Educación inclusiva

Este artigo é unha nota remitida polo foro de vida independente coa solicitude de ser publicada nesta bitácora que gustosamente aceptamos. [D-600] A Xunta de Galicia incumpre a Convención de Dereitos Humáns das Persoas con Discapacidade e a LOE A decisión da Consellería de Educación que segregará aos nenos con diversidade funcional vai en contra da lei. Ante a proliferación de situacións en que nenos con diversidade funcional física ou intelectual que se atopaban integrados en centros educativos ordinarios están sendo obrigados pola Xunta a pasar a centros especiais, o Foro de Vida Independiente (1) sinala que isto supón un contrasentido dado que se avalou a obrigatoriedade dunha educación inclusiva, tal como establece a Convención de Dereitos Humanos dos discapacitados. Non resulta razoable que tras anos de asistencia a un centro escolar alguén con diversidade funcional véxase segregado a un centro que baixo o ampuloso título de especial é en realidade un Gulag ou Guantánamo no que fóra da vista da sociedade instrúese aos escolares en que a súa diversidade é motivo de exclusión social respecto aos estudantes da súa idade e entorno social. A esta práctica mafiosa, mediante informes tendenciosos e instrucións internas, a Xunta intenta dar un verniz de lexitimidade co anuncio dun decreto de atención á diversidade mediante o desvío dos alumnos con discapacidade a aulas específicas, para facer desaparecer as dificultades de integración creadas pola falta de recursos, vontade e coñecementos para o cumprimento da educación inclusiva que a legalidade vixente establece. O Foro de Vida Independiente coincide co obxectivo que alega a Xunta de “racionalizar recursos”, pero xa que existe diñeiro para dispendios (coches oficiais a 480.000 euros a unidade, 2 millóns de euros para remodelar un despacho, 355 coches oficiais cos seus respectivos condutores, edificios (O Porriño) construídos fai anos aos que non se lle deu ningún uso,…),que non responden a ningún dereito da cidadanía, estes gastos deben efectuarse despois de haber cuberto os fondos precisos para unha educación inclusiva de calidade para todos os galegos. O Foro de Vida Independiente fai un chamamento á comunidade educativa, ao movemento asociativo da discapacidade, aos representantes políticos escollidos nas eleccións e á sociedade en xeral para impedir que a segregación escolar impóñase en Galicia ou en calquera outra comunidade española porque trátase dunha violación dos dereitos humáns. Ao mesmo tempo queremos manifestar a nosa máis profunda preocupación polo feito de que TSXG declárese “incompetente” na demanda dun pai pola imposición da Xunta de enviar a un alumno, despois de estar nun centro de integración do seu contorno, a un especifico para persoas con diversidade funcional. Se a administración

