Blackle: aforrando con fondo negro

[D-356] “Blackle”: o Google sobre fondo negro A polémica acerca do emprego do fondo negro nas páxinas Web co fin de contribuír ao aforro enerxético nace cando Mark Ontkust, en xaneiro do 2007, suxire nun artigo da bitácora de ‘ecoIron’ que o cambio da cor do fondo da pantalla de ‘Google’ a negro diminuiría o consumo enerxético nuns 3000 megavatios-hora anuais. Estes datos de seguida foron re-axustados a 750 megavatios-hora anuais, para o cal se estableceron algúns parámetros, como foron a concreción do número de visitas por día (estimadas en 200 millóns) e a duración de cada visita (estimada en 10 segundos).

Sobre o obradoiro de Pontevedra

[D-360] Felicidades a todos os que tiveron que ver co Obradoiro de Accesibilidade web deste sábado en Pontevedra. Grazas por abrirme un pouco os ollos e en definitiva por facerme partícipe de todo. Empeza unha nova fase. Esperemos que sexamos capaces de realizalo con éxito.

A fenda dixital medra

[D-345] Veño de visitar algunhas bitácoras, costume diario, para ver que é o que se está a cocer nos foros docentes máis relevantes de fala tanto galega como castelán. Lamentablemente, o panorama resulta bastante empobrecedor: hoxe en día, asistimos con certa emoción á explosión da coñecida como web 2.0: hai unha efervescencia explosiva de comunidades educativas (pais, centros, alumnos e profesores) que se lanzan á construción de webs baixo diversos formatos de nova acuñación (bitácoras, wikis, webquest, etc.) incluso hai algún manifesto (declaración de Roa) para ser asinado sobre o uso de toda esta tecnoloxía nas aulas e de como vertebralas axeitadamente. En cambio, ninguén fala da accesibilidade que todos istes contidos deben cumprir (máximo a partires da publicación do Real Decreto 1494/2007 de 12 de decembro) pero xa sabemos que, a nós, nin os reais decretos nos moven. O caso e que temos milleiros de novas webs creadas dende as escolas e os institutos, case ningunha accesible a persoas con discapacidade, case todas sen saber qué é a accesibilidade web e, polo tanto, despreocupados 100% de tal asunto. Incluso algunhas ata manifestan que asistimos ao peche da fenda dixital, cando eu, nestas visitas, ao que asisto é ao seu axigantamento. Nota: non quero ferir por ferir, o meu obxectivo non é o sangue. Sei da moi boa vontade de moitos redactores destas e doutras milleiras de páxinas máis, pero, se as nosas actitudes provocan discriminacións, non cabe outro recurso que facelo saber, sen panos quentes, máximo cando os danados, son danados sen voz.

O presentador con ‘Síndrome de Down’

[D-339] A televisión de Extremadura comezará de contado un programa semanal de media hora de duración para informar sobre o mundo da discapacidade. O programa emitirase os fins de semana e será presentado por unha persoa con síndrome de Down e contará cun debate moderado por unha persoa con parálise cerebral.

“´agora rede”… proxecto colaborativo

[D-332] Coido que todos temos no maxín dun tempo a esta parte crear espazos colaborativos onde expor as nosas experiencias, inquedanzas, opinións… sobre o eido TIC do en ensino en Galiza. Os máis e os menos, crean blogues, plataformas, webs… espazos para espallar a nosa semente e sentirse apoiados nesta labor de definir paradigmas de usos e boas prácticas tecnoeducativas. Así pois dende ese prisma e filosofía, nace ´agora rede, coa intención de crear un punto que vertebre iniciativas da web 2.0 galega (blogs, wikis,… ) e aglutine unha rede social aberta de docentes a prol das TIC. ¿Unha iniciativa interesante? Por suposto. ¿Un Planet galego? coido que se esta cociñando e 100% feito en Galicia.

