Iago e o alumnado do Sal Lence

Fai xa uns meses que puxemos aquí mesmo un vídeo e o relato da súa experiencia. Unha resposta que o alumnado do CEIP Sal Lence lle presentaba a Iago polo seu vídeo sobre os dereitos da infancia. E aínda que a historia podería quedar aí, deu as súas voltas. Iago veunos ver ao cole e o alumnado deste segundo curso de primaria desfrutou nunha experiencia que agora vos contamos con esta nova versión do vídeo que agora vos presentamos xa máis completo. Non é aínda a definitiva xa que estamos enredando para mellorar os audios e os vídeos que teñen algunhas carencias, ademais de acurtarlle unha miguiña a duración do mesmo, pois neste momento é de 11 minutos con 40 segundos e os señores de Youtube non admiten producións que sobre pasen os 10 minutos. Así que, polo de agora, teremos que conformarnos coa versión do Facebook e, ao longo do verán, haberá algúns retoques para logo presentar a versión definitiva. Agardamos que vos guste.

Pacto pola Educación cancelado

Pé de media (e descrición alternativa): O actual Ministro de Educación falando do famoso Pacto Educativo obxecto de debate, novamente, neste artigo. Non hai dereito Hoxe o noso amigo Domingo Méndez publica un artigo na súa bitácora que di así: No puedo por mas compartir mi decepción con muchos docentes por el no consenso sobre el pacto educativo, se me hace cuesta arriba entender las razones que nos dan para no llegar a ese gran pacto, creo que estamos jugando con el tiempo y, lo que es peor, con uno de los activos más importante de cualquier sociedad , la educación de sus jóvenes. No podemos ir dejando pasar el tiempo sin atajar el tema educativo de manera seria y rigurosa, deberíamos todos los docentes exigir ese gran pacto educativo, es necesario, es urgente y es inevitable llegar a él. Todos los docentes tenemos que aunar nuestras voces y exigirles a nuestros representantes que esto de la educación no es un juego de niños, ni de políticos mediocres e incapaces que no están a la altura de lo que su país les pide. Hoy es un mal día para la educación de este país, luego que vengan exigiendo a los docentes, que se les llene la boca de educación y escuela, cuando muchos de ellos no saben ni de lo que hablan. Pois iso, que Domingo ten máis razón ca un santo. Suscribo as súas palabras ao 100%. Aos que puxeron paos nas rodas para que este carro non andivese non se lles pode chamar outra cousa máis que marulos, incompetentes e arrogantes. Estabamos a piques de chegar a un punto no que cada quen deixaba atrás modelos propios para chegar a un común. Estabamos nun punto en que, ao fin, se recollía con respeito a atención á diversidade na súa integridade e coa inclusión como eixo central. Estabamos achegadiños a un punto no que berrar ¡Ao fin chegamos! Pero catro marulos que xogan con arrogancia dixeron (como algún neno e nena con cueiro dos nos nosos patios): Como digo eu ou nada. E alá foi todo pola cisterna abaixo. Panda de marulos. Juan José Fernández García. Mestre con 28 anos de servizo. Titor de primaria.

Pacto pola Educación: Obxectivo 12 (Educación inclusiva)