Ler máis

Lexislación educativa e Venancio Graña

Presentación [D-545] Facía ben tempo que quería traer aquí a un gran amigo. Deses amigos con maiúsculas, un mestre cuxa foto non aparece no Google, nin falta que fai, pero que é un mestre destes que nunca esqueces, dos que asinas onde sexa para que lle fagan un monumento polo moito que o ten merecido. De maior gustaríame ser como el. Chámase Venancio Graña, mestre e director nun centro de educación infantil e primaria de Coruña. Tráioo a colación porque é un dos maiores expertos en materia de lexislación educativa galega (1) e (2). Materia tan seria (din algúns) e tan importante porque marca o rumbo que han de seguir os ensinos e as/os ensinantes. Non fai moito que lle fixen unha serie de preguntas sobre dous aspectos lexislativos que, por motivos diferentes, ándannos a preocupar nos colexios. Mandoume a súa xenerosa resposta e pedinlle permiso para publicala. E aquí vola traio para compartila con quen a precise libre e desinteresadamente. Graciñas Venancio. Sobre a privacidade en vídeos e fotos do alumnado para ser publicados na Internet Ten xurdido en numerosas ocasións as vivas discusións sobre como actuar ante a polémica da privacidade dos alumnos cando se publican as súas fotos ou vídeos, xa non só nos taboleiros do colexio, senón tamén cando se fan copias das mesmas para mandar ás casas ou cando se publican na Internet. Resulta así un conflito entre a necesaria privacidade e o dereito á intimidade fronte ao dereito de difundir e dar a coñecer as actividades que se fan na escola. Deixámosvos un enlace (3) a un documento que podedes descargar no que se fai unha análise moi a conciencia do asunto contrastando diferentes pareceres de fontes solventes e autorizadas. Sobre a elección dos consellos escolares neste curso Hai eleccións aos consellos escolares en Galicia este curso. Un proceso democrático de eleccións que, sobre o papel, debúxase moi bonito, pero que na realidade está cheo de quilométricas etapas burocráticas que pesan como lousas nos equipos directivos e nas persoas encargadas de levalas a cabo. O caso é que Venancio xa ven publicando ao longo de 12 anos un exquisito manual a través da asociación de directores de centros públicos na que traballa e da que hoxe é o seu presidente. Un manual listo para ser impreso e que só precisa dunha lectura seguindo o calendario marcado para ter todo feito e listo cunha simplicidade impresionante, recoméndovos a súa descarga (4) para todos aqueles centros (equipos directivos) que aínda non o teñades, xa que será unha valiosa axuda. Nova Orde sobre permisos e licenzas do profesorado público

Ler máis

Encontro Internacional de nenos cegos e deficientes visuais

[D-473] Do 16 ate o 20 de xuño terá lugar en Pontevedra I Encuentro Internacional de Niños Ciegos y Deficientes Visuales, impulsado pola Organización Nacional de Cegos Españois e pola Unión Mundial de Cegos. A idea básica consiste en que adolescentes con discapacidade visual de todo o mundo debatan e expoñan a súa realidade cotiá presentando ao público en xeral e a aquelas persoas con responsabilidade na toma de decisións dos problemas e contextos nos que se teñen que desenvolver. Os debates serán en sesións plenarias e trataranse aspectos relacionados con temas como: a educación, a familia ou as relacións cos outros. Neles participarán sobre 24 adolescentes de entre 14 e 16 anos de todo o mundo con diferentes tipos de discapacidade visual. Esta iniciativa xurde da recente entrada en vigor da Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade e este encontro pretende ser un foro onde se poida oir, reflexionar e tomar as medidas oportunas para a integración social das persoas con problemas visuais. Outro dos obxectivos que se pretende é que as conclusións cheguen a quen teñan a responsabilidade no desenvolvemento de políticas relacionados coa accesibilidade en diferentes campos: arquitectónica, urbanística, tecnolóxica, etc e acadar así melloras significativas en prol da igualdade de oportunidades e dereitos. Está previsto que o congreso remate cunha xornada aberta á que acudirán institucións e entidades internacionais dos ámbitos da cegueira e da infancia como a UNICEF, Save the Children, e outras para que os seus representantes poidan coñecer de primeira man a realidade e os problemas deste colectivo tras unha declaración conxunta elaborada polos propios rapaces. O resto das sesións serán a porta pechada e levaranse a cabo talleres de teatro,música ou deporte así como outras actividades de ocio e tempo libre que incluirán visitas culturais pola cidade. Fonte da noticia: www.ecodiario.es

Notas para a accesibilidade web (VIII)

