Las TIC para la igualdad

[D-517] O vindeiro venres día 5 de setembro, no marco XI Congreso Edutec, vaise presentar, en Santiago de Compostela, o libro Las TIC para la igualdad, unha obra deseñada para darlle a entender ao lector a utilidade das novas tecnoloxías na atención á diversidade. Julio Cabero, Margarita Córdoba e José María Fernández son os coordinadores deste título integrado na Colección Educación e Psicoloxía, da Editorial MAD Eduforma, no que se ofrece unha análise das tecnoloxías da información e a comunicación dispoñibles no contexto educativo para persoas con determinados tipos de discapacidade. A obra, de grande utilidade para mestres e expertos en Educación Especial, será presentada no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) ás 9.45 horas. A Editorial MAD Eduforma, conta cunha experiencia de máis de 25 anos na publicación de libros cunha orientación práctica e a este título súmanse outras obras como Ensino con TIC no século XXI ou A escola 2.0, entre outras.

Na presentación do navegador ZAC

Así a sentín eu [D-511] O pasado xoves, organizada pola asociación TADEGa, asistimos no MUPEGA en Santiago, á presentación do navegador Zac (1). Iago e Diego foron a miña sorpresa (2): Estiveron alí uns minutos antes de comezar. A pesar do diagnóstico de TEA, o meu fillo Iago é moi sociable, e deixouse querer. Entre os asistentes estaban a tía e o tío dun meniño que tamén ten unha bitácora De la Mano Contigo (3) e dúas nais máis, unha delas conta a súa historia en La Sonrisa de Arturo (4). Tamén unha representación de Autismo Galicia (5). Alegroume gratamente sentir novamente, pero en vivo e en directo, a través de Iago Seara, a bondade da aplicación creada por John LeSieur, o seu proxecto difúndese gratuitamente. Aledoume tamén saber que está posta en marcha a seguinte versión con importantes cambios, entre eles, a posibilidade de decidir que enlaces amosar, ou crear unha biblioteca mundial de enlaces onde a comunidade usuaria con perfil de administración (nais e pais, titores/as, profesorado… ) poderá buscar ou deixar, os que cada quen considere máis axeitados. Iago expuxo o seu traballo dentro do equipo español do ZAC, enxalzando o labor doutras colaboracións e amosounos algo máis de John LeSieur, a súa mocidade e a súa inquietude por lograr novas versións máis elaboradas e accesibles. A Iago vino como a unha persoa excepcional, familiar, agradable, doce, preocupado por resolver as inquietudes e concienciado en conseguir que este proxecto para nenos e nenas con autismo poida ser, como dicíamos alí, un navegador sen apelidos, para todas e todos. Simplemente, o Navegador Zac. Enlaces relacionados (1) Páxina do navegador ZAC. (2) Páxina do caderno de bitácora de Iago e Mamiago. (3) Páxina do caderno de bitácora De la mano contigo. (4) Páxina do caderno de bitácora La sonrisa de Arturo. (5) Páxina da asociación Autismo Galicia.

Fundación Adapta

[D-503] O 24 de outubro do 2007 constituíuse a Fundación Adapta, unha organización sen ánimo de lucro creada por diferentes entidades e persoas, todas elas con experiencia no mundo das novas tecnoloxías de apoio. A través delas e da súa investigación científica, así como da cooperación cos países que o precisen, a Fundación Adapta ten como fin mellorar a calidade de vida das persoas con autismo e/ou con discapacidade intelectual. Con esta fin comprométese a destinar o 50% dos beneficios que obteña a Fundación a accións de apoio ao seu desenvolvemento. E, tras a súa constitución, a súa páxina Web (1). Entre outros servicios, a través dela teremos acceso a dous portais de gran interese para os que estamos comprometidos e comprometidas coa atención á diversidade e as novas tecnoloxías. Ambos os dous portais están a piques de se abrir ao público tras varios anos de traballo: o portal Miradas de Apoio, do Grupo de Autismo e Dificultades de Aprendizaxe da Universidade de Valencia, e un portal de e-learning para cursos a distancia. Baixo a filosofía da Aprendizaxe Centrada na Persoa ou PCP, o portal Miradas de Apoio ofrece unha serie de servizos e ferramentas sostidos por grupos de apoio centrados na persoa. E, pola súa banda, o portal e-learning para a formación a través de internet ofrecerá información oficial para o emprego das diferentes ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías aplicadas ao trastorno autista e a discapacidade intelectual. Así mesmo, través da páxina oficial da Fundación Adapta poderemos acceder a noticias e a publicacións científicas de interese no ámbito da atención á diversidade e as novas tecnoloxías. A Web é, dende logo, unha páxina todavía en crecemento, ao igual ca Fundación que a xestou. Sen embargo, a calidade dos seus integrantes nos leva a pensar que en breve se ha de convertir nunha páxina de visita obrigada para todos os que participamos con eles do interese polas novas tecnoloxías e a atención a diversidade. E esperamos que así sexa. (1) Enlace á páxina da Fundación Adapta