Postaniversario…

[D-331] Quen o diría… O da imaxe do xiz, mira ti por onde, foi o noso primeiro artigo na bitácora. Pero, ao que íamos: Remexendo e remexendo no ordenador atopo isto: De Abraham a Juan: —– Original Message —– From: Abraham Dominguez To: juan@TADEGa.net Sent: Sunday, February 11, 2007 8:39 PM Subject: Colaboración Tadega Estimado compañeiro: Antes de nada darvos a noraboa polo proxecto, a iniciativa pareceme moi interesante; é por iso que estou interesado en formar parte da vosa comunidade se é posible, así como cales serían os pasos. Abraham Domínguez Cuña: CEIP de LAREDO (Pontevedra) Un saúdo. De Juan a Abraham: —– Original Message —– From: Juan José Fernández García To: Abraham Dominguez Sent: Sunday, February 11, 2007 9:16 PM Subject: Re: Colaboración Tadega Estimado Abraham: Grazas pola túa aportación, no tocante a formar parte do grupo, non creo que haxa problema algún, de todos modos dame un día para confirmalo. Vexo que ademáis deixache unha proposta no foro sobre a creación dun blog. Algo no que xa matinamos algunha que outra vez, someterémolo a sondeo entre foreros e membros de TADEGa aínda que será preciso contar con alguén que se ocupe ou coordine as subidas de datos ao servidor e telo ao día (a min xa me vai chegando coa web e co foro)… pois como ben sabes, un blog que non se actualice a cada pouco perde o seu encanto ¿Preséntaste voluntario? je, je. Sexa como sexa, benvido e grazas pola túa participación. Juan. De Abraham a Juan: —– Original Message —– From: Abraham Dominguez To: Juan José Fernández García Sent: Monday, February 12, 2007 4:06 PM Subject: Re: Colaboración Tadega Ola Juan, Grazas pola benvida, …sobre o asunto do BLOG, sería un pracer instalar, administrar e coordinar o mesmo, pois sería unha ferramenta moi interesante para colgar as experiencias que estamos a realizar na aula, propostas…onde dun xeito moi sinxelo todos poden colaborar. Co gallo do uso das PDI fixemos un BLOG que coido que cun toqueteo de deseño podería encaixar coa proposta de BLOG TADEGA: http://www.ediga.net Un saúdo Abraham. Oh, meu deus! Que ben queda isto por estas datas! 🙂 Grandes cosas en dous días e tres clics… só fai falla dar o paso. O demais xa o coñecedes.

Cumprimos 1 ano

[D-326-1] A bitácora de TADEGa cumpre 1 ano 12 de febreiro de 2008, no día de hoxe esta bitácora está de cumpranos, o noso primeiro ano. E a verdade é que é para estar contentos. Este artigo é o número 326 o que di moito desta andadura xa que son moitos para ser o primeiro ano. Dende aquí vaia un especial agradecemento a Abraham, o noso incansable das bitácoras que empurrando, empurrando, advertiunos do moito que íamos gañar se iniciabamos ista andadura, e vaia que tiña razón. Grazas Abraham. A él lle toca soprar as velas. E vaia tamén un agradecemento a todos os editores dos artigos que traballan arreo para que isto funcione: Rosa, Abraham, Belén, Felo, Susana, Antonio… Pero témosvos unha sorpresa, un regalo de cumpreanos, porque levamos un ano querendo acordarnos de todos, e traemos aquí un recordo especial polos que ninguén se acorda deles: [D-326-2] TADEGa naceu para que nos lembremos de todos, para que as tecnoloxías que se nos achegan, sexan para todos e sen favoritismos, mellor dito, rectifiquemos, que sexa con favoritismos de tal xeito que os máis esquecidos cheguen a ser os nosos favoritos. O rapaz desta foto é un neno do colexio ‘Gokul’ en Bhugaon, a 130 kilómetros de Mumbai, na India. El e os seus 52 compañeiros teñen en común: que son orfos, que están nesta escola, que teñen o VIH e que xa saben o que é ser rexeitado por case todos. Pero nesta escola coas súas TIC tan ‘clásicas’ (aquí lle vemos lapis e regra) estanche moi contentos, ilusionados porque lles da o que os demais lles negan. Non coñezo a quen fixo esta foto, pero seguro que leva un bule bule no peito. Ben, déixome de liortas; se queredes saber a historia toda, tedes no Diario El Mundo a historia completa e outras fotografías. Vaia desde aquí o noso máis profundo respecto por todos eles, pola escola, polo proxecto, precisamente no noso primeiro aniversario. Enlace que se cita: www.elmundo.es/albumes/2008/02/06/colegiopositivo