Como decíamos ayer… [D-468-1] É verdade, levábamos unha promesa de editar nesta bitácora un artigo semanal os venres sobre accesibilidade web, e así o fomos facendo ata que chegamos ao 7. Ahí tivemos que parar porque a preparación do Congreso e outros compromisos nos tiñan atados. Agora que o congreso xa foi, e que volvemos a ter un pouco máis de respiro, retomamos os artigos semanais. Vos pedimos desculpas polo paréntese, e nos poñemos en marcha. O caso é que ¿Por onde empezar? Ou mellor dito: ¿Por onde proseguir? Dado que no congreso se falou moito da accesibilidade web, queríamos comezar por ahí, por unha das cousas que se dixo no congreso e que os técnicos máis renombrados insistiron (Emilio Ivars de Disacnet e Julián García Villalobos da ONCE): O mellor banco de probas para a accesibilidade web son os propios usuarios. Indicacións valiosas de accesibilidade por moi novato que sexas (ou novata) [D-468-2] O básico é o básico. O resto, xa irá vindo Os que andamos na procura dunha maior accesibilidade web en todos os ámbitos, pero especialmente na educación, atopámonos sempre coa mesma pedra atravesada no camiño: a xente sopra incómoda, evita canto pode abordar o asunto, escapúlese e fuxe. ¿Por qué? Porque lle parece traballo de fontanería para expertos e técnicos, complexo e duro. Parcialmente non lles falta moita razón, pero só parcialmente. Dende aquí facemos unha invitación a abordar a accesibilidade dende outra perspectiva: hai cousas moi básicas e elementais que todos sabemos facer, básicas e sinxelas. Imos ver estas indicacións e, así, antes de que nos decatemos, teremos feito o máis importante da accesibilidade. Probas con usuarios reais Se queres facer unha aproximación ao que a accesibilidade é, e se coñeces ou tes contacto con persoas con diversidade funcional por discapacidade visual, motora, auditva ou combinada que estiveran dispostos a sentarse diante da pantalla para ver a túa web e opinar sobre ela, non perdas esa oportunidade, aprenderás moito máis do que imaxinas, vale ouro. Deixa que naveguen pola túa web e che conten onde teñen as dificultades máis importantes, verás que, a maior parte das veces, os problemas non son técnicos, senón de conecepto, de claridade de exposición, de organización dos contidos, de expresións confusas, ou de información visual que non está mal pero que necesita un pequeno apoio de texto. Non estás ahí con eles para superar unha oposición. Deixa que falen, que che conten todas as dificultades que teñan, non te defendas, acepta as súas necesidades como obrigas túas e dereitos deles. Rompe os miolos para para superar as barreiras. A falta de pan,

Ler máis

Notas para a accesibilidade web (VII)

Documentarse sobre a accesibilidade [D-416-1] (Artigo en construcción, disculpade as molestias) Todo traballo que se aprecie como tal, debería conter unha serie de referencias a outros traballos nos que a persoa interesada poida ampliar, mellorar ou contrastar o material que se lle está a expor. Tratándose de accesibilidade web, sería pois necesario que nós tamén indicásemos diferentes referencias, ben sexa bibliográficas, ben sexa de sitios de Internet no que poder ampliar e contrastar a información que damos. Así pois, hoxe será o que imos facer: Reunión do que editamos nós ata o de agora: O sitio onde puxemos os apuntes de accesibilidade cando fixemos os talleres no primeiro trimestre deste curso: tadega.net/Foro/viewforum.php?f=28 O sitio onde temos reunidos todos os artigos da bitácora que redactamos sobre accesibilidade web: tadega.net/Bitacora/category/accesibilidade O que outros din sobre a accesibilidade web: Un alegato contra o mal gusto impecable: effectivetranslations.com/stupidtables Un magnífico curso sobre accesibilidade web: cursoaccesibilidad.inclusion.es/index.php Guía para analizar a usabilidade dunha web: nosolousabilidad.com/articulos/heuristica Páxina de Olga Carreras centrada na accesibilidade e usabilidade web e de gran calidade técnica: olgacarreras.blogspot.com Guía básica sobre estándares web e accesibilidade, un bo sitio para comezar suaviño: atedis.gov.ar/acceso_guia.php A lexislación: A páxina do SIDAR sempre será unha referencia obrigada, aconsellamos un percorrido completo, pero xa que falamos agora da lexislación, tamén neste eido teredes alí a documentación máis completa e actualizada: sidar.org Ferramentas: Verificadores de corrección: Da idoneidade da elección das cores (formato comprimido ZIP): technosite.es/descargas/cca_20_es.zip Validador da corrección da linguaxe HTML dunha web: validator.w3.org Validador da corrección da linguaxe das follas de estilo (CSS) dunha web: jigsaw.w3.org/css-validator Analizar a accesibilidade dun sitio: Con TAWDIS.NET: Na páxina: http://www.tawdis.net/taw3/cms/gl inserir o enderezo a validar. Con HERA: Na páxina: http://www.sidar.org/hera/ inserir o enderezo a validar. Con EXAMINATOR: Na páxina: http://www.accesible.com.ar/examinator/ inserir o enderezo a validar. Barras de ferramentas que se acoplan aos nosos navegadores: Para Firefox: chrispederick.com/work/web-developer/localization Para Internet Explorer: technosite.es/SRV/614_es Chuletarios: ¿Non se lembra do código dun país para incluír nunha etiqueta? psicobyte.com/html/idiomas ¿Non se lembra do código HTML para un carácter especial? ascii.cl/es/codigos-html Como ven sendo habitual nos artigos desta serie, aquí tedes este artigo en español: www.opentrad.org/tradurl.php… Aviso, ao haber citas literais en español no propio artigo, e ao ser a tradución deste enlace feita por unha máquina, o resultado pode resultar algo confuso. Invitamos dende aquí a unha lectura directa do orixinal que non custará moito traballo. Graciñas e desculpade as molestias.

