pablo atoparase cun pasado cheo de ausencias e rancores que o prepararán para un futuro de perdóns e ilusións. Sinopse de Máis ca Vida Máis ca Vida recolle dende un enfoque realista e natural todo aquelo que de maneira indirecta contribuíu á creación da curtametraxe Vida. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse estes rapaces e rapazas de cara á rodaxe, en ligazón as súas testemuñas, sentimentos e reflexións. Todo elo cunha narrativa enteiramente positiva, saudábel e moi divertida. Estas experiencias vividas foron as determinantes para o desenvovemento do guión da curtametraxe que relata dunha maneira realista o día a día do mundo que os rodea. Os dous proxectos están estreitamente ligados ofrecendo un novidoso formato que transportará ao espectador a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidade destas dúas obras van collidas pola man. Enlaces de interese Enlace á web do proxecto: www.maiscavida.com Moita merda! Din que a xente cando desexaba sorte aos amigos que tiñan algo que ver cunha obra lles dicían aquelo de “Moita merda!” E non como sinal de insulto senón como sinal de moito éxito

Ler máis

Fotografía e danza de xeito inclusivo

Unha axenda inclusiva para Vigo e máis cidades galegas Toma nota dos seguintes datos: Laboratorio de fotografía Di-versión-arte Sábados 11, 18, 25 de abril e 9 de maio. Horario de 10 a 14 horas. Sede Afundación Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26. Un obradoiro pouco convencional, poderás retratar a túa persoal visión do mundo, co foco na realidade que máis che interesa, libre de prexuizos e apriorismos. Persoas con diversidade funcional ou calquera persoa con interese na fotografía, ou no uso das artes como ferramenta de inclusión social. Cada participante deberá traer cámara de fotos dixital (compacta ou réflex). Máximo 15 asistentes. Exposición fotográfica + Performance de danza Igualarte Do 11 ao 27 de xuño. Entre as 17:30 e as 20:30 horas. Sede Afundación Vigo. Rúa Velázquez Moreno 18 (Sala de Exposicións II) Por que? Boa pregunta: lendo na información que se nos achega, e á vista dos resultados desta mesma actividade desenvolta noutros lugares galegos, atopámonos con singularidades que moito nos gustaría foxen xeralidades: unha actividade dirixida a todo tipo de poboación e con especial sensibilidade ás persoas con diversidade funcional sen entrar a valorar se tal o cual discapacidade. Unha escolma ben feita de actividades aptas para todos e todas sen exclusións, accesibles, sen máis. O dito, unha actividade singular que moito nos gustaría que deixase de selo para converterse en xeralizada, tan inclusiva que nin se anuncia como tal. //Afundación Así é o nome da entidade que promove as iniciativas que aquí se amosan, a se celebrar en Vigo nos vindeiros meses e que poderían ser de interese. Esta institución defínese así mesma na súa web como: A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) (…) A nosa misión é a realización dunha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela. (…) O noso máximo órgano de decisión é o Padroado no que están representados ABANCA, o noso único mecenas, as sete principais cidades galegas, o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e os traballadores… Información adicional Nestes anexos que xuntamos en formato PDF poderedes ter información adicional incluíndo o xeito de vos inscribir se vos interesa: Díptico informativo achegado por Afundación [Enlace 1]. Formulario de inscrición con información adicional [Enlace 2].