A fenda dixital medra

1 millón de firmas pola non discriminación. [D-345]

Veño de visitar algunhas bitácoras, costume diario, para ver que é o que se está a cocer nos foros docentes máis relevantes de fala tanto galega como castelán. Lamentablemente, o panorama resulta bastante empobrecedor: hoxe en día, asistimos con certa emoción á explosión da coñecida como web 2.0: hai unha efervescencia explosiva de comunidades educativas (pais, centros, alumnos e profesores) que se lanzan á construción de webs baixo diversos formatos de nova acuñación (bitácoras, wikis, webquest, etc.) incluso hai algún manifesto (declaración de Roa) para ser asinado sobre o uso de toda esta tecnoloxía nas aulas e de como vertebralas axeitadamente. En cambio, ninguén fala da accesibilidade que todos istes contidos deben cumprir (máximo a partires da publicación do Real Decreto 1494/2007 de 12 de decembro) pero xa sabemos que, a nós, nin os reais decretos nos moven.

O caso e que temos milleiros de novas webs creadas dende as escolas e os institutos, case ningunha accesible a persoas con discapacidade, case todas sen saber qué é a accesibilidade web e, polo tanto, despreocupados 100% de tal asunto. Incluso algunhas ata manifestan que asistimos ao peche da fenda dixital, cando eu, nestas visitas, ao que asisto é ao seu axigantamento.

Nota: non quero ferir por ferir, o meu obxectivo non é o sangue. Sei da moi boa vontade de moitos redactores destas e doutras milleiras de páxinas máis, pero, se as nosas actitudes provocan discriminacións, non cabe outro recurso que facelo saber, sen panos quentes, máximo cando os danados, son danados sen voz.

Comparte este artigo

2 Comentarios

  1. Apreciado Juan,
    no puedo estar más que de acuerdo contigo.
    Ya en aquél “decálogo para la inclusión digital” que tuve la oportunidad de compartir contigo en el año 2004, decíamos claramente que había que tomar partido contra la brecha digital, y que la accesibilidad era uno de los elementos claves.

    Señalábamos que había que promover la utilización de recursos y/o servicios accesibles y, por lo tanto, susceptibles de ser adaptados a cada necesidad específica. La modularidad, adaptabilidad y accesibilidad, deben estar ya contenidas en el mismo diseño. Igualmente los planes de formación, tanto de futuros docentes como de los ingenieros creadores deberán estar sujetos a la revisión y evaluación de sus contenidos. Su rigidez implica resistencias a la inclusión de los conceptos de la accesibilidad en los actuales planes de formación.

    Sin embargo, a la vista está que aún queda mucho por hacer. Y como tú dices, parece que ni por Decreto vamos a conseguirlo.

    Pero tiempo al tiempo.

    Saludos, Javier.

  2. Veño de ler o teu comentario ao post do blog de Celestino Arteta sobre do Slideshare de Isidro Vidal sobre as ¨Nuevas tendencias de las Tic en educación” e paréceme acertado. Mais ben, coherente cos plantexamentos de Tadega. Penso que hai que coidar tódolos detalles para dar axeitada resposta ás necesidades de formación integral da diversidade máis necesitada. A atención á diversidade está sobrada de boas intencións e actuacións rutinarias e necesitada de ofertar a cada un a axuda que precisa, axustando a intervención educativa á individualidade e definindo a función e coordinación de tódolos profesionais necesarios para acadar unha resposta educativa de calidade.

    Sorpréndeme a respota do autor e entendo a ponderación de Celestino Arteta. Diversidade somos tod@s. Quizais á que eles se dirixen non estea necesitada de condicións de accesibilidade?
    Un saúdo.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.