Notas para a accesibilidade web (VI)

Ser accesible non é o mesmo que certificarse [D-437] Dende o comezo da vida de TADEGa, estivemos a traballar duro porque as nosas páxinas web (as centrais, as da bitácora, as do foro, e demais) foran o máis accesible posible. Non o facíamos para agradar nin para presumir. Sinxelamente é de seu que sexa así (máxime á vista dos obxectivos da asociación). Cremos que fixemos un bo traballo, e cremos tamén que aínda nos queda moito por arranxar. Cando chegamos a un certo nivel no que xa había capacidade para poder dicir publicamente que algúns destes módulos xa eran accesibles conforme ao nivel doble A ou incluso (nalgúns casos) ao nivel triplo A das directrices de accesibilidade para o contido da Web 1.0 do W3C-AI, comezamos a traballar nun doble obxectivo: Atrevernos, coa experiencia acadada, a ofrecela a outros para asesoralos en accesibilidade web. Por exemplo, por ter acadado o premio en accesibilidade do consorcio EGANET no 2007, é posible que na convocatoria deste ano poidamos formar parte do xurado desta modalidade. Acadar a certificación de accesibilidade correspondente, tal e como a normativa legal vixente pide, especialmente, cando os sitios de internet teñen un carácter educativo, sanitario ou de servizos sociais (*). Incluso, aínda deixando o mandato legal a un lado: Como poderiamos esixir ou reclamar a alguén externo a nós que sexa accesible se nós mesmos non nos certificamos como tales? Pois aí comeza o problema e a causa do artigo de hoxe: Quere vostede certificar a súa web? Non se preocupe, en España hai dúas opcións ata o de agora: Opción A. Cita literal tomada da súa web: AENOR es una entidad sin ánimo de lucro dedicada al desarrollo de la normalización y la certificación (N+C) en todos los sectores industriales y de servicios. e máis adiante di: Internet es para todos. Opción B. Cita literal tomada da súa web: Technosite, empresa especializada en tecnología y discapacidad de Fundación ONCE, ha certificado la accesibilidad de más de 50 sitios web en base a las Pautas de Accesibilidad al Contenido en la Web 1.0 (WCAG 1.0) del W3C/WAI. e máis adiante indica: Fruto de UWEM, en 2007 nace Euracert, marca europea de certificación de sitios web accesibles, convirtiendo a Technosite en la única organización española que expide este certificado de reconocimiento internacional. Faranos falla un Robin Hood ou un Curro Jiménez? (**) Pois tanto ten que sexa unha entidade sen ánimo de lucro como unha empresa especializada, a ambas lles pedimos un presuposto para certificarnos co resultado de que (incluíndo o IVE) por certificarnos achégannos presupostos que exceden, e bastante, do

