EDIGa de noraboa

[D-221] Veño de saber que EDIGa foi premiada na recente edición do SIMO co premio á Mellor web colaborativa do 2007. Só cabe aledarse por tan boa nova e enviarlles a todos os seus integrantes as nosas máis fondas felicitacións e parabéns. Sabemos todos os de TADEGa, que non é un premio sen esforzo. Ogallá sexa só un dos primeiros recoñecementos ao seu traballo e entrega.

TADEGa, EDIGa, SIDAR e TecnoNEEt

[D-214] Teño por costume dar unha volta case que tódolos días polas bitácoras dos bos amigos, dos que sabemos todos que, cando escriben algo, paga a pena lelo. E hoxe vexo que o noso amigo Javier Soto na súa bitácora de tecnología y discapacidad* fai un alto no camiño dos artigos rigorosos para comentar unha anédota e unha foto. De entrada parecería esta unha reflexión banal, pero non é así: o pasado 30 de outubro tivo lugar en Madrid un congreso de moita sona sobre os temas que nos preocupan de tecnoloxías e educación. Deus os dá e eles se xuntan pois aquí temos de esquerda a dereita: Emmanuelle Gutiérrez e Restrepo, responsable da Fundación SIDAR, sen dúbida unha das profesionais máis destacadas no ámbito da accesibilidade web. Domingo Méndez López, un entusiasta da tecnoloxía educativa e autor do coñecido blog Educación y TIC*. José Luis Fariña García, (o noso benquerido compañeiro de TADEGa), asesor técnico de TIC da Consellería de Educación, membro fundador de EDIGa* e tamén de TADEGa*. Francisco Javier Soto Pérez, cabeza principal e líder do equipo TecnoNEEt* (o referente po excelencia das TIC na Atención á diversidade en toda Iberoamérica) ou o, NEEDirectorio*. Antonio Sacco, profesor de informática e creador de tecnoloxías para as necesidades educativas especiais da Arxentina e un dos premios deste IV Congreso Educared xunto con Domingo Méndez. E todos eles xuntiños, por xeración espontánea, nada menos que no emblemático Café Gijón. Di o proverbio árabe que cando o dedo sinala á Lúa, o idiota queda mirando para o dedo. E esta foto non é só a anécdota duns amigos tomando café, é todo un símbolo de que algo se move no ensino galego cando os profesionais da educación son capaces de aglutinarse para aproveitar ao máximo as oportunidades (neste caso baixo TADEGa e EDIGa) e, no canto de mirarse para o embligo, estar e crear espazos de aproveitamento cos mellores referentes como os que mencionaba antes. Sinal de que camiñamos e pola boa senda. Nota: (*) Enlaces xa relacionados na marxe dereita desta bitácora.

Material para deficiencias visuais

[D-210] Rosa Mª de Diego é unha compañeira que escribe nun caderno de bitácora moi interesante no enderezo: http://aziroet.com/rosamdediego/ Xustamente navegando polas súas páxinas acabo de atopar uhna referencia a un material interesante para traballar con nenos con deficiencias visuais que, a súa vez, provén do Centro de Desarrollo de Tecnologías de Inclusión, Universidad Católica de Chile , e que tedes no seguinte enlace.

Vagabundo Dixital

[D-159] Pois si, de roteiros polo mediterráneo, de aquí para acolá decateime de que non podo vivir sen conectarme, alomenos un pouquiño cada día, asi que alí onde estaba facía un barrido da zona e “bingo“, algun “fonero” caritativo deixábame “chucharlle” o seu ancho de banda; caridade en forma de bits!!! 🙂 Wifi en todas as partes, no coche, na rúa, nun bar, na praia,…contáronme que nun barco tamén existía, así que en caso de afundir sempre poderías mandar unha mensaxe aínda que non sexa nunha botella. Se queredes vola canto: [kml_flashembed movie=”http://static.boomp3.com/player.swf?id=6c748cf20285″ width=”200″ height=”20″ wmode=”transparent” /] Ata onde chegaremos!!!. Aínda que o máis sorprendente non é iso, falando, falando nesas noites longas estivais decatábame de que aínda así estamos “enganchados” por “cordóns umbilicais” eléctricos, “aínda dependemos de cables para nutrir os nosos aparatos?”, dixen. “Pois coido que xa non”, respondéronme, a electricidade sen cables xa chegou !!!! Increíble!!!

