O móbil, agora mais.
O teléfono móbil, cada vez máis, parece que vai perdendo o substantivo de teléfono e gañando o adxectivo móbil. Vai pasando de ser un aparato para poder comunicarnos a distancia con quen nos queiramos a un trebello que nos pode axudar a facer máis cousas das que previamente foi deseñado.
Co móbil poderemos acceder ao noso correo electrónico, as nosas redes sociais, consultar un mapa e buscar o que queiramos nel, acceder a servizos de noticias, xogos, control remoto da computadora da casa, entrenadores físicos persoais… Un pouco o que queiramos.
Os móbiles van mudando de tecnoloxías tamén e vanse cargando de máis e máis dispositivos internos que facilitan o seu uso e acceso. Acelerómetros para poder rexistrar o movemento, pantallas táctiles ou servizos de xeo-localización.
Poderíamos usar estas cousas todas para facer máis accesible o noso entorno? Penso, e non son o único, que si. A tecnoloxía está, agora falta adaptala as nosas necesidades.
Dependendo dos modelos de teléfono que posuamos accederemos a un grupo de programas ou outro. Actualmente temos varios sistemas como o Windows Mobile
-en breves sairá a súa versión 6.5-, Symbian OS
-moi usada por dispositivos Nokia-, Android
-desenvolvida por un consorcio de empresas amalgamadas por Google-, iPhone Os
-do famoso iPhone-… Os máis coñecidos.
Un exemplo, moi gráfico e xenial, é o programa Blind
para Android. A páxina -en castelán- da aplicación a poderedes atopar no enlace: www.blindapp.com
Blind
pode mandar correos electrónicos coa nosa voz, ler a nosa axenda de contactos, ler os mensaxes do móbil… bastantes cousas para o manexo das comunicacións. Pero ten un punto máis ao seu favor, as utilidades para o cotío. Coa cámara pódenos dicir a cor da roupa -por agora seis cores primarios-, utilizar o GPS para dicirche onde te encontras… Moi interesante. Dicir tamén que está en fase beta, isto quere dicir que aínda non está rematado, que aínda pode ser mellor. E non me lembraba, é gratis.
Penso que isto é unha mostra do que nos pode deparar o futuro en materia de trebellos de levar encima. Un paso máis, para todos e todas.