Campamento para infancia con autismo

[D-506] A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade colabora neste mes de agosto co programa “Nos vamos de campamento” da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista ou ASPANAES, que vai ter lugar no Poboado das Veigas, en As Pontes (A Coruña). O programa está formulado co fin de desenvolver actividades de tempo libre para os participantes e dar un pequeno respiro as familias. Ten unha duración dunha semana e vai destinado a un total de 40 nenos e adultos con trastorno autista. Así, mentres as familias poden descansar do forte estrés que supón o coidado destes nenos e nenas, os rapaces e rapazas, sempre acompañados por persoal especializado, poderán desfrutar dun tempo de lecer no que se desenvolverán actividades de xogo ao aire libre como sendeirismo, excursións á praia e a parques temáticos, deportivas, saídas culturais e mesmo sesións de cine. Por outra banda, e sen descoidar o compoñente lúdico do campamento, coas actividades deseñadas tamén se pretende o traballo e fomento nos coidados persoais cotidianos, así como nos hábitos e nas costumes sociais, a través da convivencia e da participación activa de tarefas domésticas e de autonomía personal. Esperamos que propostas como esta se xeneralicen ao resto de Galicia.

Dislexia, novos retos na intervención

[D-501] Se en Abril dabamos conta do Congreso Nacional de Dislexia (1) a celebrares en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro, eiquí na nosa terriña, ten moi moi boa pinta o Curso de Verán da USC “Dislexia: Novos retos na súa intervención interdisciplinar”. Desenvolverase en Vilagarcía do 15 ao 19 de setembro coas ultimas innovacións en materia de intervención sobre a dislexia. Darémosvos conta do acontecido no curso e un resumo para os compañeiros que van ao TECNONEET. Setembro formativo!! Enlaces de interese Ligazón ao artigo do Congreso Nacional de Dislexia: TADEGa Ligazón á web do Curso de Verán sobre Dislexia: Curso de Verán en Vilagarcía-Programa Ligazón á información do Curso na USC: Información do Curso de Verán na USC

Congreso Internet en el Aula – Toshiba y Educación Especial

Luis Polo, hizo una buenísima presentación de las acciones llevadas a cabo dentro del compromiso de TOSHIBA en el marco de las necesidades educativas especiales y el uso de soluciones para emplear dentro del aula. Los vídeos son el mejor ejemplo de todo esto. Estuvimos probando el Tablet PC Easy Guard (ojo, se le puede echar por encima un vaso de agua!!) y es espectacular. Otra acción en la que seguro que tendrán noticias nuestras son los Premios Romper Barreras 2008. ¿Sabrán del Congreso de TADEGa? 😉 [D-485-1] [D-485-2]

