Unha resposta para Iago
A historia
Fai tempo dabamos conta nesta bitácora de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos
. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto.
No noso centro, o alumnado do que son titor aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra
e que xa coñecedes todos da nosa web. Impactoulles e gustoulles moito, pero a cousa non quedou aí. Resulta que aquelo de comunicarmos con pictogramas resultaba algo moi abstracto que non acababan de entender moi ben pois nunca viviran unha experiencia similar nin coñecían a ninguén que precisase este sistema de comunicación.
Así pois non quedaba outra que puideran coñecer a alguén que empregase este sistema comunicativo, polo que lles amosamos o vídeo de Iago no que se pode ver con moita claridade como o usa e precisa comunicarse con el.
Unhas cousas levan a outras, e o alumnado pediu darlle resposta a este rapaz usando o seu mesmo idioma. Así que armado cunha cámara de vídeo e imprimindo e preparando os pictogramas correspondentes, aquí tedes o resultado da resposta para Iago. Oxalá lle guste.
Unha aperta moi moi grande para Iago, para a súa nai, e para estas rapazas e rapaces do CEIP Sal Lence de A Coruña que moito se acordan del, e que xa o queren coñecer.
O video orixinal de Iago
A resposta do CEIP Sal Lence, A Coruña
Nota provisional: Lamentablemente a xente de Youtube entende que o audio que acompaña a este vídeo, aínda tendo explicacións orais do narrador para a súa comprensión, vulnera os dereitos de autor por levar unha musiquiña de fondo. Por tal motivo silenciou totalmente o audio que agora non se pode escoitar sen aviso previo nin dar audiencia. No momento en que podamos, faremos unha versión idéntica con música libre que substituirá a actual. Desculpade as molestias.
Enlaces de interese
- A nosa nova sobre o premio de Iago:
tadega.net/Bitacora/?p=1250 - A web de Xandre:
www.ContosDeXandre.net - A páxina do concurso de curtos:
www.yotambientengoderechos.com/… - O caderno dixital de Mamiago:
HablaPorMiDiceIago.blogspot.com - Sitio de Internet do CEIP Sal Lence:
centros.edu.xunta.es/ceipsallence
Esto es un regalo!!! sí señor!!! no sé como compensar el esfuerzo que habéis hecho. Un beso grande para esos niños y sus profes por el entusiasmo, nunca lo olvidaremos, ahora Iago está dormidito, pero mañana lo verá y en su cole también.
Muchas gracias!
Moi ben Cheriff moi ben!
Parabens, o esforzo valeu a pena.
Moi bonito, si señor!
Bicosss
Queridos nenos e profesores, somos os avós de Iago e queremos dicirvos que nos sentimos moi emocionados e moi orgullosos de todos vós.
É moi importante que todos saibamos como comunicarnos cun neno como Iago e esta resposta foi o agasallo máis marabilloso que xamais puidemos soñar. Agora xa sabemos que Iago ten amigos que queren falarlle e escoitarlle e que ademais saben facelo.
Grazas a todos por este vídeo tan bonito que nos fixo tan felices.
Avós Cris e Toño
As grazas volas damos nós a vós. Bo nadal.