Cumprimos 1 ano

Tarta de cumpreanos (como son poucos anos, só é unha madalena).[D-326-1]

A bitácora de TADEGa cumpre 1 ano

12 de febreiro de 2008, no día de hoxe esta bitácora está de cumpranos, o noso primeiro ano. E a verdade é que é para estar contentos. Este artigo é o número 326 o que di moito desta andadura xa que son moitos para ser o primeiro ano.

Dende aquí vaia un especial agradecemento a Abraham, o noso incansable das bitácoras que empurrando, empurrando, advertiunos do moito que íamos gañar se iniciabamos ista andadura, e vaia que tiña razón. Grazas Abraham. A él lle toca soprar as velas.

E vaia tamén un agradecemento a todos os editores dos artigos que traballan arreo para que isto funcione: Rosa, Abraham, Belén, Felo, Susana, Antonio…

Pero témosvos unha sorpresa, un regalo de cumpreanos, porque levamos un ano querendo acordarnos de todos, e traemos aquí un recordo especial polos que ninguén se acorda deles:

Un neno da India con VIH ledo co seu lapis na escola.[D-326-2]

TADEGa naceu para que nos lembremos de todos, para que as tecnoloxías que se nos achegan, sexan para todos e sen favoritismos, mellor dito, rectifiquemos, que sexa con favoritismos de tal xeito que os máis esquecidos cheguen a ser os nosos favoritos. O rapaz desta foto é un neno do colexio ‘Gokul’ en Bhugaon, a 130 kilómetros de Mumbai, na India. El e os seus 52 compañeiros teñen en común: que son orfos, que están nesta escola, que teñen o VIH e que xa saben o que é ser rexeitado por case todos.

Pero nesta escola coas súas TIC tan ‘clásicas’ (aquí lle vemos lapis e regra) estanche moi contentos, ilusionados porque lles da o que os demais lles negan. Non coñezo a quen fixo esta foto, pero seguro que leva un bule bule no peito. Ben, déixome de liortas; se queredes saber a historia toda, tedes no Diario El Mundo a historia completa e outras fotografías. Vaia desde aquí o noso máis profundo respecto por todos eles, pola escola, polo proxecto, precisamente no noso primeiro aniversario.

Enlace que se cita: www.elmundo.es/albumes/2008/02/06/colegiopositivo

Comparte este artigo

6 Comentarios

  1. Noraboa a tod@s !!!

    Espero que sigades adiante durante moito moito tempo.

    Unha perta

  2. Parabéns!! e que cumpra moitos máis!
    bicos

  3. TADEGA.

    Noraboa polo voso traballo ó longo deste ano. Todo sexa por acadar unha atención de calidade á nosa diversidade educativa, sen discriminacións e respectuosa coa igualdade de oportunidades. Entre tod@as.

    Un saúdo

  4. Mi más sincera felicitación en este primer aniversario. En apenas un año os habéis convertido en un referente sobre TIC y diversidad. Os sigo a diario y espero hacerlo durante muchos años más.
    Abrazos a todos y especialmente a Juan, Belén y Antonio, a quiénes he tenido la oportunidad de conocerles personalmente.
    Felicidades.

  5. Gracias Javier, entre los méritos también hay una parte tuya, el TecnoNEEt está en las raíces de todo esto y tú estás en las raíces del TecnoNEEt.

  6. Parabéns!!!! con todo o meu agarimo.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.