Congreso TecnoNEEt 2008

[D-312] Unha magnífica noticia Como xa recollen nos seus respectivos cadernos de bitácora de Javier Soto, Domingo Méndez ou Celestino Arteta, TADEGa súmase cargada de ilusión ao lanzamento do V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que este ano conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital. Baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital, o Congreso celebrarase no Campus da Muralla do Mar da Universidade Politécnica de Cartaxena (Cartaxena, Murcia, España), os días 18, 19 e 20 de setembro de 2008. Trátase, sen ningunha dúbida, dunha cita imprescindible para todos aqueles que traballan no ámbito das TIC e a diversidade, do obradoiro de encontro e discusión para profesionais, usuarios e familias e que, xa na súa anterior edición (2006), congregou a máis de 600 profesionais de España e América Latina. E permitídenos un apunte final algo doce: foi precisamente o congreso que facilitou as vimbias para o nacemento de TADEGa, pois os galegos que alí estabamos, sentimos que xa era hora de que a nosa terra tamén tivese o seu referente no mundo das TIC para a Atención á Diversidade. É unha cita obrigada como ben din estes compañeiros. Alí estaremos e alí esperámosvos. Áreas temáticas Vede aquí unha escolma das súas áreas temáticas para facervos unha idea das calidades postas en marcha desde este magnífico congreso: Contorna educativa Tecnoloxías para o desenvolvemento das competencias básicas. Tecnoloxías para a estimulación multisensorial. Tecnoloxías para a rehabilitación/habilitación da linguaxe. Tecnoloxías para a Comunicación Aumentativa. Tecnoloxías para as necesidades educativas especiais. Tecnoloxías para o alumnado con altas capacidades intelectuais. Contorna asistencial, laboral e de lecer Tecnoloxías para a vida independente: domótica, robótica e teleasistencia. Tecnoloxías para a inserción laboral. Tecnoloxías para o lecer e o tempo libre. Contorna profesional Interacción da persoa coa tecnoloxía. Tecnoloxías e protocolos para a avaliación funcional da persoa. Integración curricular das TIC. Investigación, innovación e formación en tecnoloxías de apoio. Contornas virtuais de ensino e aprendizaxe. Redes sociais en internet sobre tecnoloxías de apoio. Marco teórico e institucional Accesibilidade universal, deseño para todos, e igualdade de oportunidades. Políticas educativas sobre tecnoloxía e atención á diversidade. Novos paradigmas e tecnoloxías emerxentes. Non vos esquezades; é unha cita imprescindible: http://congreso.tecnoneet.org/

TIC para la igualdad

(Aviso: Artigo en castelán – Artículo en castellano) [es] [D-311] Presentación Vivimos en una sociedad democrática, plural y multidimensional; en la era del conocimiento. Esta es una realidad que no podemos negar y que no nos deja indiferentes. Que la atención a la diversidad es un derecho es otra realidad innegable al igual que el hecho de que cualquier persona con discapacidad debe contar con las mismas oportunidades de acceso a la información. Dicha atención a la diversidad no puede quedarse en una declaración de intenciones, por tanto, las Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC) no deben convertirse en un elemento más de marginación y discriminación a nivel educativo, laboral y social. Desde esta perspectiva, los autores consideran que las TIC constituyen un recurso importante, a veces imprescindible, para el desarrollo integral y profesional de las personas con discapacidad. De igual forma, el uso didáctico de los medios tecnológicos para atender la diversidad posibilita ofrecer una respuesta real y más acorde con las exigencias y demandas actuales para todos los alumnos. Este libro realiza un análisis acerca de las Tecnologías de la Información y Comunicación que están a disposición de las personas con determinados tipos de discapacidad en el contexto educativo. Contenido Capítulo 1. Las tic como elementos en la atención a la diversidad.La atención a la diversidad a través de las tic. Capítulo 2. Las tic y la diversidad auditiva. Capítulo 3. Las tic y la diversidad motórica. Capítulo 4. Las tic y la diversidad visual. La tiflotecnología. Capítulo 5. Las tic y la diversidad cognitiva. Capítulo 6. Las tic y las necesidades derivadas de los problemasde conducta. Capítulo 7. Las tic en el marco de la educación compensatoria. Capítulo 8. La accesibilidad de las tic Capítulo 9. Las tic y la inserción laboral de los discapacitados. Más información Autores: Julio Cabero, Margarita Córdoba y José María Fernández ISBN(10): 8466574867 Editorial : Trillas-Eduforma

