6ª edición de A Radio Conta por Asperga

6ª edición de A Radio Conta por Asperga

A Radio Conta é un programa solidario realizado por oito radios públicas e privadas da Coruña. A iniciativa chegou en decembro de 2018 á súa 6ª edición, o sábado 29 de decembro ás 17:00 h no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Actuacións musicais, humor e convidados sorprendentes formaron parte desta emisión única, adicada no 2018 a visibilizar e difundir o labor de Asperga, a Asociación Galega de Asperger. Tres horas de radio en directo. Nese programa se conformaba unha batería de entrevistas que incluía, entre outras, a adicada aos profesionais da educación. Iria Pardiño (psicóloga de Asperga), e Juan Fernández (mestre e socio de TADEGa), foron os profesionais convidados a participar nesta entrevista; e aquí traemos o breve audio da mesma. Audio completo do programa na web de “a Radio Conta”: (Enlace ao audio completo). Audio da entrevista: (Enlace ao audio da entrevista).

Programa Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias

Programa Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias

Xa é oficial Programa Aulas I+I (Inclusivas e Igualitarias) dentro do Plan Proxecta. O prazo de inscrición remata o 15 de outubro. O obxectivo do programa Aulas I+I é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica dun xeito efectivo e identificar cales delas son as mellores para favorecela. Os datos básicos, ademais da web volos indicamos aquí: Ámbito: convivencia / igualdade. Definición: identificación, posta en valor e activación de estratexias que favorecen a inclusión das persoas con capacidades diferentes nas aulas. Temporización: curso completo. Alumnado: 5º e 6º de educación primaria, 1º e 2º da ESO Límite de centros participantes (para este curso): 5. Criterios de selección (entre outros): Idoneidade e calidade do proxecto. Porcentaxe do profesorado implicado no programa. Participación do Departamento de Orientación e da Dirección do centro. Por iso animámosvos a participar e como de seguro que coñeces Centros nos que realmente hai inquietude, rogámosche tamén que o compartas co sector do profesorado. Agradecendo unha vez máis o teu interese e colaboración, recibe un cordial e afectuoso saúdo. Para saber mais Ligazón á ficha técnica na web do Plan Proxecta Arquivo PDF da Convocatoria no DOG

Aviso para centros docentes

Aviso para centros docentes

Obra Nos meus zapatos Os centros docentes adoitan facer unha programación de actividades especiais a desenvolver ao longo do curso. Acontece ás veces que xurde no medio do curso unha oportunidade para acceder a desenvolver algunha actividade de interese. Este sería o caso, moi especialmente para o derradeiro ciclo de primaria e primeiros cursos de secundaria. Unha obra para reflexionar. Trátase dun espectáculo de danza contemporánea titulada Nos meus zapatos programada para o 8 de abril ás 11:00 en Santiago de Compostela, no Auditorio Obra Social Abanca (Rúa Preguntoiro, 23). Forma parte da programación para escolares de Afundación, dirixida a centros de ensino que leven a grupos de alumnos; o auditorio ten case 700 butacas, das que polo de agora só están 50, polo que facemos este anuncio por se algún centro estivese interesado e lle encaixase nesa data. Achégase a unidade didáctica sobre este espectáculo co que se quere contribuir á sensibilización do alumnado sobre a diversidade funcional, favorecer a igualdade de oportunidades no entorno escolar, traballar sobre a empatía e favorecer a percepción das diferenzas como algo positivo en enriquecedor. Enlaces Guía didáctica para traballar na aula sobre a obra Nos meus zapatos IGUALARTE. Para os centros interesados en toda esta temática e estilo, non desboten unha ollada a este catálogo: http://escolares.afundacion.org/peticions/ficheros/09_01_2015_08_01_25_escolares__compostela_2014_(2).pdf