10 razóns para unha web accesible
[D-353-1]
Dez razóns para deseñar unha web accesible
Este é o título do relatorio que impartirá Emmanuelle Gutiérrez Restrepo [1] da Fundación Sidar [2]
, na que repasarán as dez razóns para deseñar de xeito accesible, dez razóns de índole técnica, económica e social. Abordará conceptos tales como usabilidade, estándares, web semántica, interoperabilidade, aplicacións enriquecidas, comunicacións móbiles, posicionamento en buscadores, etc.
E ademais retransmitida polos nosos compañeiros do CESGA [3]! Hoxe ás 18:00 a través de Internet accedendo á súa web no enlace que xuntamos ao final deste artigo e incluso participar mediante chat, rexistrándose como «anónimo», dende a web da iso-es.org [4]
Outra opción tamén é a de seguirse na sede presencial do CESGA [3] en Santiago de Compostela, A Coruña, España.
Relación de enlaces web que se citan en orde de mención
- Bitácora de Enmanuelle Gutiérrez Restrepo: www.bitacoras.sidar.org/emmanuelle
- Fundación Sidar: www.sidar.org
- Retransmisión dende o CESGA: mms://windowsmedia.cesga.es/isoc-es
- Chat para participar dende a Isoc: www.isoc-es.org/chat
[D-353-2]
Felo, Abraham, Begoña… ou quenes poidades. Eu teño que ir á rehabilitación do hombro ¿Pode alguén grabar isto en youtube ou algo así para logo colgalo nalgures? Non quixera perderme este acontecemento e supoño que coma min moitos máis.
Grazas
Juan.