O día da paz
Nestes días que andamos a patadas co idioma, e remexendo na rede na procura dun video para usar nas aulas para o día da paz (30 de xaneiro), atopei esta pequena xoia, unha pequena luz sobre un xeito de facer ben as cousas. Canción -Imagine- en lingua de señas da serie de televisión Glee.
O vídeo tomado de Youtube
Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo da serie norteamericana -Glee- coa canción de John Lenon -Imagine- representada por un grupo de rapazas e rapaces estudantes con diversidade funcional uns si e outro non, e todos eles signándoa coa lingua de señas toda a canción mentres a cantan. O rapaz principal que dirixe o canto sen moito afinamento, é xordo e nótase na súa voz, porén os seus compañeiros, que se van engadindo á canción, converténdose todo nun conxunto impecable.
Felicidades pola elección. Moi ben o video. Consigue emocionar.
Emocionante… Moitas grazas.
Graciñas…
Penso que pode ser un magnífico recurso para o debate nas aulas: a palabra como medio para pór en valor a dignidade das persoas, e, non como único vehículo, senón acompañada dos xestos, das señas, dos ideogramas, e de todos os medios para o a esencia primeira: a comunicación.
As persoas estamos e somos, cando comunicamos ou cando pensamos, lembramos ou soñamos en comunicación.