ISSNizados…TADEGa publica!!

[D] Pois xa se comentaba na lista de correo, despois de moito insistir a BN (Biblioteca Nacional) e reformular algunhas “cousiñas”, as nosas contribucións (Documentos de interese) xa son recoñecidas co devandito ISSN (International Standard Serial Number). ISSN: 1988 – 3137 Pero…¿para que sirve? O número e unha referencia de identificación de publicacións normativizado, que facilita o control por parte de axentes e institucións para a súa comercialización (leáse edición e distribución) ou baremación (leáse méritos, concursos oposicións,…). Ao mesmo tempo dalle un sentido corporativo a plataforma ao ser recoñecida “no fondo e nas formas” nas súas contribucións, por estamentos validadores, como é o caso da devandita BN. ¿Queres colaborar? Pasate por (Documentos de interese). Experiencias, reflexións, iniciativas, innovacións, escolmas de recursos…teñen cabida. Grazas a todos polo esforzo adicado!!! Nota: Alguén nun correo preguntou, ¿para cando a versión impresa?…amodiño, amodiño todo se andara 😉 . Nestes momentos, xa estamos traballando nunha base de datos que xestione todas as contribucións con diferentes criterios.

Autobombo!!! TADEGA en C&P

[D] No último número de “Comunicación y Pedagogía” Nº 219, monográfico adicado as necesidades educativas especiais, temos unha presencia máis que digna: – Juan Jose Fernández García falanos de TADEGa.net. – Antonio Ovidio e Jose Luis Barreiro da formación en, por e para a accesibilidade web. – Feliciano Jose Couto amosanos a súa premiada bitácora “A Clase Blanca”. Todos eles, membros de TADEGa, contribúen cientifica e experiencialmente no desenvolvemento de novos paradigmas e enfoques na maneira de entender a diversidade. Parabéns compañeiros!!!

El modelo de la diversidad

Tedes que ler este libro. Aproveitade nestas vacacións.Trátase do novo modelo teórico, o Modelo da Diversidade, que da respostas a problemas actualmente non resoltos. Para ir abrindo boca, mando un resumo (en fin, ten 15 páxinas) sacado dunha comunicación que fixo Romañach para un congreso. Resumen “el modelo de la diversidad” Artículo completo “El modelo de la diversidad” (Javier Romañach)

Des….Control!!!

Ian Curtis (Joy Division) una vez comentó en una entrevista que su música hablaba sobre “las diferentes formas que la gente tenía para superar ciertos problemas y como lo hacían para adaptarse”. Ian, tenía una enfermedad, la epilepsia, que en la actualidad esta bastante controlada (véase Fundación Epilepsia). Él mejor, que nadie, supo sacar de su “deficiencia” el germen de un estilo de música y de una forma de bailar (a modo de ataques epilépticos) que tanto triunfó en los 80 🙂 . Pues se ha realizado un biopic, ya estrenado en Cannes, sobre este personaje, que parece merecer la pena… el punto de vista (discapacidad, música, interpretación…) lo pondremos nosotros: [D] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/qrFKu3xwTlQ” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Nota:Su canción She´s lost control dedicada a una compañera con su misma enfermedad.

Habla.por.mi.dice.IAGO

Desde la excelente iniciativa de Habla.por.mi.dice.IAGO nos hablan de la emisión, dentro de “La Aventura del Saber” en La 2 de TVE, la serie “Discapacidades Humanas” difundida los martes a las 10.00 horas. La nueva serie documental ha sido supervisada por las grandes confederaciones representativas de las personas con discapacidad, con el respaldo del Real Patronato. Ha sido coproducida por la Fundación ONCE y la Productora Faro, y cofinanciada por la Xunta de Galicia y el Fondo Social Europeo Ver la serie: Videos Discapacidades Humanas Noticia Original : Mi angel sin Voz. y “percebeira” Mama.IAGO