Ler máis

Notas para a accesibilidade web (V)

O ‘ABC’ da accesibilidade web [D-434-1] Nesta longa tempada na que ando a falar de accesibilidade web deixando sementes, avisos, ou mesmo un par de incómodas preguntas nalgunha bitácora, atópome con caras raras, de asombro, de xente que parece dicir E como é iso? Eu non sabía nada. E parece difícil: paga a pena? Estas preguntas nun faladoiro de café non nos deberan estrañar ata certo punto, porque ata o que crava puntas (que me desculpe polo atrevemento de citalo así) capta sen dificultade o propósito dun signo braille nos botóns do ascensor ou o da rampla de acceso dun portal e, mire vostede, lles parece estupendo, polo que non se asombran moito cando se razoa que o mesmo coidado precisa o uso da palabra física ou virtual (iso é o de menos). O que me deixa algo abraiado é que estas preguntas chas fagan dende a propia Educación, dende o profesorado supostamente máis avantaxado e posto ao día. E aí esnaquízome. No fondo, que é a accesibilidade web? [D-434-2] Todo isto ven a que sempre remato estas pescudas caendo na conta de que, no fondo, non entendemos de verdade o que é a accesibilidade web. Vémola como a incómoda imposición virtual da ética, que bate contra liberdade de expresión porque coarta a nosa expresividade pública, etc., etc., etc. O difícil está en explicar axeitadamente (facéndose entender) que a accesibilidade web non é nada diso, é outra cousa diferente e fundamental que reside mesmo no medula da docencia. Non sabía como explicalo (son así de torpe) ata que lembrei unhas palabras de Lázaro Carreter que traio aquí de xeito literal para non contaminalas (por aquelo de que onde hai patrón non manda mariñeiro): Hablar, responder bien, es hacerlo juiciosamente, meditando lo que se dice, sin caer, claro, en el extremo de la apremiosidad. Nos falta por completo una pedagogía generalizada de la expresión oral pública. Todo educador francés recibe al obtener su título un memorándum ministerial en el que se contiene, entre otras muchas, la siguiente advertencia: Hablar bien no es hablar con elocuencia, ni siquiera con facilidad. De ordinario, el que habla fácilmente tiene pocas cosas que decir. Es que su pensamiento no le ofrece resistencia y lo viste con trajes confeccionados. Hablar bien no es hablar con fluidez sino hablar con precisión. Puede titubearse cuando el titubeo obedece al deseo de ser fiel a los hechos y a las ideas. Habla bien […] el que actúa como árbitro entre su pensamiento y su expresión. Hay que habituar a nuestros alumnos, cuando hablan, a ser severos consigo mismos, a dudar, a

Ler máis

Notas para a accesibilidade web (IV)