Pé de media (e descrición alternativa): O actual Ministro de Educación falando do famoso Pacto Educativo obxecto de debate neste artigo. Pacto anunciado O ministro de Educación, presentou onte ás asociacións, comunidades autónomas e partidos políticos a proposta final sobre o Pacto Social e Político pola Educación, xunto co compromiso do Goberno de investir 1.570 millóns de euros no próximo trienio para conseguir os 12 obxectivos que conforman a proposta. Parece ser que hai un partido que pon unha pega referida á falta de liberdade na elección dos centros. Con todo hai outras propostas que reforzan o ensino privado, centros sostidos con fondos públicos (privado concertado), pero non se aposta por reforzar o ensino público de calidade e o garantir a igualdade de oportunidades a todos  os cidadáns. Non se recollen no texto a redución de rateos, os centros públicos saben moi ben a súa necesidade, porque son os que atenden a maior parte da diversidade e os casos que requiren máis recursos de todo tipo. O obxectivo Número 12 O obxectivo 12, aquel do que, incomprensiblemente se esqueceron, terá moitas dificultades para conseguirse, se non se garanten medidas para incrementar a calidade da atención aos alumnos con grandes necesidades educativas e séguense sen escolarizar na súa contorna inmediata, como correspondería a unha verdadeira educación inclusiva. Na introdución do obxectivo 12 dise: Asegurar a educación inclusiva, o recoñecemento da diversidade e a interculturalidade e procurar os medios e recursos adecuados para que (todos) os centros educativos poidan garantir a plena incorporación, en condicións de igualdade de oportunidades, dos estudantes con necesidades específicas de apoio educativo (na súa contorna inmediata e onde unicamente se contemplen criterios pedagóxicos para decidir a modalidade, centro ou lugar de escolarización). (O que vai entre paréntese permitinme engadilo.) Dada a estrutura e a organización do Estado Español as medidas concretaranse nas diferentes Comunidades Autónomas e será, entón, cando saberemos se o pacto servirá para algo. Por exemplo, a pesar de que hai convenios asinados entre as Comunidades e o Estado para garantir a accesibilidade das instalacións das aulas e dos equipos, creo, que non se están dando os pasos adecuados para facer realidade unha Escola 2.0 accesible e adaptada ás necesidades dos alumnos. Enlaces de interese Enlace ao objetivo 12 do documento.

Reportaxe iFreeTablet

Esta claro que o iFreeTablet é algo mais que un ordenador… persoas sen coñecementos de informática, dependentes, nenos… como o estudante que aparece no vídeo: Carlos, de 10 anos, que xa pode pintar, chatear, conectarse á Rede, ler os seus libros preferidos… Engadímoslle contidos educativos, e xa temos o dispositivo perfecto para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo. 🙂 O iFreeTablet consta dunha pantalla táctil de 10,2 polgadas cunha resolución de 1024×600 pixel, procesador Intel AtomMobile N270 de 1.6G. Ademais posúe os seguintes componentes: * Disco duro 160G SATA HDD. * Conexión Ethernet e porto wlan WIFI. * Cámara 1,3 Mpixels. * 3 puertos USB, 1 porto de saida VGA, 1 conector para auriculares, 1 conector de micrófono, 1 micrófono interno, 1 porto RJ-45 para LAN, 1 DC-in jack, 1 lector de tarxetas 4 pulgadas. * 1 ranura DIMM, 2 Mini PCI-E: unha para WiFi, 802.11b / g 54Mbel outro é para 3G/3.5G HSDPA / WCDMA tarxeta (opcional). * Seguridade: Kensington Lock. * Dimensions: 28 cm x 18 cm e 2,4 cm de grosor, pesa 1.03 kg (incluindo a batería). Para saber mais http://www.ifreetablet.es Características completas

Escuela 2.0-Abalar Accesible

III. Accesibilidad La Comunidad Autónoma de Galicia facilitará que los ordenadores para uso de los alumnos con discapacidad tengan las características y el software necesario para que dichos alumnos puedan utilizarlos en condiciones similares a las del resto del alumnado y con las mismas herramientas y metodología. Asimismo los equipos de las aulas en las que se escolaricen estos alumnos deberán permitirles interactuar con ellos sin dificultades. Isto é o que se recolle entre outras cousas, do convenio asinado días atrás entre o Ministro o Conselleiro de educación e publicado no BOE do Lunes 29 de marzo de 2010… grazas por asegurarnos a accesibilidade dos contidos!! Das características dos ultraportátiles non se saca moito, algo básico: …portátil de bajo peso (1-1,5 kg), con pantalla con un tamaño mínimo de 10 pulgadas (…) memoria de al menos 1 Gbyte y disco duro con una capacidad mínima de 60 Gbytes. Deberá asimismo estar dotado de batería de alta capacidad, que permita un uso continuado sin recarga de al menos 4 horas, así como de fuente de alimentación externa. Software educativo: Se incluirá –en origen– todo el software educativo que se considere adecuado por los especialistas de la Comunidad Autónoma, adaptado a los sistemas operativos que tenga instalados el portátil. Hmmmm… sistemas, ou sistema… é ahí a cuestión! Convenio Colaboracion Ed Galicia Esc View more documents from tadega. Qué ordenadores precisamos? Proxecto Abalar

