O presentador con ‘Síndrome de Down’
[D-339]
A televisión de Extremadura comezará de contado un programa semanal de media hora de duración para informar sobre o mundo da discapacidade. O programa emitirase os fins de semana e será presentado por unha persoa con síndrome de Down e contará cun debate moderado por unha persoa con parálise cerebral.
Na redacción do novo programa tamén participarán outras persoas con discapacidade.
O director de Extremadura TV, Pablo Sánchez, anunciou a posta en antena do programa nunha mesa redonda Accesibilidade na sociedade da información: retos de futuro
organizada polo xornal O Século en Badaxoz, dentro dunha xornada por mor da presentación do Observatorio Estatal da Discapacidade. Nesta mesma mesa, solicitouse aos medios de comunicación que fuxan da terminoloxía efectivista, da información espectáculo e eviten a linguaxe discriminatoria cara as discapacidades, promovendo a cultura de respeto a estas persoas.
Esta iniciativa favorecerá a creacción dunha imaxe positiva das persoas con discapacidade que contribuirá á normalización do colectivo e o seu achegamento ao resto de cidadáns.
A ver se outras televisións seguen o exemplo desta iniciativa tan pausible e admirable!
Noraboa artista!
2ª alumna do obradoiro co seu artigo plenamente accesible. 😉
Con xente como vós… imos onde sexa!