O arte de enlazar páxinas [D-416-1] Nota: a xente gusta dos decálogos, e eu, ala! para seres diferente, irei por ducias. (Non vos asustedes que ao longo do artigo comprenderedes o xogo iste). Se hai algo que caracteriza a Internet é ista cousa de poder viaxar, perdón, navegar dunha páxina a outra grazas aos enlaces* que hai nelas indo dun sitio para outro con vento en popa. Pero (sempre aparece algún pero) non somos tan bos grumetes como creemos e, ás veces, poderían chamarnos malos náufragos. Non nos decatamos de que un mal deseño pode frustrar a navegación de moitos usuarios: por ter algunha discapacidade, pola súa inexperiencia, pola saturación do seu ancho de banda, ou porque (e isto é o terrible) o deseñamos tan mal que nin nós mesmos somos quen de saír do disparate. Así que hoxe toca pórse as pilas e repasar istas cousas que parecen evidentes pero que na práctica non o son tanto, ou que as temos desatendidas. Imos aló. [D-416-2] Sobre cómo redactar e colocar os enlaces O que nunca deberiamos facer Todo o mundo cree que colocar istes enlaces é moi doado porque se poden colocar de calquera xeito, a esgallo e, como auténticos elefantes nunha cacharrería, esnaquizamos toda posibilidade de que o noso material poida ser accesible. Imaxina por un momento que tes os ollos vendados e que unha voz metálica vai ler para ti os seguintes enlaces dunha páxina de Internet nun ordenador que non ten rato e tes que gobernar co teclado: Pincha aquí para escoitar as noticias e, aquí para voltar á páxina principal. Fai clic co rato no botón azul para ver a nosa opinión. Pincha neste botón ou neste outro para ir á noticia. Pincha no número impar dun só díxito que ten raíz cadrada exacta. Cliquea na noticia sobre o desastre acontecido no día de onte no que morreron 89 persoas de accidente de tráfico por mor do mal estado do tráfico desta pasada fin de semana para ler a noticia. Temos varias sorpresas para ti. Cando o enlace se poña amarelo fai clic sobre el para darche unha pista do problema. Se non ves o noso menú de navegación, tes que instalar iste programa. Percorre toda a nosa web para acceder aos nosos enlaces. Fai clic na pelota saltarina para acceder ao noso menú. Alumn@s e profesor@s saúdanche nesta páxina. Dispós de 3 segundos para acceder á seguinte listaxe. O que sempre debemos facer ¿Conclusións? É doado chegar a elas aquí as indicamos e engadimos algunhas máis: Para garantir a accesibilidade: Non pode haber varios enlaces con

Ler máis

Alfabetización dixital

[D-415] Alfabetización dixital para todas e todos A fenda dixital é unha fenda social, polo que é necesario realizar labores de alfabetización dixital, que se converte na clave do desenvolvemento da Sociedade da Información e do Coñecemento. Os medios audiovisuais permiten pola súa cercanía atraer a atención do futuro usuario das TIC e achegarlle eses elementos descoñecidos para el dun xeito ameno. Todo medio audiovisual ten que ser accesible para todas as persoas con discapacidade, iso significa que os vídeos irán subtitulados e audio-descritos para que as persoas con discapacidade sonora ou visual non teñan unha fenda engadida, toda labor de inclusión ten que ser totalmente inclusiva. Isto é algo novo e posiblemente atractivo pois a forma na que comunicamos (ou pretendemos facelo) algo tan arduo como é a sinatura dixital, permite ás persoas cegas manexarse utilizando o teclado e JAWS e os subtítulos en cores para xordos. Trátase dunha escolma de vídeos que realizamos, mediante escenificacións de situacións cotiás que resolven de forma sinxela e amena aquelas dúbidas e inquietudes que se poden ter en relación coa sinatura electrónica e as avantaxes que o seu uso pode proporcionar, achegando desta forma as novas tecnoloxías ao cidadán nunha forma habitual para el, a televisión e máis en concreto a telecomedia. Dito sistema multimedia (pois inclúe ademais simulacións dos problemas máis habituais que se poden atopar) está subtitulado e audiodescrito para permitir o seu acceso a persoas con discapacidade auditiva ou visual. O proxecto foi apoiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información e a Dirección Xeral para o desenvolvemento da Sociedade da Información dentro do Plan Avanza na súa Convocatoria de axudas para a realización de actuacións que favorezan a inclusión de persoas con discapacidade e persoas maiores na sociedade da información, participando no financiamento as axudas concedidas pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo. Orixe Colaboración que agradecemos de Ángel García Crespo (www.pasmao.tv).