2 de abril, día mundial de concienciación sobre o autismo

Presentación Neste período vacacional no que agora andamos inmersos, celébrase un día especial, moi especial. O día mundial de concienciación sobre o autismo. Non se trata tanto de celebrar, canto de lembrarnos, unha vez máis, que o autismo é unha materia pendente, que hai miles de persoas ciscadas polo mundo que son invisibles aos nosos ollos, e que polo tanto non lles corresponde desfacerse en mil bailes para ser visibles, tócanos a nós ollar para elas e eles, que os fagamos nosos no día a día, que os incluamos nas nosas vidas, nas nosas aulas. TADEGa síntese orgullosa de traervos aquí este día e a reflexión que unha mai blogueira dun neno con autismo (Cuca) nos trae a esta bitácora. Ao final deste artigo, tedes un magnífico vídeo. Dende TADEGa vos pedimos encarecidamente que o vexades en todas as vosas aulas, ou como mais e pais de familia, na casa coa vosa familia ao completo. O que alí se amosa e para todos e cada un de nós. Graciñas Cuca por este agasallo. A reflexión de Cuca e a nosa Por 3º ano consecutivo celébrase o Día da Concienciación do Autismo. Pero ¿Por que existe esta data conmemorativa? Pois pola importancia de concienciar. O autismo ten cada vez unha incidencia mais alta, o ano pasado falábase de que 1 de cada 150 nacidos eran diagnosticados como TEA, neste intre xa se comeza a falar de 1 de cada 91 nacidos. As causas aínda son descoñecidas, fálase dunha combinación de factores xenéticos e ambientais (fundamentalmente da contaminación). ¿Que se está facendo dende a Administración e dende a sociedade para afrontar este importante problema? Pois moi pouco: a diagnose segue sendo en moitos casos tardía; a atención temperá é insuficiente (e en moitas zonas inexistente) e con carencias na formación específica dos profesionais; a escola segue sen estar preparada (nin estamos concienciados, nin formados, nin contamos con recursos suficientes). A realidade é que se queremos que estes nenos e nenas cheguen a ser cidadáns de pleno dereito precisamos que se comece a facer fincapé nestes ámbitos xa que unha detección e unha intervención temperá axeitada fai que cheguen a desenvolver as súas capacidades ao máximo. Fai un par de anos que España ratificou a Convención das persoas con discapacidade pero de momento todo quedou nunha simple firma. O dereito á inclusión e á comunicación das persoas con autismo segue sendo un soño; é necesario unha ardua labor de concienciación e inversión en tódolos ámbitos (social, sanitaria, educativa e laboral) para que sexa unha realidade. Recentemente falouse no Congreso dos Deputados dun Plan Nacional de

Ler máis

O día da paz

Nestes días que andamos a patadas co idioma, e remexendo na rede na procura dun video para usar nas aulas para o día da paz (30 de xaneiro), atopei esta pequena xoia, unha pequena luz sobre un xeito de facer ben as cousas. Canción -Imagine- en lingua de señas da serie de televisión Glee. O vídeo tomado de Youtube Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo da serie norteamericana -Glee- coa canción de John Lenon -Imagine- representada por un grupo de rapazas e rapaces estudantes con diversidade funcional uns si e outro non, e todos eles signándoa coa lingua de señas toda a canción mentres a cantan. O rapaz principal que dirixe o canto sen moito afinamento, é xordo e nótase na súa voz, porén os seus compañeiros, que se van engadindo á canción, converténdose todo nun conxunto impecable.

