No pasado mes de decembro, os membros da Xunta Directiva dos comezos desta asociación, tivemos unha xuntanza-xantar para celebrar que, un ano máis, aí estamos xuntos de novo, aínda que cunha sorpresa agochada que non se revelou ata o momento do café: María Emma Mayo Pais, a gran protagonista deste relato, e tal e conforme ao artigo 10.1 dos estatutos de TADEGa, foi nomeada socia de honra. Velaquí o desmiuzado
IX Congreso TADEGa. Lugo 2025
O primeiro DUA? Henry Charles Beck, debuxante técnico inglés, creou o primeiro mapa esquemático do metro para Londres en 1931. Grazas a súa xenialidade, hoxe os metros do planeta adoitan esta aparencia esquemática e son entendidos e a pesar da complexidade do que representan. Vaia aquí esta homenaxe cos contidos deste congreso TADEGa como guía visual do complexo mundo da diversidade, e de como navegar nós, incluíndonos nela. Datas e datos Programa
Temos obradoiro e asemblea, onde andas?
Hai días… nos que un non sabe por onde anda nin en que lío está metido. As emocións alborotadas tampouco axudan. Pois ala! 3 arranxos que lle imos dar!
Seguinte obradoiro deste ano
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros que nos propuxemos reproducir ao longo deste ano 2024.
1º nos estreamos co de “adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual”.
E agora vos anunciamos o impartido por Leonor Giménez Fernández: “Adaptación de textos a lectura fácil e visual thinking”.
Derradeiro aviso. Últimos días!
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros; entre eles o impartido pola nosa compañeira Rosa Garrido sobre a adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual. Meu dito meu feito: aquí queda a convocatoria neste 1º obradoiro de 2024 para quen non puido asistir por terse cuberto as vacantes e para toda persoa interesada; pero bulide que xa quedan moi poucas prazas libres.
VIII Congreso TADEGa. Ourense 2023
15 anos de Comunidade, Tecnoloxía, Diversidade e Inclusión (Programa en PDF) Datas e datos Programa Venres 3 Sábado 4 Obradoiros Inscrición e prezos: bit.ly/tadega23 Contacto: EventosTadega@gmail.com Asignación de obradoiros: bit.ly/TDG-2023 Persoas inscritas: tadega.net/inscricions-2023
VII Congreso TADEGa. Online 2021
VII Congreso TADEGa 2021. Reencontros na 3ª fase. Non estamos sós.
Auga fresca pola mañá cedo!
Ás veces, quen andamos no mundo do asociacionismo, implicados en causas ¿perdidas? matinando en como incentivar, suscitar, estimular, apoiar, redescubrir, alentar… en favor dun mundo máis xusto, acorde, solidario, empático… atopamos que ese mundo anda do revés ¿Como lle dar auga a quen non ten sede?
Obradoiros ANTICOVID
Presentámosvos os primeiros obradoiros a desenvolver nista andaina online, que pretenden aportar solucións educativas tanto para alumnado con diversidade como para o emprego da tecnoloxía. Estes obradoiros son de balde para as persoas socias de TADEGA. Agardamos que sexa do voso interese, para suxerencias de futuros temas de obradoiros podes contactar a través de colaboracions@tadega.net Cargando…
VI Congreso TADEGa. A Coruña 2019
Co Vi congreso TADEGa xa finalizado, tornamos este artigo do blog nun punto de enlaces aos materiais manexados no mesmo xunto coas novas básicas a el referidas.













