Conclusións do 1º Congreso TADEGa

Documento de conclusións [D-466] Co gallo da celebración do noso primeiro congreso TADEGa, estivemos a traballar na presentación dun documento de conclusións. Sinxelo e breve, para non cansar aos lectores, onde tedes unha escolma do que entendemos pode ser o máis interesante cara a facer unha radiografía das TIC na Atención á Diversidade en Galicia ao tempo que extrae unha serie de propostas e dictames encamiñados a mellorar ese diagnóstico.

Ler máis

Navegador Zac

[D-464] Xa coñecemos que as barreiras que diariamente teñen que esquivar moitas persoas que sofren algunha discapacidade, tamén están presentes nas TIC. Un exemplo son as persoas con autismo, que se ven desbordados pola cantidade de información, elementos e cores presentes nos navegadores de Internet. Por iso, un informático creou, con asesoramento de profesionais do tratamento do autismo, un navegador web específico para estas persoas, que puxo a disposición de

Ler máis

I Congreso TADEGa 2008

[D-453] Os días 23 e 24 de maio de 2008, terá lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008. TADEGa síntese moi leda de presentarvos este 1º Congreso. Chegar ata aquí non foi doado, o traballo preparatorio foi intenso, pero paga a pena intentalo á vista do servizo que podemos

Ler máis

Google e Braille

[D-439] O buscador de Internet ‘Google’ (*) da un pasiño de cara á igualdade no acceso á información ao adaptar os seu servizo de consulta de noticias, chamado Google Reader, ás persoas con discapacidade visual. Dende mediados do mes de marzo, eles tamén poderán facer uso de Google a través dun sistema que permite o emprego de aplicacións que codifican o texto escrito ao alfabeto Braille en lectores de pantalla.

Ler máis

Competencias básicas

[D-424] O Centro de Formación e Recursos da Coruña, organiza un curso que se celebrará en xuño sobre competencias básicas e no que contarán cun programa moi interesante: 3 de xuño: Competencias básicas e práctica educativa: avalición das competencias por Don José Graña Carrodeguas, Subdirector Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do sistema educativo. 4 de xuño: Metodoloxía na aula e desenvolvemento de competencias básicas: unha interesante relación por Dona

Ler máis

Congreso Nacional de Dislexia

[D-418] E xa van pola IV edición, a se celebrar en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro… tendo como obxectivo principal dar a coñecer o trastorno da dislexia e buscar solucións aos problemas que se nos presentan día a día, dende todos os ámbitos: familiar, educativo, sanitario e social. Animádevos que paga a pena. Enlaces de interese Ligazón á web de DISFAM: www.disfam.net/congreso Ligazón á imaxe

Ler máis

Congreso Nacional Déficit Atención

[D-323] Unha aperta moi forte a Juan niste día. Aviso: Artigo en castelán El pasado 26 y 27 de enero de 2008 tuve la oportunidad de estar en el Congreso Nacional sobre TDAH 2008 en Madrid, de este conviene destacar las aportaciones del Dr. Russel Barkley, la psicóloga Marina Peña y la de Jesús Bernal. El resto de conferencias pasaron sin pena ni gloria, algunas parecían prometedoras aunque luego no

Ler máis

Dislexia, a discapacidade invisibilizada

[D-408] Non nos decatamos pero entre nós hai unha multitude de xente con dislexia sen que os propios afectados sexan coñecedores desta situación. Un artigo no xornal El País (1) fai unha descrición pormenorizada desta situación que, no estado español, é grave dende o momento en que as medidas educativas para a detección e o tratamento apenas son uns poucos esbozos do que debería ser. Non quero aburrir on explicacións

Ler máis

Asomarse ao autismo (II)

[D-401] Isto xa ven de atrás Contaba eu non fai moito (1) a miña curiosidade infinita sobre sobre como viven as persoas con discapacidade ou como sinten, tanto eles como os seus familiares máis achegados, que podemos ou debemos facer, ou como nos debemos conducir. E, dentro de todo iste mar de interrogantes, o autismo: Qué bule detrás deses ollos que rexeitan mirar aos meus? Como entende un coche de

Ler máis

O proxecto ‘Ponte dos Brozos’

A nosa noraboa e o noso agradecemento [D-396] A pasada semana dábamos peche provisional ao ciclo de obradoiros de accesibilidade básica de contidos web que estivemos a celebrar durante un longo mes. E digo que peche provisional, porque queda por celebrar o obradoiro de Lugo que aínda non ten data e porque estamos a argallar xeitos para darlle continuidade aos máis de 70 compañeiros e compañeiras que transitaron por estes

Ler máis