O ensino en Galego

Presentación Ola, son Juan e teño o pracer de presentarvos o primeiro artigo que Iago Pérez Santalla nos remite a esta bitácora. Pensei nun principio non facer presentación previa ningunha e que este artigo fose seu de principio a fin. Pero dado o seu especial relevo (é unha parte da súa tese doutoral na que agora traballa sobre o movemento estudantil) e de que non todos e todas ao mellor o recoñecedes na primeira de cambio, penseino mellor e preséntovolo novamente. Iago presentándose a si mesmo na galega Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo no que a canle de televisión galega entrevista a Iago Santalla sobre o seu libro O ilímite de pensarte libre así como explicando polo aire algúns dos seus proxectos e ideas vitais. Máis datos Por medio de Luluxa coñecémolo neste caderno dixital ou bitácora en setembro de 2009 ao presentar o seu libro O ilímite de pensarte libre Tedes o artigo no seguinte enlace: tadega.net/Bitacora/?p=1151 e penso que, xa de aquela, descolocounos a moitos e admirámolo. Dende aqueles días pedímoslle máis letras súas, e como home de compromiso, aquí nos chega cunha nova entrega. Graciñas Iago. E agora aquí vos deixo con Iago O ensino en Galego, por Iago Santalla Deixaron ó neno deprender a andare, deixaron que o peixe puidera nadare, e legalizaron que o trono tronare, ¡e os nenos galegos, galego falare! (Saraibas) No ano 1980 o grupo coruñés Saraibas, cantaba a xeito de pandeirada o que semellaba ser unha lexislación favorable ao ensino en galego. Non era unha concesión xenerosa do estado, que nunca tivo ningunha con Galicia. Era froito dunha loita que viña de atravesar unha longa noite de pedra. Hoxe dise que dende Madrid se cedeu moito. Non é certo, como tampouco o é que todo o que se recolleu no marco xurídico a prol da nosa cultura fose froito dunha idea plural de España. Esta idea xa viña da tradición republicana que o franquismo tratou de esmagar en todos os sentidos (especialmente no cultural). Se reparamos en ler as crónicas da transición, sobre todo do movemento estudantil e da canción protesta, caeremos na conta de que naquela época había un interese por coñecerse e recoñecerse que hoxe desgraciadamente non existe. Cantar en galego, catalán ou euskera, non supuña unha barreira, senón todo o contrario. Están ben documentados os concertos de Voces Ceibes en Madrid, Barcelona, Asturias e outras cidades; pero tamén por países como Portugal ou Francia, onde enchían locais sociais, campus, e nalgún caso, teatros. Cantaban sempre en galego! E daquela eran recoñecidos pola súa calidade. Isto non lles impedía