Xornadas de Sensibilización: A Discapacidade

[D-300] As actitudes ante a discapacidade son un dos pilares fundamentais para a inclusión educativa e social. Unha actitude positiva cara a discapacidade fai posible que a integración total sexa unha realidade. Mellorar a actitude das persoas sen discapacidade lógrase a partir do coñecemento das características das distintas discapacidades, dos dereitos, da interacción con persoas con discapacidade, etc. Este é motivo principal polo que o Departamento de Orientación e o Equipo Directivo do Colexio Divina Pastora decide levar a cabo un Programa Integral para a Mellora das Actitudes da Comunidade Educativa, no que se inclúe estas “ I Xornadas de Sensibilización: A Discapacidade”, que se celebrarán no Salón de Actos do Centro. Pretende así mellorar a inclusión non só do noso alumnado senón de todas as persoas con algunha discapacidade, por iso estas xornadas están abertas a toda a Comunidade Educativa, aos veciños, e a todas as persoas interesadas neste tema. Programa: MÉRCORES 6 FEBREIRO SÍNDROME DE DOWN 19:30 h. Acto de apertura das xornadas: José Luis Baltar Pumar. Excmo. Presidente da Deputación de Ourense Gonzalo Iglesias Sueiro. Delegado de Educación Ana Garrido Rodríguez. Concelleira de Educación Mª. Esther Martínez Quintas. Inspectora de Educación Álvaro Leis Martínez. Director do Colexio Divina Pastora 19: 45 h. Moderador: Juan Mazairas Xefe de Informativos da Cadena COPE Ponentes: Maia García Martínez. Coordinadora da Asociación Down Ourense. María Rodríguez Ramos. Antiga alumna de Divina Pastora. Jacobo Rey González. Antigo alumno de Divina Pastora. MÉRCORES 13 FEBREIRO DISCAPACIDAD FÍSICA 19:30 h. Moderador: Manuel Deaño Deaño Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación. Presidente de AEDES. Ponentes: RECAREDO PAZ PRIETO. Presidente de AIXIÑA Ourense MÉRCORES 20 FEBREIRO DISCAPACIDAD VISUAL 19:30 h.Moderador: ANTONIO NESPEREIRA Director de Radio Voz e Subdelegado de La Voz de Galicia Ponentes: LUÍS DOMÍNGUEZ. Presidente da ONCE en Ourense. IMMACULADA MENDOZA RÍOS. Educadora da ONCE MÉRCORES 27 FEBREIRO TDAH 19:30 h.Moderadora: MAR GARCÍA SEÑORÁN. Prof. Dr. Psicología Evolutiva e da Educación. Ponentes: EQUIPO DE PSIQUIATRÍA INFANTIL DO CHOU CONSUELO NOGUEIRA ENCISO. Xefe da unidade de Psiquiatra Infantil. ROSA MOURE MOURE. Psiquiatra infantil ROSA MARNOTES FERNÁNDEZ. Psicóloga infantil Convidámosvos a asistir a estas xornadas tan interesantes e esperamos que acaden as vosas espectativas. Fonte: Juan Luis Rodríguez Rodríguez. Xefe do Departamento de Orientación do Colexio Divina Pastora de Ourense