Navegador ZAC en Español

[D-477] Aproveito para presentarme oficialmente na Bitácora despois de facelo na lista de correo TADEGa (Que xente mi madriña! 😉 , compráceme moitísimo informarvos, que a versión oficial en castelán do Zac Browser (coma antesala da versión galega), xa está á vosa disposición na ligazón oficial do proxecto Zac Browser (1). Para calquera dúbida, problema ou suxestión, podedes dirixirvos aos foros de ZAC (2). Neles podedes formular as vosas consultas en ingles, francés ou español. Deste xeito consolidamos así a participación da Asociación TADEGa nestas dúas traduccións. A tal efecto, se coñeces materiais didácticos en formato web que poidan usar as nenas e nenos con algunha discapacidade intelectual vos pedimos que nolo acheguedes a TADEGa. Ao final deste artigo tedes o enlace da nosa magnífica coordinadora Mamiago (3). Nota de prensa en castelán Las Vegas, NV – 24 de Junio, 2008 – People CD, los creadores de Kidz CD (Navegador seguro para niños y adolescentes) lanza el navegador ZAC Para Niños Autistas en Español. ZAC es el primer navegador creado especialmente para niños con autismo, y desórdenes del espectro autista como el Síndrome de Asperger, desórdenes de desarrollo dominante (PDD por sus siglas en inglés), y PDD-NOS. Ellos han creado este navegador para los niños, para su disfrute, enriquecimiento, y libertad. Los niños lo prueban, lo usan, juegan, e interactuan con él, y experimentan independencia a través de ZAC. El Navegador ZAC fue inspirado a partir de una profunda necesidad propia, dijo John LeSieur de People CD. En 2002 fuimos bendecidos con un hermoso nieto, Zackary. En sus primeros años Zackary empezó a mostrar signos clásicos de desorden de desarrollo dominante (PDD sus siglas en inglés) y fue diagnosticado como autista severo en 2005. Tenemos el más profundo amor por nuestra hija y nieto, y es a partir de este emotivo sentimiento que hemos usado nuestro talento para crear un navegador específicamente para Zackary y los niños que afrontan desórdenes cerebrales similares. El Navegador ZAC fue creado debido a tres importantes razones: El Navegador ZAC es el único lugar donde tu hijo autista puede navegar solo a salvo, y fácilmente por internet e interactuar con muchas aplicaciones web. El Navegador ZAC proporciona a padres y cuidadores un foro donde pueden aprender de otras experiencias, compartiendo historias, donde pueden conectarse y comunicarse con otros que entienden íntimamente sus situaciones. El Buscador ZAC propociona enlaces útiles que guían a páginas comerciales que podrían mejorar la calidad de vida de vuestros hijos. El Navegador ZAC en inglés fue presentado en Abril del 2008 e instantáneamente recibió el reconocimiento de los medios más prestigiosos de todo

Ler máis

Lazarux

[D-463] Lazarux é unha distribución GNU/Linux operando desde un Live-CD, adaptada ás necesidades informáticas de eficientes visuais de fala hispana, que inclúe un amplo conxunto de aplicacións accesibles e un motor de voz totalmente en español. Os autores: David Cabrero Souto, Doutor en Informática e profesor na Facultade de Informática da universidade da Coruña, España; e Sergio Rodríguez Esquerra, Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión. Cabe destacar que o usuario só debe de inserir o CD no seu PC, e encendelo ou reinicialo. Tralo arranque, terá no seu ordenador un sistema operativo Linux que usará a síntese de voz para se comunicar co usuario, algo moi positivo, xa que é válido para persoas con resto visual ou sen el. Ademais incorpora outras tecnoloxías de apoio como os magnificadores (ampliadores) da imaxe, para maior comodidade no caso de persoas con restos visuais. O grupo de investigación do profesor Cabreiro recibiu un premio Eclipse Innovation Grants 2004 o cal, na medida do posible dedicouse a financiar parcialmente o desenvolvemento de Lazarux. A día de hoxe tamén se asinou un contrato de colaboración coa empresa Alfa21 Outsourcing S.L. para a incorporación de tecnoloxías de accesibilidade a unha distribución Linux de ámbito galego. Sen dúbida os resultados do traballo desenvolvido no ámbito do devandito contrato servirán para mellorar Lazarux. A Curto prazo estudan formas de mellorala, e esperan continuar sacando novas versións, xa que parece un proxecto moi interesante. Ao mesmo tempo buscan novas formas de financiamento e novas colaboracións que impulsen o desenvolvemento do proxecto. Por suposto, calquera persoa que queira unirse ao proxecto, ben sexa como desarrollador, testeador, etc., será benvida. Para contactar cos autores, facer referencia a Lazarux na liña do asunto do correo electrónico. Ligazóns de interese: Ligazón á páxina de descarga do Lazarux: www.grupomads.org/download Contacto cos autores: Enviar un correo electrónico a un dos enderezos: ingsre00@ucv.udc.es ou cabrero@udc.es