Ler máis

Unha resposta para Iago

A historia Fai tempo dabamos conta nesta bitácora de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto. No noso centro, o alumnado do que son titor aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra e que xa coñecedes todos da nosa web. Impactoulles e gustoulles moito, pero a cousa non quedou aí. Resulta que aquelo de comunicarmos con pictogramas resultaba algo moi abstracto que non acababan de entender moi ben pois nunca viviran unha experiencia similar nin coñecían a ninguén que precisase este sistema de comunicación. Así pois non quedaba outra que puideran coñecer a alguén que empregase este sistema comunicativo, polo que lles amosamos o vídeo de Iago no que se pode ver con moita claridade como o usa e precisa comunicarse con el. Unhas cousas levan a outras, e o alumnado pediu darlle resposta a este rapaz usando o seu mesmo idioma. Así que armado cunha cámara de vídeo e imprimindo e preparando os pictogramas correspondentes, aquí tedes o resultado da resposta para Iago. Oxalá lle guste. Unha aperta moi moi grande para Iago, para a súa nai, e para estas rapazas e rapaces do CEIP Sal Lence de A Coruña que moito se acordan del, e que xa o queren coñecer. O video orixinal de Iago video platform video management video solutions free video player Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo de Iago elaborado pola súa mai no que Iago nos amosa, con moitísimo esforzo, unha mensaxe que nos conta con xestos e pictogramas que, pasado a palabras di: Hola, yo quiero que tú, me esuches, me veas, me hables y me ames. A resposta do CEIP Sal Lence, A Coruña Nota provisional: Lamentablemente a xente de Youtube entende que o audio que acompaña a este vídeo, aínda tendo explicacións orais do narrador para a súa comprensión, vulnera os dereitos de autor por levar unha musiquiña de fondo. Por tal motivo silenciou totalmente o audio que agora non se pode escoitar sen aviso previo nin dar audiencia. No momento en que podamos, faremos unha versión idéntica con música libre que substituirá a actual. Desculpade as molestias. Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do alumnado do CEIP Sal Lence da Coruña, en resposta a Iago polo seu vídeo. Nel podemos ver e escoitar o proceso que se seguiu así como a parte principal na que o alumnado deste 2º curso de primaria respota a Iago con audio, subtítulos, pictogramas e xestos. Enlaces de interese

Ler máis

Diversidade funcional

Ao fin consta na Wikipedia O termo diversidade funcional (que xa fora ratificado pola ONU en xuño de 2008) xa está na wikipedia. Apetecíame compartilo. Quen o queira ver o ten no seguinte enlace: es.wikipedia.org/wiki/Diversidad_funcional O nome máis axeitado? Penso que as formas moitas veces son importantes. Diversidade Funcional erradica para sempre calquera connotación pexorativa e iguálanos a todas e todos, xa que minusvalía falaba da menor valía dun individuo con algunha limitación funcional (sen considerar a posible responsabilidade do entorno) e discapacidade di que lle falta capacidade, así pois: diversidade funcional, aínda que a algúns lles soe a cousa rara. E aquí vai unha idea de regalo, un vídeo que, seguro, xa coñecedes: Por catro esquiniñas de nada Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do libro Por cuatro esquinitas de nada de Jerome Ruillierno no que se amosan uns debuxos de circuliños e un cadrado que deliberan sobre como facer para que cadradiño poida entrar na casa grande por mor da súa forma acompañados do texto explicativo: – Cuadradito juega con sus amigos. – ¡Ring! Es hora de entrar en la casa grande. – ¡Pero Cuadradito no puede entrar! No es redondo como la puerta. – Cuadradito esta triste. Le gustaría mucho entrar en la casa grande. Entonces se alarga, se pone cabeza abajo, se tuerce, se dobla. Pero sigue sin entrar. – ¡Sé redondo!- le dicen los Redonditos. – Cuadradito lo intenta con todas sus fuerzas. – ¡Te lo tienes que creer!- dicen los Redonditos. – Soy redondo, soy redondo, soy redondo….- repite Cuadradito. – ¡Pero no hay nada que hacer! – ¡Pues te tendremos que cortar las esquinas!- dicen los Redonditos. – ¡Oh, no!- dice Cuadradito-. ¡Me dolería mucho! – ¿Qué podemos hacer? Cuadradito es diferente. Nunca será redondo. – Los Redonditos se reúnen en la sala grande. – Hablan durante mucho, mucho tiempo,… – Hasta que comprenden que no es Cuadradito el que tiene que cambiar. – ¡Es la puerta! Entonces, recortan cuatro esquinitas, cuatro esquinitas de nada… Que permitan a Cuadradito entrar en la casa grande… junto a todos los Redonditos..