Encontro Internacional de nenos cegos e deficientes visuais

[D-473] Do 16 ate o 20 de xuño terá lugar en Pontevedra I Encuentro Internacional de Niños Ciegos y Deficientes Visuales, impulsado pola Organización Nacional de Cegos Españois e pola Unión Mundial de Cegos. A idea básica consiste en que adolescentes con discapacidade visual de todo o mundo debatan e expoñan a súa realidade cotiá presentando ao público en xeral e a aquelas persoas con responsabilidade na toma de decisións dos problemas e contextos nos que se teñen que desenvolver. Os debates serán en sesións plenarias e trataranse aspectos relacionados con temas como: a educación, a familia ou as relacións cos outros. Neles participarán sobre 24 adolescentes de entre 14 e 16 anos de todo o mundo con diferentes tipos de discapacidade visual. Esta iniciativa xurde da recente entrada en vigor da Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade e este encontro pretende ser un foro onde se poida oir, reflexionar e tomar as medidas oportunas para a integración social das persoas con problemas visuais. Outro dos obxectivos que se pretende é que as conclusións cheguen a quen teñan a responsabilidade no desenvolvemento de políticas relacionados coa accesibilidade en diferentes campos: arquitectónica, urbanística, tecnolóxica, etc e acadar así melloras significativas en prol da igualdade de oportunidades e dereitos. Está previsto que o congreso remate cunha xornada aberta á que acudirán institucións e entidades internacionais dos ámbitos da cegueira e da infancia como a UNICEF, Save the Children, e outras para que os seus representantes poidan coñecer de primeira man a realidade e os problemas deste colectivo tras unha declaración conxunta elaborada polos propios rapaces. O resto das sesións serán a porta pechada e levaranse a cabo talleres de teatro,música ou deporte así como outras actividades de ocio e tempo libre que incluirán visitas culturais pola cidade. Fonte da noticia: www.ecodiario.es

Conclusións do 1º Congreso TADEGa

Documento de conclusións [D-466] Co gallo da celebración do noso primeiro congreso TADEGa, estivemos a traballar na presentación dun documento de conclusións. Sinxelo e breve, para non cansar aos lectores, onde tedes unha escolma do que entendemos pode ser o máis interesante cara a facer unha radiografía das TIC na Atención á Diversidade en Galicia ao tempo que extrae unha serie de propostas e dictames encamiñados a mellorar ese diagnóstico. Agardamos que sexa fecundo para todas e todos: Documento de conclusións en galego: En formato Flash para velo en pantalla: issuu.com/tadega/docs/conclusionscongresotadega08 En formato PDF para descargar: www.tadega.net/Descargas/ConclusionsCongresoTADEGa2008.pdf (Aviso, documento pesado: 50 MB). O mesmo documento de conclusións en español: En formato Flash para velo en pantalla: issuu.com/tadega/docs/www.tadega.net En formato PDF para descargar: www.tadega.net/Descargas/ConclusionesCongresoTADEGa2008.pdf (Aviso, documento pesado: 50 MB). Deste documento farase entrega de exemplares impresos ás diversas autoridades e organismos que apoiaron e colaboraron na celebración deste congreso, non só como agradecemento, tamén co ánimo de que o radiografado e das conclusións que se desprenden, se poidan extraer futuras actuacións encamiñadas á mellora do panorama das TIC na Atención á Diversidade, máxime na Educación Galega. Entidades colaboradoras e ás que se dirixe unha copia impresa das conclusións xunto cunha copia do libro de actas do congreso: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación. Xunta de Galicia Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Consellería de Educación. Xunta de Galicia Servizo de Atención á Diversidade. Conserjería de Educación, Ciencia e Investigación. Rexión de Murcia. Asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega). Asociación DIVERTIC (Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade). MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia). ONCE (Organización Nacional de Cegos Españois). EDIGa (Encerado Dixital Interactivo de Galicia). SMART Technologies Inc.